O noso grupo viaxou por terceira vez ao Courel para realizar outra ruta nestes paraxes nos que é como viaxar ao pasado, transportarnos a outra época. Nesta zona, aínda persisten formas de vida tradicionais. Hai pequenas aldeas nas que viven pouquiñas personas, outras totalmente abandonadas, algunhas restauradas...Aquí hai fragas autóctonas, ríos, fervenzas e un innegable patrimonio etnográfico.
Hoxe falamos da Ruta do Río Pequeno que forma un fermosísimo val na Serra do Courel e que imos percorrer en parte.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 13,5 km.
Dificultade: Media
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
A ruta arranca de Seoane do Courel. A situación deste lugar, AQUÍ
O camiño é fermoso:
Chegamos ás Cabanas dos Carballois. Este conxunto etnográfico é un dos atractivos da ruta. Estas cabanas foron construídas para servir de almacén de herba nunha zona na que os prados estaban lonxe das aldeas e o acceso con vehículo de carga é imposible.
Están situadas a distintos niveis do camiño e a maioría consta de dúas alturas: a parte inferior era para o gando e na superior gradábase a herba.Secundariamente tamén foron usadas como secadeiro de castañas.
O seu estado de conservación é de momento bastante aceptable.
Cruzamos esta ponte de madeira sobre o regato de Miraz:
O río Pequeno:
No medio de árbores autóctonas:
Chegamos a Paderne. Esta aldea situada a 901m. de altitude psee a 2ª devesa máis importante de O Courel (a Devesa da Escrita ou de Paderne), despois da devesa de A Rogueira.
A pesares de ter só dez casas habitadas durante todo o ano (en vacacións aumenta a poboación xa que retorna xente que vive fóra e mantén aquí as súas casas) Paderne é a aldea máis viva do Courel, xa que aínda hai persoas adicadas á agricultura e gandaría e porque tamén abriu as súas portas ao turismo rural con 6 casas xa dedicadas a esta actividade.
Durante un km. aprox. apenas ganamos altura, imos bordeando As Lameliñas. A partires de aquí empeza a subida máis dura , case un km. e medio no que superamos grandes desniveis ata chegar a Chao Grande:
Tamén visitamos o Val das Mouras entre Mercurín e Ferreria Vella e que ao non estar homolagado este lugar foinos bastante dificil de localizar. Preguntamos en Mercurín e uns veciños déronnos indicacións para chegar.
O Val das Mouras é o resultado da acción da auga que foi facendo unhas incribles covas rodeadas de musgo. Hai moitos anos din que vivía xente nelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario