Covilha é porta de entrada á Serra da Estrela con empinadas rúas debido á orografía do terreo.
Que vimos en Covilha?
Entramos na cidade pola PRAZA DO MUNICIPIO onde está o Concello, a Igrexa da Misericordia e o Teatro Municipal e tamén a estatua de Pero da Covilha, un explorador e diplomático portugués ao servizo de Juan II de Portugal nos séculos XV e XVI.
| Praza do Municipio en Covilha |
| Igrexa da Misecordia e hotel na Praza do Municipio. |
Estatua de Pero da Covilha:
| Estatua de Pero da Covilha na Praza do Municipio. |
RESTOS DA MURALLA
É un punto de interese histórico porque está localizado onde antigamente houbo un castelo no S. XI. Ofrece vistas panorámicas á Serra da Garduña.
| Vista dende o Miradoiro Portas do Sol |
IGREXA DE SANTA Mª MAIOR.-
Ubicada no centro histórico da cidade, esta igrexa ten unha fermosa fachada de azulexos que representan a vida da Virxe.
![]() |
| Igrexa de Santa Mª Maior (Foto de Jaime Cancio) |
| Igrexa de Santa Mª Maior |
IGREXA DA CONCEPCIÓN
Inicialmente, foi a igrexa dun convento franciscano masculino, no S.XIII; a igrexa actual foi construida durante os séculos XV e XVI. No S.XVIII, o edificio foi transformado en fábrica de lanas e, despois dun incendio foi doado á igrexa realizándose reformas e ampliacións como a torre.
| Igrexa da Concepción |
Imaxe da Virxe da Concepción no interior da igrexa. (Foto de Jaime Cancio)
A anterior igrexa está ao pé do Jardim Público da Covilha.
| Xardín Público de Covilha |
Dende o Xardím Público temos boas vistas de toda a Ribeira da Carpinteira.
| Vistas dende o Xardín Público de Covilha |
ELEVADOR DO JARDIM
Covilha é unha cidade pousada nunha ladeira e por ese motivo ten moitas costas con importante desnivel que se salva polo medio de elevadores. Nós estivemos no Elevador do Jardim, un ascensor construido en 2 tramos que comunica o xardín no que acabamos de estar coa Ponte da Ribeira.
| Elevador da Ribeira |
PONTE DA CARPINTEIRA
Ponte construida en 2009 para salvar os 200m. de profundidade do Val da Ribeira e comunicar o chamado Barrio dos Penedos co centro da cidade. É unha obra do arquitecto João Luís Carrilho da Graça.
| Ponte da Carpinteira |
COVINHA E A LA
A cidade de Covilha é coñecida como a "Cidade da La", xa que foi o maior centro de producción de la dende o S. XV.
Actualmente, esta industria produce por ano cerca de 40000 km de texido, e a través de varias empresas textiles; é proveedor de grandes marcas textiles mundiais como Hugo Boss,Armani, Yves Laurent, Calvin Klein, Christian Dior...etc
De tódolos xeitos, das máis de 200 fábricas textiles que chegou a ter durante o apoxeo da producción, nas décadas centrais do S. XX, mantén apenas unha decena na actualidade.
Hai un museo, chamado Museo de Lanificios que fue inaugurado no 1992 e permite comprender, mostrar e argumentar os labores que se desenrolaban, principalmente, na Real Fábrica de Paños e na Real Fábrica Veiga, cuxas instalacións agora ocupa.
Na foto seguinte, chemineas de antigas fábricas.
ARTE URBÁN
A cidade de Covilhã estase a convetir no centro do arte urbano da rexión Centro de Portugal grazas á acción creativa do Woolfest – Covilhã Art Festival. Este festival rinde homenaxe ao pasado glorioso de Covilhã como unha das máis importantes cidades productoras de la en Portugal e pretende ser unha referencia da arte urbana no país. O Woolfest organiza eventos regulares, enchendo as paredes da cidade con pinturas coloridas que re relacionan co tema da lana.
Algúns traballos que vimos foron estes:
Páxinas web consultadas:
https://wanderlog.com/
https://www.visitportugal.com/es
https://viveportugalweb.com/que-ver-y-hacer-en-covilha-guia-viaje/
https://salamancartvaldia.es/






