Hai uns días que me fun á miña parroquia natal (S. Martiño de Mondoñedo-Foz) a facer outra pequena ruta e con esta xa son 3 as rutas realizadas na miña parroquia que ten moito e moi fermoso para amosar, empezando pola sua xoia máis prezada que é a basílica pero sen descoidar outros bens patrimoniais que tamén son dignos de coñecer.Características desta ruta:
Lonxitude: 6 km.
Dificultade: fácil, a no ser a última costa xa chegando ao final de ruta que é ben empinada pero é só 1 km.
Ruta circular sen sinalización ningunha. Se non se coñece a parroquia, hai que seguir o track que deixo en WIKILOC:
Descripción:
Empecei e rematei esta ruta xunto á Capela da Virxe do Carme de moito fervor para as xentes da zona. Non só hai que fixarse na capela senón tamén no fermosísimo entorno no que está situada ao pé dun castiñeiro centenario e dunha área recreativa que vale moito a pena percorrer debido ás numerosas especies arbóreas que ten.
|
Castiñeiros ao pé da capela, un deles, centenario |
A Capela do Carme é frecuentada por moita xente da zona que acode con gran devoción a esta Virxe.
|
Capela do Carme |
A área recreativa que hai ao pé da capela ben merece unha visita xa que é moi extensa e ten moitas e gran variedade de árbores.
|
Área Recreativa |
Hai nesta área moitos castiñeiros que nesta época (mediados de setembro) empezan a tirar as castañas.
|
Castañas na Área Recreativa do Carme |
|
Área Recreativa |
Dende o punto máis alto desta área podemos ver o mar ao lonxe:
|
A Capela dende a área Recreativa |
Outra vista da capela e ao fondo o extenso campo da festa.
|
Capela do Carme |
Vistas dende o entorno da Capela do Carme:
Durante uns metros, a estrada convérese nun camiño. Baixo pola Casa dos Lagos, actualmente deshabitada.
Estou nun lugar alto e as vistas sobre os barrios de Ver e Ferreiravella son fermosas: |
Vistas |
Baixando pola Casa dos Lagos.
|
A Casa dos Lagos |
Vivín os primeiros 22 anos da miña vida nesta parroquia e non coñecía este fermoso camiño. Nunca por aquí viñera.
Topei con este muíño que tampouco sabía que existise aínda que si me soa algo oir falar do "Muíño do Xipo" Está fermosamente restaurado e nun entorno precioso e ben coidado!! |
Muíño do Xipo |
Chego á estrada LU-152 que cruzo para adentrarme no barrio de Reiriz
O barrio de Reiriz está pegado ao de Ver.
O famoso eucalipto de Reimunde mide 50m e ten unha anchura de 16 m. na base do tronco. Plantouse no S. XIX e debe de ser un dos eucaliptos máis vellos de Galicia. No 2007 a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia inclueu esta árbore no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
|
O eucalipto de Reimunde |
O Pazo de Reimunde, propiedade da familia que en tempos non moi lonxanos era propietaria de moitísimas fincas e montes da parroquia. Eu lembro a meu pai indo pagar a renda tódolos anos a esta xente por unhas terras que eran propiedade desta familia e que a miña traballaba.
Pazo de Reimunde
Vista do Pazo de Reimunde, o eucalipto e prados da súa propiedade en Reiriz. Deixo a estrada para subir por este camiño, ao pé doutra casa propiedade tamén da familia Reimunde.
O edificio de pedra que se ve na foto foi unha serra, a Serra do Tendeiro que eu lembro aínda en plena actividade. Xa hai tempo que pechou.
|
A antiga serra do Tendeiro |
Foto de casas e prados de Reimunde, outras casas e a Serra.
Sigo por este fermoso camiño
As vistas son magníficas, vexo A Balsa, As Arieiras...e prados e máis prados verdes. Xa hai moito menos gando que houbo pero aínda queda algo.
Pero atópome cun veciño que me di que ese camiño que percorro non ten saída. Por non voltar para atrás dime que atravese por unha finca que hai de fabas e así o fago. Non está tan mal como aparece na foto, polo menos son herbas e plantas silvestres e non ortigas nin toxos...
Atraveso a finca anterior e enlazo coa estrada dende a que sigo cunhas boas perspectivas da parroquia.
Paso pola área recreativa de Ferreiravella, non é tan grande como do Carme, pero ten moitísimas e diferentes especies de árbores.
|
Área Recreativa de Ferreiravella |
Vexo bidueiras e carballos. |
Área Recreativa de Ferreiravella |
Tamén hai freixos e nogueiras |
Área Recreativa de Ferreiravella |
|
Área Recreativa de Ferreiravella |
Ata hai un fermoso arce |
Área Recreativa de Ferreiravella |
Ata hai manciñeiros cheos de mazás. |
Área Recreativa de Ferreiravella |
O Centro Social foi inaugurado no 2007. |
Centro Social |
Tamén vin faias
Con estas vistas dá gusto camiñar.
Vese agora o barrio de Bao
E entre tanto eucalipto, agradécese ver unn pequeno souto á dereita
De frente o barrio da Rúa ou Caritel coa Basílica de protagonista.
O Muíño de Peal alimentado por un rego que vai desembocar un pouco máis abaixo, ao Centiño. Un muíño que eu lembro aínda funcionando pero que moitas veces non podía facelo debido a que o rego non levaba suficiente auga.
|
Muíño de Peal |
Despois de cruzar a estrada comparto percorrido coa ruta do Camiño Natural de S. Rosendo.
O barrio onde nacín non se parece en nada agora ao que eu coñecín. A Concentración Parcelaria realizada no ano 1980 cambiou para sempre a fisonomía de toda a parroquia. Desapareceron valados, camiños e carreiros que formaron parte da miña infancia e xuventude.
O río Centiño non é un río de gran envergadura, é un río humilde, modesto, estreito e pouco caudaloso e ademais moi curto xa que só acada 11km. no seu percorrido, pero si alimentou moitos prados antigamente que daban boa herba e moveu moitos muíños ao longo do seu percorrido, dende a Ermida ata a súa desembocadura na Ría de Foz.
Era ademais un río onde eu sempre vin pescadores pero a pesca está vedada aquí dende hai anos.
|
Río Centiño |
Continuo polo camiño que vai sair ao barrio de Bao
Dende Bao, subo xa ata a Capela do Carme, pasando pola casaabandonada dende hai xa moitos anos de Román de Auxiliar.
Sigo polo Camiño Natural de S. Rosendo que pasa tamén pola Capela do Carme e chego así ao inicio desta fermosa ruta.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2007/04/17/xunta-protege-eucalipto-reimunde-souto-da-retorta-cipres-misericordia/0003_5724645.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario