luns, 18 de setembro de 2023

AMÁN/A CIDADELA/JERASH/ CASTELO DE AJLUN/ CASTELOS DO DESERTO

O mércores día 6 de setembro, madrugamos porque nos íamos do Mar Morto 🚌🚌cara ao norte, cara á Amán, capital do país. Primeiro fixemos un breve percorrido panorámico da cidade pasando pola Mesquita Azul.

Foi construida entre 1982 e 1989 e está coroada por unha cúpula de mosaicos azuis. Ten unha cabida para 3000 persoas e ten outras dúas cúpulas máis pequenas e dous minaretes.

Mesquita azul en Amán

A CIDADELA
A continuación, visitamos A Cidadela, lugar histórico nacional situado no centro da cidade de Amán. Atopáronse evidencias de que foi habitado dende o Neolítico. Foi habitado por diferentes pobos e culturas (romanos, gregos, musulmáns...) ata o momento dos Omeias despois dos que a cidade entrou en declive e ata finais do S. XIX a cidade converteuse nunhas ruinas que so usaban os agricultores beduinos.
 O 1º que vemos ao entrar é o Templo de Hércules que data da ocupación romana no S. II

Os edificios máis importantes:
O Templo de Hércules é un antigo templo romano. As columnas e outras partes do templo foron reconstridas hai uns anos.
Cerca do Templo atopouse unha man e un codo pertencentes a unha estatua descomunal que se estima duns 13m. de altura, este e outros motivos fixeron que se atribuira a Hércules este templo, pola forza extraordinaria deste deus. 💪💪💪
Templo de Hércules
No 1º plano da seguinte foto, vemos a man de Hércules que aparecu e nos dá unha idea do enorme que era a estatua. ✊✊✊✊
Templo de Hércules

A Cidadela é tamén un extraordinario miradoiro sobre a cidade de Amán xa que dende os seus 800m. sobre o nivel do mar podemos aprezar ben a cidade.

Na seguinte foto vemos os restos  da Igrexa Bizantina construida no 550 d. C. Tiña chapiteis corintios rematados en follas de acanto.

Igrexa Bizantina

Continuando o percorrido vemos ao fondo o Pazo dos Omeia

Outra vista da cidade de Amán que a min persoalmente non me gustou. Só se ven edifcios, todos iguais e nin unha soa zona verde, claro que aquí é moi difícil que vexan a cor verde como non sexa gastando auga en regar e tampouco é unha zona á que lles sobre ...
Orixinalmente a cidade desenrolouse sobre sete colinas, pero na actualidade exténdese nunha área de dezanove colinas.
Amán
No punto máis alto da Ciudadela temos a Mesquita Omeia
Mesquita Omeia

Esta cisterna para recoller auga mide 17,5m de diámetro con muros de pedra de 2,5 m de espesor. Ten capacidade para máis de 1300 metros cúbicos de auga e era o principal recurso acuífero da cidadela.
Cisterna na cidadela

O Pazo dos Omeia ten rehabilitada a cúpula con fondos de cooperación española.
Pazo dos Omeia

Tamén visitamos o Museo Arqueolóxico que foi establecido na Ciudadela no 1951. O Museo alberga restos de diferentes sitios arqueolóxicos do país dende o Paleolítico ata o período islámico.
Museo

Non podo deixar de mencionar aquí o fantástico restaurante ao que este día fomos xantar. Chámase Al Bawadi e é espectacular por todo: a decoración, a comida, a atención...
Entrada ao restaurante Al Bawadi

Un restaurante que impresiona pola súa fermosa decoración.

Un dos comedores interiores. Nós comemos na terraza que tamén é moi fermosa.
 
Na entrada ao restaurante, hai unha señora facendo o pan que despois comeremos.

BOULEVAR ABDALI

Con algúns dos rañaceos máis notables da cidade, os hoteis de renome mundial e os apartamentos con servizos máis exclusivos, en Abdali Boulevard está situado o Centro Comercial máis grande de Xordania, Abdali Mall, onde tamén están as tendas que podemos ver en calquera outra cidade do mundo, os restaurantes e cafeterías máis modernos...e un longo etc. Tamén está aquí o cine máis luxoso da cidade.

É o lado oposto da cidade de Amán que antes vimos, este é un barrio moderno, futurista ao estilo da máis moderna cidade europea ou estadounidense. A min, realmente, aportoume pouco.

Rañaceos no Boulevard Abdali

Centro Comercial

Saída ao exterior:

O Centro Comercial ten varios pisos.


JERASH.-
O xoves, día 7 fomos visitar outro dos lugares polos que para mín, vale a pena viaxar a Xordania.✈✈🚌🚌

Jerash estivo escondido debaixo das areas do deserto durante séculos. Posee as ruinas máis impactantes e mellor conservadas de Oriente Medio. Tivo ocupación humana ininterrumpida durante maís de 6500 anos.

É unha das 10 cidades que formaban a decapolis (conxunto de cidades romanas que se extendían polos territorios que actualmente ocupan Xordania, Israel, Palestina e Siria)

No tramo que unía Petra con Damasco, Jerash ocupaba unha posición privilexiada no Camiño dos Reis, ruta comercial de vital importancia.

A época dorada desta cidade foi durante a ocupación romana.

🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩🚩

Empezamos o percorrido no Arco de Adriano, un arco de triunfo construido para celebrar a visita do emperador e honrar ao artífice da prosperidade da que disfrutou Jerash durante o seu reinado. 
Arco de Adriano
Moi cerca do Arco de Adriano, temos o hipódromo, un enorme estadio de máis de 245 metros de lonxitude e 52 de ancho e un aforo para 15.000 espectadores, que naqueles tempos podían contemplar carreiras de cuadrigas e outros deportes.É o edificio máis grande.
Edificio do hipódromo

O Hipódromo

Para adentrarse na muralla, a cidade dispuña dunha serie de portas . A que vemos na seguinte foto, é a Porta Sur, de certa semellanza á de Adriano.

Porta Sur

Aló no alto, vemos o Templo de Zeus: construido no ano 162 d.C. en honor ao deus Zeus, os seus restos só nos permiten ver o que unha vez foi. Columnas corintias de 15 metros, unha escalinata de entrada e parte dos muros é o que chegou ata  os nosos días.

Templo de Zeus

A Praza Oval é emblemática pola súa arquitectura, a súa decoración e sobre todo polo seu tamaño e a súa forma oval, única e así construida para crear armonía entre o cardo (rúa principal de Jerash) e o Templo de Zeus

Praza Oval

Praza Oval e o Templo de Zeus ao fondo.

Esta rúa columnada chamada Cardo Máximus é das mellores conservadas de Oriente Medio. Ten 800m. de lonxitude. Ao longo deo percorrido poidemos aprezar as distintas ruinas de diversas edificacións da cidade.
Cardo Máximus

O Macellum foi construido como mercado de alimentos e foi modificado ao longo dos séculos para diversos fins. No centro, unha fonte.
O Macellum ou Mercado

A continuación vemos o Ninfeo: fonte ornamental que foi construida no ano 191 d.C. Recuberta orixinalmente con bloques de mármore na zona inferior, apenas conserva as pinturas que decoraban a zona superior. O dous niveis de arcos deberon estar decorados con figuras das que emanaba a auga, segundo  os arqueólogos a cabeza de sete leóns tallados. Aínda se conserva a apertura pola que emanaba a agua e partes do desaugue.
Ninfeo ou fonte ornamental

As ruinas que vemos a continuación corresponden  ao Templo de Dionisio construido no S. II d.C. No S. IV foi reconvertido en igrexa bizantina. Tamén é coñecido como A Catedral, aínda que nunca tivo tal rango.
Templo de Dionisio

Propileo en arquitectura é unha entrada monumental con columnas que dá acceso a un templo, a un pazo ou a outro monumento antigo.: este monumental pórtico está situado nunhas longas escaleiras de trinta metros de ancho que dan acceso ao complejo do Templo de Artemisa.
Entrada ao Templo de Artemisa

O Teatro Norte de Jerash sufreu unha extensa restauración onde os arqueólogos chegaron á conclusión de que foi construido na 1ª metade do S. II d.C

Vistas do  impoñente escenario

O templo de Artemisa é o templo máis grande, importante e luxoso da cidade de Jerash. Dedicado a Artemisa, filla de Zeus e irmá de Apolo, a deusa da fertilidade e da guerra e a deusa máis importante para a cidade de Jerash. Destacan as 11 impresionantes columnas que se conservan das 12 orixinais.
Templo de Artemisa
Na foto seguinte, a Igrexa de San Teodoro coas súas altas columnas e os Baños de Placus en 1º termo. Eran unhas termas construidas por orde dun bispo chamado Placus.
Igrexa de S. Teodoro e os Baños Placus.

Dende a igrexa de S. Teodoro, un sendeiro condúcenos cara a un complexo de tres igrexas construidas unha a carón das outras


Igrexa de S. Cosme e Damián. Os mosaicos do chan están moi ben conservados tendo en conta os séculos que pasaron e que están expostos ás inclemencias meteorolóxicas.
Igrexa de S. Cosme e S. Damián

Vistas da Praza Oval e Amán ao fondo.

Teatro Sur
O Teatro Sur é o maior e máis antigo de Jerash. Aínda que os habitantes da cidade sacaron de aquí pedras para construir as súas casas ata 1950, consévase bastante ben. Despois dunha restauración e reconstrucción importantes, este teatro cunha excelente acústica utilízase como sede principal do Festival de Cultura e Artes de Jerash.

Teatro Sur

Vistas do Teatro Sur e o Templo de Zeus.

Eu saín de Jerash cunha doble sensación: unha era o moito que me gustou coñecer este lugar e toda a súa grandiosidad e outra era que tiña a cabeza "embarullada" 😅😅despois de escoitar tantos nomes de monumentos, de ver tantos lugares espectaculares...todo eso quedou resolto hoxe ao escribir agora no blog. O ir cadrando as fotos que teño📷📷 coa información que recordaba, máis a sacada de distintas webs, foime dando unha certeira idea e clarexando todo o que vimos. Agora recordo Jerash doutro xeito e penso....como me gustaría volver ir velo!!

CASTELO DE AJLUN

É un castelo islámico construido no S. XII para defender a extensión dos cruzados na comarca.
 
O Castelo de Ajlun está ao norte do país e é o lugar onde por fin podemos ver algo de cor verde...
Bandeira xordana (tamén na miña gorra) e por fin cor verde ao fondo.

Ao longo da historia , o Castelo poasou por mans diferentes: Mongoles, mamelucos...

O enclave no que se alza o castelo de Ajlun era moi relevante por infinidade de razóns: protexer as minas de ferro que existían na rexión; controlar as rutas de comunicación entre Siria e Xordaniadominar as tres principais rutas comerciais cara ao val do Xordán.

No S. XVII, o castelo foi abandonado. O interior está completamente restaurado.

As vistas dende o castelo son impresionantes.
O castelo de Ajlun sufreu dous terremotos, un en 1837 e outro en 1927, polo que hai zonas que,aínda que se atopan en restauración constante, están bastante deterioradas.

Dentro do castelo temos un auténtico labirinto de escaleiras, pasillos e estancias.

Este castelo é dos mellores exemplos de arquitectura árabe.

CASTELOS DO DESERTO
E chegou o venres 8, día da volta ao noso páis e á nosa casa pero pola máñá aínda nos quedaba por realizar unha última visita.
Hai uns 20 castelos do deserto. Nós só visitamos dous. Realmente estes edifcios foron un pouco de todo: casas de ricos mercaderes, castelos, caravasares...

KSAR KHARANA.-
Na metade da nada aparece este edificio cúbico que se mantén aí dende o S. VII. Foi usado para reunións políticas entre gobernates omeias e xefes de tribos locais.
Ksar Kharana

Relevos de acanto e ladrillos decoran o portal d eentrada e fachada sur.

O Patio Central tiña un barreño no medio para recoller auga da chuvia. Dúas escaleiras de pedra acceden ao piso superior.

Pilastras, arcos e portas ben conservados.


 O Patio Central visto dende o 2º piso

A inmensidade do deserto vista dende o teito do castelo

QUSAYR AMRA é un dos pazos dos Omeia máis fascinantes con fascinantes pinturas no interior. É Patrimonio da Humanidade dende 1985. Foi á vez fortaleza e residencia de pracer e inclue unha sala de audiencia e un hamman (baño)ricamente decorado.
Qusayr Amra

Unha das pinturas.


E aquí remata a viaxe a Xordania porque despois destas visitas dirímonos xa ao aeroporto de Amán para dende alí viaxar a Avilés. ✈✈✈
 E vou rematar cunha foto do máis significativa. En Xordania e países próximos escasea moito a auga por eso vemos deserto, aridez, nada verde, nada de plantas nin árbores....agás que os reguen. Aquí temos a mostra, se hai algo de vexetación é grazas á rega.



Páxinas web utilizadas nesta entrada:

https://es.wikipedia.org/wiki/Ciudadela_de_Am%C3%A1n
https://sitioshistoricos.com/la-ciudadela-de-aman/
https://e-struc.com/2016/10/25/rehabilitacion-del-alcazar-omeya/
https://select.jo/es/un-paseo-por-abdali-el-nuevo-distrito-comercial-y-de-ocio-de-amman/
https://cincodias.elpais.com/cincodias/2019/05/16/fortunas/1558025365_660360.html
https://www.locosxperderse.com/que-ver-en-jerash-la-ciudad-romana-de-jordania/
https://www.viajandoentrepiedras.com/gerasa-jordania/
https://universes.art/es/art-destinations/jordania/jerash
https://comiviajeros.com/visitar-el-castillo-de-ajlun-jordania/

Ningún comentario:

Publicar un comentario