Hoxe funme ata o concello de Ourol a inventar unha ruta xa que non coñezo ningunha sinalizada e/ou homologada neste municipio e penso que me saeu un percorrido interesante, fácil e cunha distancia moi axeitada. Eso si, vai absolutamente todo por asfalto pero ao meu entender non lle resta nada á ruta xa que estas estradas de aldeas recónditas son do máis solitario e ademais teremos que acostumarnos a camiñar cada vez con máis frecuencia por estradas xa que os camiños e carreiros polos que agora xa no transita ninguén están pechados de maleza (agás que se trate dunha ruta homologada...e hai algunha que aínda lle chega ben...) e noutras ocasións por falta de uso público, moita xente apoderouse deles pechándoos dentro das súas propias fincas.A ruta fíxena na parroquia de S. Pantaleón de Cabanas.
Características da ruta
Lonxitude: 10,8 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
O meu track en WIKILOC:
Descripción da ruta:
Aparquei o coche xunto á igrexa de S. Pantaleón. Este templo é do S. XVI e foi construido sobre unha anterior igrexa gótica.
|
Igrexa de S. Pantaleón de Cabanas |
Esta igrexa está unida á figura de D. Fernán Pérez de Andrade que foi o impulsor da mesma, xa que acodía a estas terras a cazar con regularidade.
Na foto seguinte vemos como na porta da entrada á igrexa están grabadas as figuras dun can e dun xabaril que é o símbolo dos Andrade.
|
A figura do xabaril, símbolo dos Andrade |
Observei que a porta que dá acceso ao campanario non estaba pechada con chave, polo que aproveitei e, por unhas estreitas escaleiras de pedra en forma de caracol, puiden subir á torre. Nas fotos que seguen vese a paisaxe que puiden contemplar dende aló enriba:
Vistas dende a torre da igrexa:
A igrexa actual é o froito de varias modificación que sufreu aolongo dos anos, sobre todo en canto á súa lonxitude.
|
Campanario da igrexa |
Campanas que agora só tocarán en días de Festa:A igrexa é moi grande. Na seguinte foto, vémola dende outro ángulo e observo o esquilón, campana pequena coa que antes se chamaba aos fieles á oración.
|
Igrexa de S. Pantaleón de Cabanas |
O concello de Ourol sofre un descenso continuo de poboación dende 1910. Vin moitas casas abandonadas.
|
O abandono do rural |
Na foto seguinte vemos o Centro Social da parroquia que antes foi a escola. Estaba dividida en dúas partes, nunha estaban as nenas e noutra os nenos, ao igual que moitas nesa época. A súa construcción foi financiada con fondos dos emigrantes que estaban en Cuba.
|
Antigas escolas, hoxe Centro Social da parroquia. |
Pasei polo barrio case abandonado de Os Campos e escribo "case" porque aínda falei cunha señora de máis de 90 anos que vive aquí e que semellaba ter 70 pola apariencia física e por como razoaba. Díxome entre risas que se mantiña así por vivir nese entorno rural tan tranquilo.
|
Os Campos |
A partires deste cruce é onde a ruta se fai circular. Fun pola dereita e volvín pola estrada que se ve de frente. Pode facerse loxicamente ao revés pero sería a subida máis acusada, mellor como eu a fixen, torcendo á dereita.
|
Á dereita. |
Paisaxe que vemos subindo.
O percorrido é todo absolutamente por estrada, pero poucos vehículos me crucei.
Estas son as vistas dende o Monte do Cristo dos Callós, onde se atopan os túmulos funerarios.
Outra vista.
Neste Monte, hai rexistrados 7 túmulos funerarios. A palabra túmulo vén do latín tumulus que significa elevación. Este tipo de construcción funeraria remóntase á Idade de Pedra. Na súa orixe, os túmulos eran un montón de pedras que cubrían o corpo dos mortos e co tempo pasaron a ser verdadeiras colinas artificiais
|
Túmulo co Monte do Cristo dos Callós. |
O túmulo que vemos é alongado, propio de principios do Neolítico. Eran tumbas frecuentes no norte de Europa e asociadas ás culturas celta, eslava e báltica.
|
Outra imaxe do túmulo máis de cerca. |
Despois da visita aos túmulos, vou pola estrada LU-P-3805
Por aquí abondan sobre todo os piñeiros.
Chego ao Foxo onde me sorprende un Cruceiro de pedra nun fabuloso entorno onde en 1º lugar me chaman a atención as árbores que vexo xa que non son eucaliptos nin os piñeiros de aquí.
O cruceiro está nun entorno moi fermoso ao pé dunha casa deshabitada e en frente, cruzando a estrada hai un bosque que chama a atención polas moitísimas especies arbóreas que ten.
|
Cruceiro do Cristo do Foxo |
Buscando información, resulta que o artífice desta creación é Daniel Sierra que morreu o ano pasado (2022) Este home, dedicado toda a vida á hostelería e emigrado en Suiza, propúxese demostrar que en Galicia pode medrar calquera planta favorecidas polo noso clima e polo terreo.
Cultivou nesta finca da súa propiedade máis de 100 especies arbóreas dos 5 continentes. e así hai cedros canadienses, pinos canarios, magnolios, plataneiros siberianos, pinos de Oregón, ginkgo biloba de China...etc, etc...
Ao pé do Cristo do Foxo, hai unha estrada que vai á S. Pantaleón e por ela fun.
Non me crucei ningún vehículo porque a pesares de que hai indicacións ao principio para vir por aquí, a verdade é que a pista está nun estado lamentable.
A estrada ten desnivel e subo a modiño porque por riba o sol sae de entre as nubes e vai calor. Mirando cara atrás penso o que xa teño percorrido...
"Resistirei" parece dicir esta bidueira sola, entre tanto eucalipto.
|
A bidueira soíña... |
No punto máis alto desta estrada xa podo ver S. Pantaleón onde destaca a súa formidable igrexa.
Estou nunha zona chamada "As Esqueiras" como ben di na foto seguinte:
Axiña me atoparei cun cruce onde vou sair á estrada da ida. Agora virá o tramo de case 2 km. compartido co camiño da ida.
|
S. Pantaleón
Páxinas web consultadas: |
https://efuneraria.com/blog/tumulo-funerario/
http://www.xoanarcodavella.com/2022/09/igrexa-de-san-pantaleon-igrexa-cabanas.html
https://interfunerarias.es/blog/tumulos-funerarios/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/11/30/bosque-cien-especies-arboles-cinco-continentes/0003_201811G30P30992.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario