MADABA
É luns e o despertador soou ás 6.30 da mañá. Deixamos o hotel de Wadi Musa para ir cara ao Mar Morto pero antes pararemos a realizar algunha visita.
Indo de camiño a Madaba, funme fixando na paisaxe. Ao longo da estrada aparecían de cando en vez, pequenos postos de bebidas medio destartalados. Nada que ver co que estamos acostumados en occidente con confortables Áreas de Servizo.
Tamén observei un campo cultivado non sei de que. O que se observa é que dende logo necesita ser regado e moito! Se miramos ao redor vemos deserto. Chocoume este enorme contraste.
Paramos en Madaba, tamen chamada Cidade dos Mosaicos De especial importancia é o mapa de Mádaba, mosaico-mapa da era bizantina coa representación cartográfica máis antiga que se conserva de Xerusalén, Terra Santa e o Delta do Nilo. Data do S. VI e atópase na igrexa ortodoxa grega de San Jorge.
Este mapa foi descuberto a finais do S. XIX durante a construcción da igrexa de S. Jorge sobre os cimentos doutra bizantina.
Consérvase ao redor dun cuarto do mosaico orixinal que constaría de 2,3 millóns de teselas.
Este mapa é un dos máis importantes achados arqueolóxicos e unha das testemuñas cartográficas máis antigas.
A pesares de que este país é maioritariamente musulmán, en Madaba hai un 40% de cristiáns.
Mapa mosaico de Madaba |
Na seguinte foto aprecíanse perfectamente as teselas do mosaico e vese o Río Jordán
Mapa mosaico de Madaba |
MONTE NEBO
- É un pico de 817 m.
- A Biblia narra que Moisés veu a Terra Prometida dende este Monte sen embargo o bíblico Monte Nebo nos se sabe onde está con exactitude xa que algúns sitúano no Monte Sinaí e outros noas Montañas Abarín, ao este do río Jordán.
- Dende o Monte Nebo podemos ver Xerusalén nun día claro.
- No S. IV edificouse neste lugar unha igrexa con tres ábsides ampliada na época bizantina, (S. VI e VII). A peregrina hispana Egeria visitou o 1º santuario e as súas impresións, descubertas no S. XIX impulsaron algunhas expedicións francesas. A principios do S. XX, os franciscanos reedificaron unha igrexa, preservando os mosaicos bizantinos do S. VI.
- É un lugar de peregrinación dende tempos remotos.
O noso grupo entrando ao Monte Nebo |
Monumento conmemorativo da visita de J. Pablo II |
O Memorial de Moisés é outro dos lugares que ver no Monte Nebo. É unha especie de táboa de pedra, onde está escrito que o Monte Nebo é un lugar santo para o cristianismo, pois así o estableceu Juan Pablo II. |
Vistas dende o Monte Nebo |
Mosaicos e outros restos arqueolóxicos da época bizantina se conservan nesta igrexa.
Igrexa de Moisés no Monte Nebo |
O monumento á serpe é un dos monumentos máis fotografados do M. Nebo. O seu significado é o seguinte segundo a Biblia:
«Y partieron del monte Hor, camino del amar Rojo, para rodear la tierra de Edom; se abatió el ánimo del pueblo por el camino. Habló el pueblo contra Dios y contra Moisés: ¿Por qué nos hiciste subir de Egipto para que muramos en este desierto? Pues no hay pan ni agua, y nuestra alma tiene fastidio de este pan tan liviano. Jehová envió entre el pueblo serpientes ardientes que mordían al pueblo; y murió mucha gente de Israel. Entonces el pueblo acudió a Moisés, y le dijeron: Hemos pecado por haber hablado contra Jehová y contra ti; ruega a Jehová que quite de nosotros estas serpientes. Moisés oró por el pueblo. Jehová dijo a Moisés: Hazte una serpiente ardiente y ponla sobre un asta; y acontecerá que cualquiera que sea mordido y la mire, vivirá. Moisés hizo una serpiente de bronce y la puso sobre un asta, y sucedía que cuando una serpiente mordía a alguno, y este miraba a la serpiente de bronce, vivía».
Monumento á serpe no M. Nebo |
MAR MORTO
Un dos momentos máis agardadaos da viaxe despois de visitar xa Petra , era chegar ao Mar Morto, outro dos emblemas e dos motivos polos que viaxar a Xordania.
- Realmente é un lago con tanta salinidade que se flota nel sen ningún esforzo. Pola enorme cantidade de sal que te, non existe nel ningún tipo de vida.
- Entre Israel e Xordania, a máis de 400m. por debaixo do nivel do mar.
- O barro deste mar ten moitos minerais que o fan moi beneficioso para a pel.
- O seu futuro está en perigo xa que descendo drasticamente de ano en ano acusa da contruccións de represas, canalizacións e estacións de bombeo que desvían a auga do río Xordán que desemboca nel e sos as únicas augas que lle chegan.
- Fálase de facer un trasvase de auga dende o Mar Roxo.
- Esta zona é das máis calorosas de Xordania e realmente pasamos moito calor.
Dende o noso hotel, ao pé do Mar Morto, xa podíamos ver o mar, máis aló das piscinas.
Por un lado veremos as escavacións arqueolóxicas que se veñen realizando dende 1996 no lado xordano e por outro veremos, no lado israelí, como grupos de persoas se bautizan no río Xordán.
Datos:
- O enclave xordano de Betania foi aberto ao público no ano 2000 e o Papa asisteu á inauguración mostrando así o recoñecemento por parte da igrexa de que este foi o lugar onde se bautizou a Cristo.
- No 2011, os israelitas estableceron o seu propio enclave e esto supuxo un conflicto diplomático entre ámbolos dous países.
- Veremos igrexas de diversas relixións.
- O río Xordán é a fronteira natural entre Israel e Xordania, separadas por apenas uns metros (O ancho do río)
- Este lugar é Patrimonio Mundial da Humanidade.
Azufaifa ou Espiña de Cristo |
Achegándonos a Betania, vemos xa diferentes igrexas.
O percorrido para chegar aos lugares emblemáticos é cómodo e á sombra aínda que esto lles reste naturalidade ao lugar.
Ver o río Xordán, para min foi unha decepción porque nunca o imaxinei así: case un rego con augas de cor indefinido...
O lugar que se ve na foto seguinte, chamado Al-Maghtas e o punto exacto onde se cre que Cristo foi bautizado. Neste lugar, os arqueólogos descubriron as ruinas dunha importante igrexa e mosteiro bizantinos. Parece que o lugar está alonxado do río pero é que este variou o seu cauce ao longo dos anos.
Neste lugar atopáronse tres igrexas superpostas.
Hai varais igrexas repartidas por este lugar, hai unha anglicana, unha copta, unha católica...
Vemos a fermosa igrexa ortodoxa de S. Juan Bautista.
E chegamos ao pé do río Xordán que separa Israel e Xordania.
Estivemos un pedazo mirando ás xentes da beira israelí como se bautizaban coas súas túnicas brancas. Nós, no lado de aquí, conformámonos con mollar os pés e as pernas.
CONTINUARÁ...
Páxinas web consultadas:
https://universes.art/es/art-destinations/jordania/madaba/madaba-map
https://es.wikipedia.org/wiki/Madaba
Ningún comentario:
Publicar un comentario