Subida ao Mosteiro |
PETRA
A cidade milenaria de Petra está considerada unha das 7 marabillas do mundo e ten razóns suficientes para ostentar tal categoría.
Só por ver esta marabilla, a min xa me compensa a viaxe a Xordania.
Nós aloxámonos nun hotel (Petra Moun Luxuri) en Wadi Musa que é a cidade máis proxima a Petra. En árabe, Wadi Musa significa "Val de Moisés" porque se di que este pasou por aquí e golpeou as rochas varias veces coa súa vara para obter auga,
Datos
- Capital do antigo reino nabateo que fixo prosperar a cidade grazas á súa situación como ruta das caravanas que levaban incienso, especias e outros productos de luxo entre Siria, Arabia e Exipto e o sur do Mediterráneo.
- Os restos máis famosos de Petra son as construccións labradas na mesma pedra, especialmente os edificios coñecidos como "O Tesoro" e "O Monasterio".
- Cara ao S. VI d.C o cambio nas rutas comerciais e os terremotos lograron que os habitantes de Petra foran abandonando a cidade.
- Caeu no esquecemento ata o S. XIX en que foi descuberta para o mundo occidental polo explorador suizo Jean Louis Burckhardt.
- Dende 1985 forma parte do Patrimonio Mundial da Humanidade e dende 2007 é unha das 7 marabillas do mundo.
Madrugamos para escapar do calor sofocante que faría a mediodía. O despertador soara ás 5:30 da madrugada e ás 7:00h saimos andando cara a Petra xa que o noso hotel estaba moi cerca .
Entrada a Petra |
O noso guia, Nizar |
Agora imos frescos, aínda non vai calor e camiñar por aquí e todo un pracer. Á volta e cun sol asfixiante, xa non nos gustará tanto o percorrido.
Estamos atravesando o val Bab as-Siq ("Puerta de la garganta en árabe")
Estes grandes monolitos levan, dende hai moitos séculos, observando aos viaxeiros que se adentran en Petra.
Cunha lonxitude de 1,5 km. o desfiladeiro (siq) está rodeado de altas montañas de rocha. Este desfiladeiro é consecuencia primeiro dun terremoto que separou dúas placas tectónicas e máis tarde da erosión natural da montaña deixando alturas de case 200m.
O 1º punto importante que vemos son os Djinn blocks (tumbas en bloque), estes monumentos cadrados foron tumbas ou monumentos aos mortos.
Djinn blocks |
Algo máis adiante atopamos a Tumba do Obelisco, tallada polos nabateos no S.I a.C. Sobre a tumba hai catro pirámides e un nicho cunha estatua en baixorelevo que simboliza ás cinco persoas enterradas alí.
A parte baixa deste monumento é o triclinio, unha sala dedicada a banquetes na honra dos mortos.
Tumba do obelisco |
O canón que imos atravesar protexía a cidade e mantívoa oculta durante séculos. É impresionante camiñar por este desfiladeiro (siq en árabe)
O siq ou desfiladeiro |
Tamén vemos nesta foto, á esquerda o acueducto que escavaron na rocha pola que os nabateos levaban a auga para as súas necesidades.
O siq ou desfiladeiro |
Non podemos percorrer o desfiladeiro sen fixarnos ás veces na paredes onde hai tumbas ou nichos.
Na foto seguinte vemos o nicho máis elaborado que atopamos no percorrido polo siq.
Boa parte das construccións que vemos son tumbas.
Durante unhas excavacións realizadas en 1988 apareceron os restos escultóricos de dous comerciantes xunto aos seus camelos ou dromedarios tallados na parede da rocha. Só se conserva unha pequena parte das mesmas.
Impresiona este desfiladeiro ou siq: o estreito que é ás veces, a altura das paredes rochosas, a cor tan femosa...
O siq ou desfiladeiro |
E ao remate do desfiladeiro aparece en forma de sorpresa o monumento máis fotogafado de Petra: O chamado Tesouro. Este impresionante monumento de 40m de altura e 28 de ancho foi probablemente construido no S. I a.C polo rei nabateo Aretas III. A pesares de chamarlle "O Tesouro" non ten relación con este nome, xa que puido ser un templo ou unha tumba real.
Sen embargo, os beduinos realizaron saqueos a este monumento durante séculos e realizaron disparos á cúpula que se poden ver perfectamente pensando que alí se agochaba un tesouro.
O Tesouro |
Un pouco máis adiante está o "Calexón das Fachadas", son fachadas de tumbas escavadas na rocha. Ao longo desta rúa que é outro desfiladeiro, só que dentro xa da cidade, podemos ver elaboradas fachadas que pertencían a xente máis poderosa e outras máis humildes que pertencerían ás clases máis baixas.
Calexón das Fachadas |
Vimos moitos burros que carrexaban nos turistas e se estivesen ben coidados e non fosen explotados non habería nada que dicir porque tamén antes nas aldeas se usaban para o traballo de cargar millo, herba, tirar do arado....sempre que non haxa maltrato cara aos animais pois vale, é un modo de vida que aporta diñeiro a esa xente pero máis abaixo deixo un vídeo onde se ve que o trato a estes pobres animais é en moitas ocasións inhumano.
Vídeo que amosa o maltrato a estes animais:
Seguimos polo "Calexón das Fachadas" coas tumbas escavadas na rocha.
Calexón das Fachadas |
O teatro pensábase que fora feito polos romanos pero traballos dun arqueólogo norteamericano demostraron que é de orixe nabateo aínda que máis tarde si que foi reformado polos romanos que o ampliaron de 3500 localidades a 8500.
Teatro de Petra |
Neste punto do percorrido, os guías déronnos 3 opcións: volverse dende aí polo mesmo percorrido, volverse dende aí pero dando unha volta polas Tumbas Reais ou ben subir os 800 e pico escalóns para atopar outro monumento moi interesante como é o Mosteiro e un miradoiro cunhas espectaculares vistas.
Vimos esta árbore centenaria. A min, que me encantan os lugares onde hai árbores, ver esta gustoume moito, xa que Xordania é un país con pobres recursos de auga e apenas hai árbores ou plantas. Só en determinados lugares e porque os regan. É un pistacheiro, ou árbore que da pistachos e que se dá en climas desérticos como é este.
Á sombra do pistacheiro |
Entramos na chamada Vía Columnada ou Cardo Máximus que é a principal rúa de Petra e onde se atopaban algúns dos edificios públicos máis importantes. Aínda que a rúa está bastante erosionada, aínda queda parte da calzada e restos das columnas. A súa orixe foi nabatea pero ao igual que outros lugares de Petra tamén foi remodelada polos romanos.
Vía Columnada |
Subindo unha escaleiras nesta Vía Columnada pola que imos, atopamos o Gran Templo de Petra. É do S. I a.C e foi renovado no S. I d. C. É o lugar máis grande dos que actualmente hai excavados en Petra.
O Gran Templo |
A Porta de Temenos dá acceso a un dos templos principales de Petra: o Qsar Al Bint. A porta ten estilo tipicamente romano e tres entradas, unha central grande e dúas laterais máis pequenas. A porta que vemos actualmente é unha reconstrucción xa que a orixinal foi destruida por un terremoto no ano 363 d.C.
Porta de Temenos |
Empezamos a subida ao mosteiro, son 1,7 km. pero a través de escaleiras. Son 800 e pico escalóns que cunha condición física normal se poden subir sen problemas. A única dificultade e que fai que a experiencia se faga algo dura, foi o calor que ía.
Se miramos cara atrás vemos o angosto desfiladeiro poo que acabamos de subir e tendas de beduinos polas que pasamos.
Valeu a pena subir ata aquí e atopar este monumento. O Mosteiro é máis grande que "O Tesouro". Foi esculpido no S. I d.C como lugar de culto. No S. IV foi reutilizado polos cristiáns e de aí o seu nome.
O Mosteiro |
Dende o mosteiro aínda podemos subir un pouco máis ata un miradoiro que hai algo máis arriba e....aló fomos!!
As vistas dende aquí son extraordinarias!!
Vistas dende o Miradoiro |
Vistas dende o Miradoiro |
Cafetería e Miradoiro |
E agora toca baixar! Hai que facelo con xeito para non esvarar porque as pedras de tanto pisalas están desgastadas e moi pulidas.
Empezamos a baixar |
Ao finalizar a baixada, vemos o Qasr al-Bint que foi un dos principales templos de la ciudad e unha das poucas estructuras construidas, en vez de tallada na rocha. Destruido por un terremoto, foi reconstruido máis tarde.
Templo Qasr al-Bint |
Para voltar, fixémolo polo camiño que nos vai levar ás Tumbas Reais. O calor xa apertaba ben!
O Gran templo |
Imos en paralelo a por onde fomos antes vendo a Vía Columnada e de frente, as Tumbas Reais.
Fermoso color o destas rochas e polo medios vemos un cauce dun regato que supoño algunha vez levaría auga.
A que vemos na seguinte imaxe é a máis impresinante de todas e a máis grande. Trátase da Tumba del Palacio
A fachada da Tumba Corintia é parecida á Tumba do Tesoro pero está moi erosionada.
A Tumba de Seda chámase así polas cores que reflicte a súa fachada.
O interior dunha tumba real por dentro:
Tumba del Palacio |
A fachada da Tumba Corintia é parecida á Tumba do Tesoro pero está moi erosionada.
Tumba Corintia |
A Tumba de Seda chámase así polas cores que reflicte a súa fachada.
Tumba de Seda |
Nun momento dado volvemos ao camiño de ida cerca do Tesouro e introducímosnos de novo no desfiladeiro (siq) da entrada.
Xa íamos ben cansos e sol e o calor eran implacables pero non por eso deixamos de admirar a espectacular paisaxe que víamos.
Os que subimos ao Mosteiro chegamos de últimos ao hotel e bastante cansos, nada que non solucionase unha ducha rápida que tomamos antes de baixar xantar.
Despois de comer, descansamos ata as 19:00h. en que fomos visitar o Museo de Petra que nos quedaba pegado ao hotel.
Inaugurado no 2019 ten 8 galerías onde se expoñen máis de 300 restos arqueolóxicos de Petra dende a Idade de Pedra. Hai tamén proxeccións de vídeo e numerosos paneis expositivos que transmiten aspectos da xeoloxía, clima, flora , fauna e habilidades agrícolas, artesanais...etc dos pobos que habitaron a zona.
Museo de Petra |
Vistas de Wadi Musa dende a terraza do hotel ao anoitecer.
Wadi Musa
Vistas coa noite pecha:Wadi Musa |
Páxinas web consultadas:
https://www.viajandoporelmundomundial.com/que-ver-en-petra-jordania/
https://sitioshistoricos.com/los-bloques-djinn-de-petra/
https://sitioshistoricos.com/siq-el-desfiladero-hacia-el-tesoro-de-petra/
https://vicioviajero.blogspot.com/p/blog-page_11.ht
https://www.culturagenial.com/es/petra/
https://universes.art/es/art-destinations/jordania/petra/museo-de-petra
Ningún comentario:
Publicar un comentario