Amosando publicacións coa etiqueta Muras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muras. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

REGO DOS CORUXOS. VIVEIRÓ (MURAS)

O concello de Muras habilitou unha nova ruta de sendeirismo no 2016. Unha ruta fácil e moi fermosa que ten o aliciente engadido de que boa parte dela discorre pola marabillosa Serra do Xistral.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 9,2km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN
Imos ata a aldea de O Viveiró, no concello de Muras. O Viveiró  é unha pequena aldea que no 2016 contaba con 92 habitantes e que se fixo moi famosa a raíz da archicoñecida "Casa Cándida" pola abundancia de comida e o prezo económico da mesma.
Dende a plaza desta aldea parte a nosa ruta:
A ubicación exacta, AQUÍ
O Viveiró

A punto de sair

Os primeiros 4 km. son por asfalto:


 
Ás veces, a paisaxe ábrese e deixanos ver as montañas ao lonxe:

Tamén vemos cabalos:

Ata chegar á aldea de O Coruxo:

Aldea de O Coruxo que só ten tres habitantes:

A partires de aquí rematou o asfalto:
O lavadeiro que antiguamente había en tódalas aldeas


Descansando un pouco:

A ponte dos Coruxos

A partires de aquí empeza o tramo máis fermoso da ruta. Imos meternos nunha carballeira:



Atopamos pequenas fervenzas:

Atravesamos o regato:

E aquí tamén cruzamos o río por unhas pedras:

A partires de aquí cambia a paisaxe: estamos en A Xurrosa:


Xa temos vistas abertas á Serra do Xistral:



E chegamos de novo a O Viveiró:





Comemos en Muras xa que aínda que pretendemos facelo en Casa Cándida, como era 12 de outubro había que reservar un mes antes.