Amosando publicacións coa etiqueta Navia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Navia. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de agosto de 2023

PASEO FLUVIAL. NAVIA (ASTURIAS)

 

Paseo Marítimo de Navia

No concello de Navia xa realizamos unha ruta hai algúns anos:

RUTA COSTA NAVIEGA

Hoxe tiña poucos ánimos para camiñar por un leve problema de saúde e fixen unha ruta moi curta pero relaxante e fermosa e estudei sobre o terreo a maneira de unir este tramo de hoxe co centro da vila de Navia, que non coñezo. Queda polo tanto pendente outra ruta máis longa e completa ca de hoxe, que máis ben foi un paseo.

Características deste paseo:

Lonxitude: 3,2 km.

Dificultade: ningunha

Paseo circular que aínda que non está sinalizado non ten perda, xa que o percorrido é moi intuitivo.

Descripción:

Eu partín e finalicei na praia de Navia. Esta praia que apenas mide 700m. ten un entorno privilexiado, rodeada dunha extensión considerable de árbores e con tódolos servizos: duchas, bares, servizo de socorrismo...ten unha area moi grosa e oscura.

Praia de Navia

Estamos en época de mareas vivas e hoxe o estado do mar era impresionante. Estaba a bandeira vermella e daba medo achegarse  ao mar.

Praia de Navia

En frente da praia está "La Poza" unha lagoa artificial salada xa que se alimenta do mar próximo e está tamén influenciada polas mareas.

La Poza
En 1º plano vemos a lagoa e por detrás dos piñeiros, está o mar. No verán, A Poza é un lugar ideal para os máis pequenos, xa que mentras que o mar estaba hoxe imposible para bañarse, aquí a auga semella a dunha piscina.
Foi restaurada no ano 2018, xa que a lagoa estaba a desaparecer debido a area que se metía, abrindo unha canle entre a ría e a Poza pero esta actuación semella non ser suficiente porque aínda que a auga se renova, entra demasiada area polo que os veciños cren que se debería efectuar un dragado.
La Poza

Este piñeiral que separa a praia da Poza era hai uns anos moito máis mesto. Moitos piñeiros secaron e foron talados.

"Vega de Arenas"

Por esta ponte temos que pasar a continuación.
Ponte

A ponte separa a ría que forma o río Navia ao desembocar da Poza.
Paseo Marítimo

Outra vista da Poza, a ponte e o piñeiral chamado "Vega de Arenas".
Ponte, Poza e piñeiral

O nome "A Poza" non corresponde coa definición estricta da palabra poza, xa que ten unha extensión considerable.
La Poza

Rematado o paseo de madeira, este continua vendo xa de frente as pontes de Navia cruzando o río.
Paseo Marítimo


O Paseo Marítimo remata aquí, realmente é moi curto. Na foto vemos os Asteleiros Armón e as dúas pontes cruzando o río Navia.
Asteleiros Armón e pontes sobre o río Navia

Temos que voltar sobre os nosos pasos ou xirar á esquerda como eu fixen:
Paseo

Unha lanchiña á que se lle deu outro uso:
Unha lanchiña reciclada

Temos que ir pola beirarrúa uns 200m. aprox.
Estrada

Ata que xunto ás instalacións deportivas de El Pardo collemos este fermoso paseo que nos leva pola outra beira da Poza.
Paseo


Este paseo polo medio dun bosque con salgueiros, bidueiras, piñeiros, eucaliptos, falsos plátanos...etc é ben fermoso e relaxante.
Paseo

Paseo

E cheguei outra vez ao punto de inicio, xunto á praia, na zona de esparcemento "Vega de Arenas"
Zona de recreo "Vega de Arenas"

Páxina web consultada:

https://www.naviaturismo.com/Navia

martes, 2 de xuño de 2020

RUTA COSTA NAVIEGA

Esta ruta foi acondicionada polo Grupo de Montaña "Peña Furada" no 1988 co fin de crear a 1ª "Travesía da Costa Naviega" que vén celebrándose tódolos anos a partires desa data no mes de Xuño, agora co nome "Costas y playas de Navia".
A ruta oficial é de 21 km. e vai dende a desembocadura do río Barayo na praia deste mesmo nome ata a vila de Navia.
Nós quixemos facela máis curta e andivemos dende a praia de Barayo ata a praia de Frexulfe  en Navia (12km.)

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 12km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
Saimos da praia de Barayo que esta AQUÍ
Esta praia é "Espazo Natural Protexido" e esta formada polo tramo final do río co mesmo nome, dunas, marismas e unha praia salvaxe de area moura.Ten un parking cerca, pero para baixar a ela aínda hai que andar un pequeno tramo de sendeiro e logo baixar unhas escaleiras naturales enclavadas no acantilado. É unha praia salvaxe onde desemboca o rio Barayo que divide os concellos de Navia e Valdés. Esta praia pertence maioritariamente ao concello de Valdés.
Empezando a ruta. Este sendeiro lévanos tamén ás escaleiras que baixan á praia.

Praia de Barayo
Imos atravesar eses piñeiros marítimos:

Ao traveso dos eucaliptos, vemos a praia de Barayo que deixamos detrás:

Grandes cantís:


Atravesando prados e fincas pero sempre cerca do mar:



Xa divisamos Puerto de Vega:


A ruta discorre por un sendeiro moi doado cheo de encanto:

Descansando da pequena subida

Estamos chegando a Puerto de Vega:


Puerto de Vega pertence ao concello de Navia. É unha vila mariñeira con indudable encanto. Ten un entorno tan coidado que mereceu o distintivo de "Pueblo ejemplar de Asturias" no ano 1995.
É unha vila que estivo sempre ligada á pesca. Antiguamente foi un importante porto comercial e baleeiro e actualmente segue dedicado á pesca.



En Puerto de Vega deixáramos un coche á ida e agora houbo xente que dende aquí á praia de Frexulfe foi camiñando seguindo a ruta e outros fomos en coche.

A praia de Frexulfe é preciosa, está rodeada de árbores para poder comer á sombra e conta tamén cun chiringuito e un gran parking.

Como esta ruta a fixemos en xullo, decidimos comer ao aire libre e fixémolo á sombra:


Foi un precioso día!!