Amosando publicacións coa etiqueta Marrakech. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marrakech. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de marzo de 2023

MARRUECOS/MARROCOS

Do 21 de febreiro ao 1 de marzo deste 2023, realizamos unha viaxe a Marruecos da man de Amigos das Viaxes con Xaime Cancio á cabeza (cunha organización de 10) para vivir no país africano momentos inesquecibles que co paso do tempo moitos deles quedarán borrados ou mesturados con outros. Para que que eso non pase, van quedar plasmados neste blog, ao que sempre poderemos recurrir cando a memoria nos xogue malas pasadas.

Dicir que Marrocos foi para moitos de nós o país das sorpresas: a sorpresa do clima en 1º lugar, xa que case todos e todas esperábamos atopar moita máis calor ou polo menos algo de fresco ás mañás e ás noites e calor o resto do día, pero o frío, salvo os primeiros días en Marrakech, acompañounos permanentemente e case ninguén ía preparado polo que botamos en falta levar á viaxe máis roupa de abrigo. De tódolos xeitos, ao chegar a Galicia de volta, non atopamos máis calor senón ao contrario.

Tamén nos sorprendeu a cidade de Rabat, tan cosmopolita, tan europea...; a cidade de Ifrane, a "pequena Suiza", tan verde, coas casas de tellados en vertical coma as de países do norte de Europa...e outros lugares, costumes...que irei comentando.

Marrocos é un país de grandes contrastes: de deserto, montañas nevadas, de aldeas pobres, sen vida vexeal ningunha, con ríos secos, ríos de pedras... de grandes cidades e vilas con moita vexetación e moi verdes, un país con moita vida dentro das medinas das súas cidades, vida e cultura moi diferentes á nosa; outras cidades en cambio como Casablanca, Rabat....xa son máis parecidas ás nosas e nelas tamen aparecen grandes multinacionais como McDonald´s, Zara...etc, etc.

MARRAKECH

A cidade de Marrakech rodeada en cor negra no país marroquí.

Marrakech é tamén coñecida como "Ciudad roja" pola cor dos seus edificios que deben ser obrigatoriamente de cor ocre-vermello ao igual que a terra que rodea a cidade. Ten máis de millón e medio de habitantes e xunto con Rabat, Meknes e Fez é unha das catro cidades imperais de Marruecos.
Foi fundada no S. XI polos almorávides para garantir a supremacía sobre una rexión de gran importancia estratéxica, posto que pola zona pasaban as rutas de caravanas cara á África negra a través do Sáhara. Marrakech converteuse nunha gran capital amurallada con exuberantes xardíns e magníficos pazos e mesquitas, dos que hoxe por desgraza non queda nada.
O reino perdurou ata 1147, cando os almohades –una federación rival de tribus bereberes  das  montañas do Atlas– conquistaron a cidade despois dun largo asedio  arrasárona, para despois reconstruila. 

Estivemos nesta cidade dende o día 21 a mediodía que chegamos ata o venres pola mañá.

O que vimos:

- A MEDINA e dentro dela:

* Praza Jemma El Fna.

* A Koutubía

* Os Zocos

* Pazo Bahía

- XARDÍNS DA MENARA

- XARDÍNS MAJORELLE

MEDINA DE MARRAKECH

Unha medina nas cidades árabes é o barrio antigo da mesma no que estaban as mesquitas, as madrasas, os zocos...A medina de Marrakech é da época dos almorávides (S. XI) Deste época só queda a muralla e os palmerais do este da cidade. Cando no S. XII os almohades conquistaron a cidade destruiron a maior parte dos edificios  e reedificaron de novo a medina.

PRAZA JEMAA EL FNA:

Esta Praza foi o noso 1º contacto con Marrakech despois do hotel. O mesmo día da chegada despois de xantar no hotel tivemos ocasión de coñecela. A praza é o lugar máis coñecido e emblemático de Marrakech, un lugar cheo de ebullición e vida e onde atopamos elementos do máis variopinto: encantandores de serpes que che deixan sacar fotos a cambio de diñeiro, augadores, músicos, trileiros, postos de froitas onde podes tomar un zume natural moi barato e moi bo, tenderetes onde podes comer e ao redor hai restaurantes, cafeterías...todo un mundo do máis diverso e fascinante.

Esta praza é Patrimonio da Humanidade e está dentro da Medina (cidade antiga nas ciudades árabes)

Praza Jemma El Fna

É moi recomendable ver a praza dende as terrazas que hai nos restaurantes de ao redor. Terase así unha vista global da praza moi interesante.
                             Vistas da praza jemma El Fna dende a terraza dun restaurante

Hai multitude de postos para comer na mesma praza.


Esta praza sufreu (no café Arkana) no 2011 un atentado terrorista que matou a 17 persoas. Na foto seguinte dous augadores marroquís. Son personaxes moi típicos deste país que ofrecen auga aos viandantes aínda que non é recomendable bebela xa que non é auga envasada.
Augadores na praza Jemma el Fna.

A KOUTOBÍA.- Pegada a esta praza podemos ver a mesquita máis grande de Marrakech edificada no S. XII, sirveu como modelo para construir a Xiralda de Sevilla. O seu nome, "Koutobía" significa mesquita dos libreiros xa que no pasado rodeaban o edificio moitos postos de libros.
Foi edificada polos almohades cando conquistaron esta capital que estaba dominada polos almorávides e acusaron a estes de desviarse da interpretación correcta do islam, por eso destruiron tódolos seus edificios anteriores.
É o edificio máis alto de Marrocos e non se pode construir ningún edifcicio que a supere en altura.
Mesquita Koutubía. Só se pode visitar o exterior.


ZOCOS DE MARRAKECH.- 
Despois de ver a Praza Jemma El Fna e a Koutubía, adentrámonos no Zocos, un lugar laberíntico de rúas, calexóns e tantísimos postos de venta de todo tipo de obxectos que podemos acabar algo saturados.
Tomando sempre como referencia a Praza Jemma El Fna, xa que tódalas rúas principais dos zocos empezan aí, adentrámonos nun mundo no que estas rúas empezan a ramificarse en moitas outras. Aí véndese de todo o imaxinable e é difícil resistirse a non comprar tanto pola oferta que hai como pola insistencia dos vendedores.
Nos zocos vimos tamén moitas motos, carros tirados por vehículos ou por burros...había que ter moito coidado aínda que parecían expertos conductores afeitos ao traxín da xente porque nos esquivaban cunha facilidade incrible.
Tipos de vehículos nos zocos.

Nos zocos véndense obxectos de todo tipo. 
Praciña da medina

Hai moitos postos de especias. Xeralmente están expostos por gremios: o dos artesáns, o das especias, o das alfombras, o dos ferreiros...
Especias
As especias forman parte da cociña marroquí dende tempos inmemoriais. Están expostas nos zocos de xeito artístico e é fermoso velas con tanto colorido. 
Especias
Os zocos de Marrakech son uns dos máis coñecidos e visitados no mundo.
Zoco de Marrakech


O zoco de Marrakech está considerado o máis grande de todo Marruecos. A min pareceume maior o de Fez.

A medina está rodeada por unha muralla que mide 19 km. e ten 19 portas de acceso. Na foto seguinte, vemos unha delas.



 A foto seguinte é unha mostra de que dentro da medina circulan todo tipo de vehículos.



Nun dos nosos paseo polo zoco, cando nos deixaron tempo libre, metémonos por calexóns laberínticos onde xa non existía vida comercial. Esto foi o que vimos: rúas moi estreitas sen ninguén porque os turistas estaban onde hai tendas e os que aí viven estarían vendendo ou dentro das súas casas.

Rúa na Medina de Marrakech


Vimos tamén unha perruquería como eran as de Galicia hai 50 anos.
Perruquería marroquí

Rúas na Medina de Marrakech.

XARDÍNS DA MENARA.-
Foron construidos no S. XII e o nome menara refírese a cor verde  da pirámide do tellado do pavillón que vimos no estanque. (En árabe verde dise menzeh) Están situados fóra da Medina.
Hai moitísimas oliveiras á sombra das que, cando hai bo tempo, veñen os marroquies pasar o día comendo aí.
Á sombra da oliveira
dá gusto parrafear
ten a folliña miúda,
non deixa pasar o luar.

Entrada aos xardíns da Menara. En 1º plano, o guía do noso grupo.
O pavillón ao fondo do estanque foi construido no S. XVI e renovado no S. XIX por un sultán que se hospedaba aí.
Estanque e pavillón

O estanque e o campo de olivos con máis de 40 variedades son os elementos máis destacados destes xardíns. O estanque recibe a auga da cordilleira do Atlas por medio dun sistema de canalizacións subterráneas de 30 km. de lonxitude.
Estanque dos xardíns da Menara

HERBOLARIO BAB AGNAOU.-
Visitamos este herbolario que en distintas informacións recollidas afirman que os seus productos son naturais e moi bos. Moita xente comprou cremas, esencias, colonias...etc.
Herbolario Bab Agnaou en Marrakech


PAZO BAHÍA.-
Situado dentro da medina de Marrakech, foi construido a finais do S. XIX. Ten 160 habitacións  con vistas a numerosos patios e xardíns.
Pazo da Bahía
O promotor da construcción do Palacio Bahía de Marrakech, foi o gran visir do sultán Abdelaziz, Ahmed Ben Moussa, conocido tamén como Bou Ahmed o Ba Ahmed. A lenda di que era un escravo negro que lograra ascender ao máis alto da escala social, aínda que outras fonteslle atribuen unha ascendencia de boa estirpe. Do que ninguén dubida é de que era un tipo extremadamente cruel e que gobernou con man dictatorial en Marruecos. 

6 anos tardou en construirse este pazo no que traballaron os mellores artesáns da cidade.
A impresionante decoración dos teitos.

Na actualidade, tódalas habitacións do Palacio da Bahía atópanse vacías, porque cando faleceu o visir en 1900, o fastuoso inmoble fue desvalixado, incluso polas esposas, por orde do sultán, que mandou trasladar as pertenencias ao seu propio pazo. Desapareceron todolos mobles e alfombras do Palacio Bahía. Só quedaron intactos os teitos, cunha impresionante decoración; os mosaicos das paredes, os baños de mármore, ademáis da incríble decoración dos arcos e a gran beleza dos artesonados policromados dalgúns dos teitos.
Detalles arquitectónicos do Pazo  Bahía

Despois, en tempos do Protectorado Francés en Marrocos, o Palacio Bahía foi o lugar elexido polos franceses para albergar as oficinas do mariscal Lyautey.

Na actualidade, só se visita un tercio das dependencias do Palacio Bahía. A zona privada do Pazo é propiedade da familia real e emprégase como residencia dos dignatarios extranxeiros que chegan a Marrakech. Un dos lugares máis espectaculares do Palacio da Bahía de Marrakech é o gran Patio de Honor. Trátase dunha gran explanada de 50 por 30 metros de lonxitude cuberta de mármore italiano e mosaicos marroquíes e rodeada por unha galería de 52 columnas de madeira á que dan o harén das catro esposas do gran visir e as estancias destinadas ás súas 24 concubinas e os seus fillos. Este patio espectacular conta cun fermoso estanque central e tres fontes. 
Patio de Honor do Pazo Bahía

Estanque central do Patio de Honor

No pazo hai instalacións do Ministerio de Cultura marroquí e tamén alberga concertos de música e exposicións de arte. Na nosa visita había unha exposición de traxes inspirados na chilaba marroquí e nos traxes andaluces con bata de cola. O deseñador español Manuel Fernández e doce mulleres españolas e marroquíes son os artífices desta exposición.

Exposición de traxes no Pazo da Bahía

Este Pazo é de estilo marroquí cunha parte exterior sobria, se ostentación e cun interior moito máis rico en decoración con fermosos mosaicos formando figuras xeométricas, fontes de materiais como o mármore, madeira traballada artesanalmente... 
Mosaicos, madeira, fontes de mármore...


XARDÍNS MAJORELLE.-
No ano 1919 asentouse en Marrakech o pintor francés Jacques Majorelle e no 1924 creou estes xardíns. Nun principio usounos como inspiración persoal pero en 1927 foron abertos ao público.
Estes xardíns pertencen ao deseñador francés Yves Saint Laurent dende 1980.
Entrada aos Xardíns Majorelle

 Hai unha gran variedade de plantas como estes enormes cáctus.

A cor azul Majorelle creada polo artista está por tódolos recunchos. O xardín está coidado actualmente por 20 xardineiros e é unha das atracións turísticas máis importantes de Marrakech. Tamén dá cobixo a máis de 15 especies de paxaros.

En1980, Yves Saint Laurent e a súa parella sentimental Pierre Bergé fundan a «Association pour la Sauvegarde et le Rayonnement du Jardin Majorelle», readquiren o chalet taller e o xardín que fan restaurar e incrementan o número de especies vexetais do xardín de 135 a máis de 300. Conservan a parte de vivenda para o seu uso privado e transforman o taller en Museo de arte islámico de Marrakech.

Dentro dos xardíns hai tamén un museo pintado no exterior dunha cor azul intenso: o azul Majorelle creada polo artista en 1937.
Museo pintado de cor azul Majorelle

Dentro dos xardíns hai tamén unha cafetería que algúns e algunhas aproveitamos para tomar un café ou un té. Podías estar fóra na terraza ou dentro ao pé dunha chimenea do máis acolledora. Eso si, os prezos son algo caros con trespecto a outros lugares do país. Foi onde máis caro pagamos as consumicións que tomamos.
Persoalmente, estes xardíns non me pareceron "gran cousa", penso que están sobrevalorados e son pequenos, xa que nuns 10 minutos tíñamos todo visto.


Cafetería dentro dos xardíns

Estivemos tamén na parte nova da cidade que medrou ao longo dos anos fóra da medina. Estas son algunha imaxes:

A parte nova de Marrakech

Sorprendeunos atopar un limpabotas. Vense xa moi poucos.
Un limpabotas. 

Parte nova de Marrakech.

Dicir por último que o noso hotel nesta cidade (Adam Park) estaba moi ben e que as cenas e almorzos que tomamos nel tamén estiveron dentro do correcto.
Os restaurantes aos que fomos nesta cidade eran verdadeiros pazos por dentro. Preciosos! e a comida neles tamén fenomenal. Estas son opinións subxectivas, da miña experiencia, claro. Ao mellor outras persoas non opinan igual. Dependerá do grao de esixencia e dos gustos de cada persoa.

Exterior do noso hotel en Marrakech

Exterior do noso hotel en Marrakech

Piscina do hotel de Marrakech

O luxo dun dos restaurantes nos que comemos en Marrakech

Tamén tivemos unha cena de gala nun restaurante-palacio moi, moi fermoso.






PÁxinas web consultadas:

https://laguiaviajera.com/que-ver-en-la-plaza-jemaa-el-fna-marrakech/

https://es.wikipedia.org/wiki/Jardines_de_la_Menara
https://www.sientemarruecos.viajes/blog/jardines-de-la-menara/
https://www.barcelo.com/guia-turismo/es/marruecos/marrakech/que-ver/palacio-de-la-bahia/
https://elfarodeceuta.es/chilaba-bata-cola-marrakech/
https://www.disfrutamarrakech.com/jardines-majorelle
https://es.wikipedia.org/wiki/Jard%C3%ADn_Majorelle
https://es.wikipedia.org/wiki/Marrakech