Amosando publicacións coa etiqueta Gozón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gozón. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de agosto de 2023

ENSEADA DO EMBALLO/FARO DE AVILÉS/PRAIA DE XAGÓ (GOZÓN-ASTURIAS)


Peña del Caballo
Nunca oira falar do concello de Gozón en Asturias. Está situado na marxe dereita da ría de Avilés que separa ámbolos dous concellos.
Alá nos fomos hoxe a facer unha ruta que vira na aplicación Wikiloc que me parecía fácil, curta e fermosa. Resultou ser as tres cousas, pero non poidemos desfrutala nin aprezar a súa beleza como nos gustaría, xa que estivo chuviscando todo o tempo.

Características da ruta:

Lonxitude: 9,3 km.

Dificultade: fácil aínda que ten un tramo dende o Faro polo sendeiro ao pé do mar que é moi estreito e está rodeado de toxos. Recomendable levar pantalón largo e calzado cerrado.

Ruta circular sen sinalizar

O track meu en WIKILOC

Descripción:
Partimos dende a Praia do Arañón de pedras e ao pé da ría. Non está permitido bañarse nela ao atoparse moi próxima á zona industrial, supoño que por posibles verquidos.
Ao pé da praia hai aparcadoiro para deixar o coche.
Praia do Arañón
 
Na foto seguinte se se vise ben estando o día despexado veriamos de frente a vila de Salinas.

O Faro de Avilés tamén chamado Faro de S. Juan está en Laviana, parroquia do concello de Gozón. É de 1863.
Faro de Avilés


Un sendeiro pegado ao mar lévanos vendo furnas e cantís:

La Covallonga é unha furna, unha canle pola o mar se mete. Dá arrepío achegarse moito á beira!!
La Covallonga

Cueva Caballos son uns tremendos cantís onde se observa a tremenda erosión que fai o mar aquí.

Cueva Caballos

Ese burato que vemos na seguinte foto é un bufón. 
"Un bufón o bufadero es un orificio vertical en una formación rocosa de un acantilado por el que se cuela el agua del mar cuando las olas baten con fuerza y hay pleamar, provocando la propulsión de un chorro que sale a presión por dicho orificio, como si de un géiser se tratase." 
A rochas desta zona son moi calizas e por eso erosionan con máis facilidade formando furnas e bufóns. Este está moi alto con resprecto ao mar e por eso é difícil que chegue a sair auga por el.
                                                                            Bufón
O carreiro está agora case pechado de toxos. É recomendable levar pantalón largo e calzado pechado.

O carreiro desemboca nuha pista.

Que nos leva á parte alta da aldea de Nieva

Pasamos xunto á pequena capela de S. Xuan de Nieva, fermosamente restaurada.

Estamos xa moi preto da praia de Xagó pero antes paramos a tomar algo no bar Xagó Surf Co un local diferente pola decoración e o ambiente. Había moitos surfistas e chamaran a nosa atención especialmente dúas rapazas que parecía estranxeiras e sentadas no chan en coxíns, estaban calcetando o que nos dixeron que ían ser unhas bolsas. A decoración formada por táboas de surf por todas partes, material reciclado para mesas, sillas, bancos...un local moi acolledor e onde se pode desfrutar de cervezas artesanais, zumes naturais, batidos...e tamén se pode comer.

Xagó Surf Co

Xa vemos a praia aínda que con dificultade. O día seguía a estar horroroso e as fotos non son as melllores.

A praia de Xagó é longa, moi aberta, especialmente adecuada para a práctica do surf e de feio vimos moitos surfistas.
Praia de Xagó

Percorremos toda a praia pola area e cerca da montaña que vemos na seguinte foto, demos a volta, pero agora polo camiño paralelo á praia. Hai letreiros que nos avisan de non pisar espazos dunares importantes.

Voltamos por un camiño de pedra e grava paralelo á praia.


Pasamos un paking onde vimos bastantes autocaravanas e coches de surfistas.

Nun punto determinado pillamos un camiño á dereita que nos achega máis ao mar.

As dunas non deixan ver a praia de Xagó.

No chiringuito Waikiki que vemos na foto seguinte paramos a xantar. O local é algo cutre, o comedor ten o chan de cemento e nótase que está acondcicionado "para pasar o verán" e nada máis. A pesares desto, a verdade é que comemos ben e sobre todo son moi abundantes as racións!!

Cando rematamos o xantar proseguimos a ruta. O día aclarexara algo.

Cruzamos a parte da aldea de Nieva que está pegada á ría:

Deseguida chegamos ao pé da ría.

Imos polo chamado "Paseo do Arañón" situado na marxe dereita da ría de Avilés.

Como xa escribín, Nieva pertence á parroquia de Laviana no concello de Gozón.

Pasamos pola "Peña del Caballo" unha rocha furada con diversas formas.

Esta beira da ría é bastante menos coñecida e concorrida que a outra beira que ten o porto deportivo, o Centro Neimeyer...pero nesta beira dereita podemos contemplar fermosas paisaxes naturais con praias e rochas, un lugar que está pretendendo recuperar o encanto perdido con motivo da industrialización desta zona.

Se non fose a néboa, veriamos en frente Salinas e a súa praia.

Este paseo marítimo é do máis tranquilo.
Paseo Marítimo del Arañón

A Fonte del Emballu atópase tamén neste paseo.
                                                          Fuente del Emballu

Esta é un lugar moi frecuentado por pescadores locais que pescan á caña.

Vimos tamén, xa a piques de rematar o noso percorrido, un cargueiro de gran tonelaxe entrando na ría axudado por dous remolcadores.