No 1º tramo da Ruta "COSTA DE FOZ" percorremos 7,5 km. (dende a praia da Areoura ata a de Area Longa) Hoxe percorreremos 8,4 km. (dende o Castro de Fazouro ata a praia da Rapadoira en Foz)
Características:
Lonxitude: 8,4 km.
Deficultade: fácil
Ruta lineal sen sinalizar aínda que moi intuitiva. O meu track en WIKILOC:
Descripción:
Partimos dende o Castro de Fazouro, un castro marítimo que aproveita unha pequena península. A estructura que se pode ver corresponde aos últimos momentos de ocupación do Castro (Finais do S. III d. C) Actualmente hai excavados uns 400 m. cadrados.
| Castro de Fazouro |
Vistas cara a Burela dende o Castro.
| Castro de Fazouro |
O castro abarcaría bastante máis espazo, que está sen escavar. É un castro bastante grande que ocupa toda a península e que di a xente máis vella do lugar que antigamente era unha illa e só había unha ponte para poder cruzar.
| Castro de Fazouro |
Ao pé do castro está a praia de Area Longa, máis coñecida polos veciños como praia do Castro, unha praia que comparten as parroquias de Nois e Fazouro. Hai uns anos está praia estaba bastante concurrida pero foise deteriorando, fóronse metendo moitas pedras e a baixada que antes había foi destruida polo mar e actualmente é imposible acceder a ela polo lado de Fazouro.
Por riba, unha parte do paseo marítimo que hai por riba da praia caeu hai xa dous invernos e no foi reconstruido.
| Praia Area Longa ou O Castro |
Seguimos a camiñata con vistas ao mar.
Pasamos polo Porto de Fazouro, lugar onde antigamente había lanchas que ían ao mar dedicándose á pesca de baixura. Xa hai ben anos que a actividade pesqueira desapareceu e hoxe este lugar serve a algúns veciños como praia, xa que é un lugar moi axeitado para o baño e para non encherse de area porque só hai unha pouca e só en marea baixa. A xente ponse nas rochas.
Aínda queda algunha caseta de antigos pescadores, como se ve na imaxe.
| Porto de Fazouro |
Unha imaxe do porto en marea chea e con temporal marítimo.
| Porto de Fazouro |
Era un espectáculo ver hoxe o mar:
Unha imaxe de antigas casetas de pescadores. Dúas delas xa caeron.
| Porto de Fazouro |
A forza das ondas:
Exemplo claro da erosión nos acantilados:
| Lousada e Bargado |
| Praia da Pampillosa. |
| Desembocadura do río Ouro |
| Ponte de Ferro |
| Río Ouro e o barrio de Vilarmea. |
| Área Recreativa |
| Área Recreativa |
| Praia da Pampillosa |
| Enseada Auga Doce |
Antes do auxe do turismo na zona da Mariña luguesa, a comezos da década de 1970, as dunas da praia, coñecidas como Os Ceás, eran usadas como cemiterio para os animais de granxa (porcos, cabalos, vacas...) mortos por enfermidade. A falta de control veterinario provocaba que os restos fosen enterrados lonxe das casas para evitar contaxios, e escollíase lugares areosos pola facilidade para cavar. Era tal o seu aproveitamento que as dunas estaban divididas para o seu uso por distintas parroquias.
Co aumento do turismo, o camposanto animal foi trasladado ao vertedoiro dunha antiga fábrica de cerámica, xa desaparecida. Porén, aínda hoxe é relativamente frecuente que aparezan restos de osamenta animal.
| Praia de Llas |
Sistema dunar de Llas
Esta peninsula que vemos na seguinte foto chámase " A Tamaniña" e sitúase entre as praias de Llas e a Rapadoira. Aquí hai un Miradoiro para descanso e observación da costa, flora e fauna, fermosas vistas do mar batendo nos acantilados
| Península da Tamaniña |
As ondas rompendo no illote dos Cairos e en 1º plano, a Punta do Corno.
| Praia da Rapadoira |
Páxinas web consultadas:
https://amarinalucense.gal/es/playa-de-a-rapadoira