Características da ruta:
Lonxitude: 7,3 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Saín da casa sen decidir de xeito claro onde ía facer ese día unha ruta e, de feito, non fixen ningunha que levase planificada. Atopei este lugar e pareceume interesante, así que empecei a camiñar e grabar ao mesmo tempo.
Partín de moi cerca de onde está a Planta de Transferencia de Residuos Urbanos, na estrada LU-122 que vai cara a Bretoña, Meira... a unha altura de case 640m. de altitude.
Vistas a Santalla, lugar de Riotorto, dende o comenzo da ruta.
| Santalla |
Camiño por unha pista con vistas marabillosas.
Outra imaxe de Santalla, que pertence á parroquia de Santa Marta de Meilán. No ano 2024 non chegaba aos 300 habitantes esta parroquia e de seguro que non foron a máis...
Outra aldea que vemos aló embaixo é Vilar de Santiago, que pertence á parroquia da Muxueira.
Vistas ás dúas aldeas anteriores: Santalla e Vilar de Santiago. Cada unha delas pertence a distinta parroquia.
Inicio agora unha baixada con bastante desnivel.
| Lamas |
Vistas dende Lamas:
Agora o percorrido é por un camiño tradicional e con vistas á Muxueira.
Aínda queda gando por estas aldeas.
E máis gando. Tamén, ao pé dos cabalos, había ovellas e cabras.
O camiño lévame a unha estrada local pola que tansó camiño uns metros, antes de pillar á dereita por outro camiño.
A verdade é que esta ruta ten pouco asfalto.
Este monte que atraveso aínda conserva partes autóctonas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario