xoves, 22 de outubro de 2026

RUTA CIRCULAR DENDE O BARRAL (MONDOÑEDO)

 Outra ruta no concello de Mondoñedo, que sempre ten percorridos que sorprenden con algo: arboreda autóctona, recónditas aldeas, vistas extraordinarias...neste caso, esta pequena ruta ten algo de todo o anterior.

Características desta ruta:

Lonxitude: 7,6 km.

Dificultade: fácil

Ruta cisrcular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descrición:

Partimos dende a capela de S. Antón na aldea de O Barral.  É un templo de planta rectangular con cuberta a dúas augas e unha espadana dun só corpo e un só van sobre a porta principal. A súa construción data probablemente do século XVIII.

Capela de S. Antón

Deseguida nos damos conta de que aquí xa estivemos noutra ocasión, pero cando? Claro! cando fixemos a ruta longa da Auga que pasa por aquí!!!

O Barral é unha pequena aldea que pertence á parroquia de Argomoso.

O Barral
Vistas dende O Barral a 345m. de altitude:

Vistas á aldea de Padín e ao lonxe a Serra da Toxiza:

 Na foto seguinte, Maariz.

Toca ir por estrada compartindo percorrido coa Ruta da Auga.


Alí abaixo, Padín por onde pasa o Camiño Norte de Santiago.

Pasamos ao pé de Supena, aínda que non vemos a aldea que queda tapada polos ribazos que vemos na foto.
Supena

Nun cruce, ao pé de Supena, se imos pola Ruta da Auga temos dúas opcións: atravesar Supena e ir cara á cascada do Salto do Coro ou pillar cara á Cova do Rei Cintolo, que foi o que nós fixemos.

Vemos o Centro de Interpretación das Covas do Rei cintolo.
Centro de Interpretación das Covas.

Nunha curva vemos as pasarelas de madeira que conducen á Cova. Nós seguimos a estrada.
Pasarela cara ás Covas do Rei Cintolo

Atopamos unha vivenda que parece habitada e, de feito, vimos dúas persoas. 

Seguimos pola estrada que nos vai conducir a Pausalido.


Pausalido pertence á parroquia de Santiago de Mondoñedo. É unha ladea moi pequena na que vimos unha rapaciña que nos falou moi agradable.

Pausalido

Dende Pausalido vese ben Vilar, lugar que, coma moitos núcleos da zona, quedou deshabitada polo declive das actividades agrícolas tradicionais. Actualmente, Vilar é un  complexo etnográfico e turístico funcional, visitable e adicado á divulgación da prehistoria.
Aló embaixo, Vilar

Outra vista de Pausalido, unha aldea en total decadencia. Aquí deixamos a ruta da Auga que continua cara a Pacios, Vilar, Supena...
Pausalido

Dende 344 m. de altitude, en Pausalido, así son as vistas.

Rematamos o asfalto e por este camiño seguimos o percorrido. Pregunteille á rapaciña que vimos en Pausalido se tiña saída este camiño e díxome: " si....cara á montaña...pero se non ten saída, poden dar a volta..."

As vistas na subida:

Atopamos varios peches para o gando. Sempre debemos deixalos tal e como os atopamos.

E chegamos a un lugar no que algún día houbo vida en varias vivendas. Están hoxe totalmente en ruinas demostrando que este lugar leva tempo abandonado, en concreto, máis de 40 anos. Estamos en As Invernegas.

     As Invernegas

Outro peche nas Invernegas.

Os únicos seres vivos que vimos nete lugar son esas vaquiñas que pacen nos pastos que rodean o caserío.
Temos que pillar por ese camiño que vemos. Nós despeitámonos un pouco aí e pillamos por algo máis arriba por un carreiro. Deseguida nos decatamos de que íamos mal e baixamos ao camiño ese.


Rematado o camiño anterior, toca baixar por entre eucaliptos.


Estamos en outono e aparecen os cogomelos.


Baixamos por un camiño ancho de monte que ten posta unha alfombra verde...

Estamos chegando a Pausalido (ao pé da casa que atopamos primeiro) e hai outro peche.

Agora imos por esta pista que un día tivo asfalto.

Dende un deteminado punto, vemos Pausalido.

Atopamos un Miradoiro dende o que non se ve nada!!
Miradoiro

Antes de facer un miradoiro haberá que ter en conta que as árbores medran nos montes privados que hai por debaixo do mesmo...
Miradoiro

Xa chegando de novo ao punto de inicio, temos estas vistas.

Xa venos O Barral, onde temos o coche.