Amosando publicacións coa etiqueta ano 2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2013. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de abril de 2020

RUTA DA AUGA. TARAMUNDI PR AS-17

O concello de Taramundi atópase no extremo occidental de Asturias, limitando polo sur e o oeste con Galicia.

Este concello foi precursor no turismo rural e soubo protexer e dar a coñecer o seu patrimonio etnográfico dunha maneira exemplar. Ten varias rutas de sendeirismo, todas elas dignas de percorrer. Sen dúbida, a máis coñecida e representativa é a Ruta da Auga. Esta ruta permítenos desfrutar da auga e os seus aproveitamentos ao longo dos séculos no medio rural; en plena Reserva da Biosfera Oscos Eo recorreremos frondosos bosques de castiñeiros, carballos, abeleiras...veremos unha fermosa fervenza e singulares conxuntos etnográficos como Os Teixois, Mazonovo, Os Esquíos e aldeas de conto como As Veigas.

Lonxitude: 14km.
Dificultade: baixa
Ruta circular e ben sinalizada


Descripción da ruta:
A ruta arranca oficialmente da parte baixa de Taramundi por un camiño de formigón que nos leva a Mazonovo. Nós preferimos empezar a ruta aquí, en Mazonovo para deixar os coches. Se se quere pódese visitar aquí o Museo dos Muíños.
Tras un curto ascenso pola carretera, collemos un desvío á dereita e pasamos xunto ao caserío de A Granda:
Foto de Raul Oliete

Cruzamos o río Turía pola ponte da Escaderna e ascendemos a través dun tupido bosque de castiñeiros e amieiros.


Recollendo castañas
Cando levamos aprox. 2,5 km., desviamonos da ruta un km. e pico para ver a fervenza Salgueira( ida e volta supoñen case 3km. pero merece a pena sobre todo porque o sendeiro que leva a ela é moi fermoso)

Logo chegamos a un tramo de carretera polo que subimos ata Esquíos. Aquí podemos visitar un museo etnográfico de ferramentas e utensilios empregados antiguamente no rural.

A partires de Esquíos é cando a ruta se fai circular. Podemos ir á dereita cara ás Veigas ou á esquerda cara aos Teixois. Nós fomos primeiro aos Teixois. Nos Teixois hai un conxunto etnográfico empregando a auga: un batán, un muíño, un mazo, unha roda de afiar, unha forxa e unha pequena Central eléctrica.
Fixemos unha visita guiada onde unha muller nos foi explicando o manexo e a utilidade de tódolos aparellos.



Despois de descansar un pouco no bar que ali hai puxemos rumbo ás Veigas. En canto subimos 400m, desapareceu o bosque e poidemos ver unha paisaxe máis aberta:
A aldea que se ve ao loxe é Esquíos
As Veigas é unha aldea totalmente restaurada, encaixada nun pequeno val. Alí só se respira tranquilidade. É un lugar case máxico, precioso!!! Aquí comemos nun restaurante moi rústico e acolledor.




O tramo entre As Veigas e Esquíos discorre por un fermoso bosque bañado por varios regatos.
Volvemos a Taramundi dende Esquíos repetindo o mesmo tramo.
Se queres saber máis do Concello de Taramundi, pincha AQUÍ 

luns, 13 de abril de 2020

CABO BUSTO (VALDÉS) PR-AS 4

Lonxitude: 7km.
Dificultade: moi baixa
Ruta circular










Descripción da ruta:
As palabras que mellor definen esta ruta son : inmensidade, paz...frente a uns cantís que bican o Cantábrico.
Esta ruta circular lévanos a través de fincas agrícolas, piñeirais, bosques de ribeira pero sobre todo á beira duns inmensos cantís.
Empeza na vila de Bustu, dende aquí imos cara ás Escolas (a 500m) xa que aí podemos deixar os coches porque empeza a ruta.
A 300 m. aprox. temos unha preciosa vista dos cantís de Valdés; unha vez desfrutado voltamos ao cruce e xiramos á esquerda para adentrarnos entre pinos e eucaliptos.

O sendeiro segue en chao, entre prados:
Agora, xa á beira do Cantábrico, imos vendo os cantís e recónditas praias:

No km. 4,8 xa estamos en Cabo Busto co seu fermoso faro e o seu mirador.
Un km. máis adiante, o sendeiro continua bordeando os cantís e vemos o Castiellu el Serrón, un pequeno islote.

A partires de aquí o sendeiro comeza a alonxarse da costa e volvemos a Busto.

Como esta rita é moi curtiña e fácil de realizar, sobrounos moito tempo polo que decidimos ir ata Luarca para comer alí. Antes visitamos o seu faro  co seu precioso entorno.




RUTA DO CARES (PONCEBOS-CAÍN)


A Ruta do Cares é unha das rutas de sendeirismo máis fermosas de España. Transcorre a través dos Picos de Europa entre Asturias e León percorrendo a garganta do río Cares. Pode partirse dende Poncebos (Asturias) ou dende Caín (León). Oficialmente, a ruta remata ou empeza en Posada de Valdeón (León) pero serían 10 km. máis; polo que nós fixemos dende Poncebos ata Caín.
Esta ruta abríuse como vía de acceso para o mantemento do canal de alimentación da central hidroeléctrica de Camarmeña, en Poncebos.
A ruta do Cares discorre pola chamada "garganta divina" do río Cares a través de grutas, pontes e sendeiros excavados na rocha. Cando a ruta chega a Caín, ábrese o desfiladeiro e unha ponte atravesa o mesmo.
É unha ruta na que sempre se atopa moita xente, incluso con nenos ben pequenos que os pais/nais cargan ao lombo. Os sendeiristas van entre a rocha por un lado e o precipio polo outro pero non hai que asustarse, o sendeiro é o suficientemente ancho para non dar medo.
É tamén doado de percorrer, salvo os dous primeiros kilómetros dende Poncebos que son de subida, os 10 restantes son en chao, sen apenas desniveis.
Nós levamos uns bocatas e comemos en Caín despois dunhas 4 horas de camiñata. Tamén se pode ir menos cargado e comer nun pequeno restaurante que hai en Caín. Neste tomamos uns xeados e o café.

Lonxitude: 24 km. en total(ida e volta)
Dificultade: Media

Ruta lineal

Descripción da ruta:
Saímos sobre as 11:00 h. de Poncebos e como dixen, os primeiros 2km. foron de subida.
Subindo dende Poncebos

Despois desta subida de 2km., o sendeiro non presenta desniveis:


Por un lado, a rocha; por outro, o precipicio:


Paramos a repoñer forzas:


Ao chegar a Caín, podemos refrescarnos no Cares:

Despois de comer e descansar, iniciamos a volta: outros 12 km.

De volta, a punto de meternos nun túnel excavado na rocha:

Á volta, a catro valentes(ou insconcientes) do grupo ocorréuselles baixar por un sendeiro perigoso que non forma parte para nada da ruta oficial e pode ser moi perigoso porque ese carreiro baixa polo medio dun pedregal e se pisas en falso pode dar lugar a un desprendemento de pedras:


Tamén houbo momentos para moitas risas: