mércores, 22 de outubro de 2025

COVILHA (SERRA DA ESTRELA- PORTUGAL)

 Covilha é porta de entrada á Serra da Estrela con empinadas rúas debido á orografía do terreo.

Que vimos en Covilha?

Entramos na cidade pola PRAZA DO MUNICIPIO onde está o Concello, a Igrexa da Misericordia e o Teatro Municipal e tamén a estatua de Pero da Covilha, un explorador e diplomático portugués ao servizo de Juan II de Portugal nos séculos XV e XVI.

Praza do Municipio en Covilha
 
Na seguinte foto, a Igrexa da Misericordia. O edificio en cor rosa alberga nos baixos un banco e na parte superior é un hotel.

Igrexa da Misecordia e hotel na Praza do Municipio.

Estatua de Pero da Covilha:

Estatua de Pero da Covilha na Praza do Municipio.

RESTOS DA MURALLA

Na seguinte foto, vemos restos da muralla que existeu no pasado. Moitos tramos da mesma foron derribados a partires do S. XVII e outros foron derribados polo terremoto de Lisboa de 1755. Estes restos que vemos e que se atopan xunto ao Mercado Municipal son os máis significativos. Tamén houbo un castelo que desapareceu porque primeiro foi derruido polo terremoto e despois as súas pedras foron empregadas para a Real Fábrica de Panos
                                                        Restos da muralla de Covilha

MIRADOIRO PORTAS DO SOL

É un punto de interese histórico porque está localizado onde antigamente houbo un castelo no S. XI. Ofrece vistas panorámicas á Serra da Garduña.

Vista dende o Miradoiro Portas do Sol

IGREXA DE SANTA Mª MAIOR.-

Ubicada no centro histórico da cidade, esta igrexa ten unha fermosa fachada de azulexos que representan a vida da Virxe.

Igrexa de Santa Mª Maior (Foto de Jaime Cancio)

É sen dúbida, unha das igrexas máis fermosas de Portugal! Esta igrexa foi edificada no S. XIX no lugar onde había unha antiga capela do S. XVI. Os azulexos foron engadidos no ano 1940.
Igrexa de Santa Mª Maior

No interior, a Igrexa de Santa Mª Maior alberga importantes e fermosos retablos rococós e neoclásicos.

IGREXA DA CONCEPCIÓN

Inicialmente, foi a igrexa dun convento franciscano masculino, no S.XIII; a igrexa actual foi construida durante os séculos XV e XVI. No S.XVIII, o edificio foi transformado en fábrica de lanas e, despois dun incendio foi doado á igrexa realizándose reformas e ampliacións como a torre.

Igrexa da Concepción

Imaxe da Virxe da Concepción no interior da igrexa. (Foto de Jaime Cancio)


A anterior igrexa está ao pé do Jardim Público da Covilha.

Xardín Público de Covilha

Dende o Xardím Público temos boas vistas de toda a Ribeira da Carpinteira.

Vistas dende o Xardín Público de Covilha

ELEVADOR DO JARDIM

Covilha é unha cidade pousada nunha ladeira e por ese motivo ten moitas costas con importante desnivel que se salva polo medio de elevadores. Nós estivemos no Elevador do Jardim, un ascensor construido en 2 tramos que comunica o xardín no que acabamos de estar coa Ponte da Ribeira.

Elevador da Ribeira

PONTE DA CARPINTEIRA

Ponte construida en 2009 para salvar os 200m. de profundidade do Val da Ribeira e comunicar o chamado Barrio dos Penedos co centro da cidade. É unha obra do arquitecto João Luís Carrilho da Graça.

Ponte da Carpinteira

 COVINHA E A LA

A cidade de Covilha é coñecida como a "Cidade da La", xa que foi o maior centro de producción de la dende o S. XV.

Actualmente, esta industria produce por ano cerca de 40000 km de texido, e a través de varias empresas textiles; é proveedor de grandes marcas textiles mundiais como  Hugo Boss,Armani, Yves  Laurent, Calvin Klein, Christian Dior...etc

De tódolos xeitos, das máis de 200 fábricas textiles que chegou a ter durante o apoxeo da producción, nas décadas centrais do S. XX, mantén apenas unha decena na actualidade.

Hai un museo, chamado Museo de Lanificios  que fue inaugurado no 1992 e permite comprender, mostrar e argumentar os labores que se desenrolaban, principalmente, na  Real Fábrica de Paños e na Real Fábrica Veiga, cuxas instalacións agora ocupa.

Na foto seguinte, chemineas de antigas fábricas.


ARTE URBÁN

A cidade de Covilhã estase a convetir no centro do arte urbano da rexión Centro de Portugal grazas á acción creativa do Woolfest – Covilhã Art Festival.  Este festival rinde homenaxe ao pasado glorioso de Covilhã como unha das máis importantes cidades productoras de la en Portugal e pretende ser unha referencia da arte urbana no país. O Woolfest organiza eventos regulares, enchendo as paredes da cidade con pinturas coloridas que re relacionan co tema da lana.

Algúns traballos que vimos foron estes:










Páxinas web consultadas:

https://wanderlog.com/

https://www.visitportugal.com/es

https://viveportugalweb.com/que-ver-y-hacer-en-covilha-guia-viaje/

https://salamancartvaldia.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario