Belmonte é unha vila de pouco máis de 6000 habitantes que ten 4 freguesías(parroquias)
Ten unha importante comunidade xudía sefardí (os xudíos que viviron en España e foron expulsados no reinado dos Reis Católicos)
Belmonte é unha das "Aldeas Históricas" de Portugal. As "Aldeas Históricas" son 12, das que eu xa coñezo Sortelha e Monsanto doutra viaxe realizada por Amigos da Viaxes en 2022.
Estas "Aldeas Históricas", que nalgún caso son vilas, están a miúdo amuralladas e teñen castelos, ofrecen unha visión única da historia e cultura portuguesa con arquitectura militar, rúas empedradas e tradicións conservadas.
Que vimos en Belmonte?
A LONTRA
Esta escultura dunha lontra é do artista Pedro Leitao Feita, elaborada con materiais de refugallo como persianas, ventiladores, xoguetes...co propósito de crear conciencia sobre a polución causada polo consumo e a actividade industrial e como eses residuos acaban nos ríos. Quere especialmente destacar a contaminación do río Zêzere en Portugal e escolle a representación dunha lontra porque estes animais son moi sensibles á contaminación dos ríos.
| A Lontra |
ESTATUA DE PEDRO ÁLVARES CABRAL
Foi o descubridor do Brasil en 1500 e naceu en Belmonte.
Unha rúa de Belmonte moi adornada.
PELOURINHO E ANTIGO CONCELLO
O pelourinho ou Picota que vemos non é o orixinal, senón unha reconstrucción de 1986 pero conta con algunhas pezas orixinais. O edificio que vemos detrá foi o antigo concello ou como din en Portugal, a Cámara Municipal.
| O Pelourinho diante da que foi a antiga Cámara Municipal |
O CASTELO
É o elemento máis representativo de Belmonte. Fundouse no S. XIII e no S. XV pasou a mans dos Cabral. Ten unha impoñente Torre da Homenaxe.
Actualmente empréganse algunhas das súas estancias como Salas de Exposicións e tamén hai un anfiteatro.
A cruz que vemos é unha réplica da que levantou Pedro Álvares Cabral na 1ª misa celebrada en Brasil. É de madeira e foi un regalo do presidente brasileño nos anos 50.
| Castelo de Belmonte |
CAPELA DE S. ANTONIO E DO CALVARIO
A que vemos en 1º termo é a Capela do Calvario, foi construida no S. XIX en estilo neogótico. A porta principal está decorada cos instrumentos da Pasión de Cristo.
Tamén vemos a Capela de S. Antonio do S. XV.
| Capelas do Calvario e de S. Antonio |
IGREXA DE SANTIAGO E PANTEÓN DOS CABRAL
A igrexa data do S. XIII e o seu nome débese a que por aquí pasan dous Camiños de Santiago (O "Vía Estrela" dende Cáceres e o "Nascente" que sae de Évora) No S. XVI foi construido o panteón dos Cabral.
| Igrexa de Santiago e Panteón dos Cabral |
O campanario da capela de Santiago atópase separada da mesma, o que se chama campanario exento.
| Campanario exento |
Outra vista do castelo cunha fermosa ventá manuelina.
| Castelo de Belmonte |
Unha vista dende o Castelo:
BARRIO XUDÍO
Belmonte albergou unha importante comunidade xudía dende o S. XIII que aumentou coa expulsión dos xudíos de España no S. XV.
| Barrio xudío |
![]() |
| (Foto de Jaime Cancio) |
| Descripción | English: Sinagoga Belmonte |
| Fecha | |
| Fuente | http://questomjudaica.blogspot.pt/ |
| Autor | Bricking |
| . |
Unha fermosa casa no barrio xudío:
| Barrio xudío |
Rúas estreitas de pedra e, ao fondo, a sinagoga.
| Barrio Xudío |
Actualmente hai en Belmonte menos de 200 xudíos.
| Barrio Xudío |
O barrio xudio forma o que podemos chamar o "casco histórico" de Belmonte.
| Barrio Xudío |
Coas sinagogas prohibidas, durante 500 años o culto celebrabase nas casas, en secredo e en portugués, porque o hebreo, que agora están recuperando, foise perdendo cos anos.
Os dirixentes comunitarios xudíos fan especial fincapé en recoñecer o papel crucial da muller, que de xeración en xeración foi a encargada da transmisión oral da preservación do culto hebreo nesta comunidade, obrigada ao secretismo durante séculos e que non mantivo ningún contacto co xudaísmo exterior.
| Barrio Xudío |
"José Domingos, que usaba el nombre judío de José Levy Domingos, recibió la "medalla de honor" del Consejo de Comunidades Sefardíes de Jerusalén, un galardón otorgado por primera vez a un ciudadano portugués.
La distinción fue entonces justificada por la organización israelí con el trabajo “que José Levy Domingos” desarrolló a lo largo de su vida “a favor de la preservación del patrimonio judío en Portugal, el acercamiento social y cultural entre Portugal e Israel " (https://beira.pt/)
![]() |
| (Foto de Jaime Cancio) |
Belmonte gustoume moitísimo polo castelo e sobre todo polo fermoso barrio xudío!!
Páxinas web consultadas:
https://mapaymochila.es/
https://www.nuncasinviaje.com/
https://eltrapezio.eu/es/espanol/la-lampara-encendida-los-criptojudios-de-belmonte_47585.html
GUARDA
É unha cidade de algo máis de 30000 habitantes situada a máis de 1056 m. de altitude, o que a converte na cidade situada a maior altura en Portugal.
Que vimos en Guarda?
CASTELO
O castelo está situado na parte máis alta da cidade e ten polo tanto unhas vistas extraordinarias. Foi construido no S. XII por D. Sancho I e só se conserva a Torre da Homenaxe, un pedazo de muralla e a Torre dos Ferreiros.
| Torre de Homenaxe do Castelo |
Vistas dende o Castelo:
Os arredores do castelo son un magnífico balcón para observar a catedral e o resto da cidade.
A CATEDRAL
| Descripción | Español: Catedral Sé, Praça Luís de Camões, Guarda, Portugal |
| Fecha | |
| Fuente | Trabajo propio |
| Autor | jozhe |
| Ubicación de la cámara |
|---|
En portugués, as catedrais son chamadas Sés, que deriva da palabra latina sedes (asiento) e refírese á Sede dun bispo.
![]() |
| Sé ou catedral de Guarda |
Praza de Luis Camôes
| Praza de Luis Camôes |
TORRE DOS FERREIROS
| Porta dos Ferreiros. |
Vistas á igrexa da Misericordia dende a Torre dos Ferreiros.
| Museo da Guarda |
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada



Ningún comentario:
Publicar un comentario