É a 7ª ruta que fago no concello de Cudillero. As anteriores foron todas costeiras, agás a do Val do Esqueiro que ten unha parte fluvial (a do río Esqueiro) e aínda que tamén pasa pola praia de S. Pedro, é unha ruta dun val interior tal e como o seu nome indica.
A ruta de hoxe é na zona montañosa do concello.
Estou na parroquia de Ballota na que fixen a ruta anterior a esta, pero nesne caso tirei para o mar e agora para a montaña.
Características da ruta:
Lonxitude: 6,3 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. Imprescindible seguir este track se se quere facer como a fixen eu (aínda que hai unha pequena parte que fixen que non recomendo xa que se pode evitar. Está explicado na descripción do track e explicareino tamén nesta publicación)
O meu track ou percorrido en WIKILOC
Descripción:
A ruta ten inicio e fin na capela de S. Roque que se atopa no monte do mesmo nome. As últimas remodelacións desta capela foron feitas nos S. XIX e XX.
Por aquí pasa o Camiño Norte de Santiago.
No mes de agosto celébrase neste lugar unha romaría.
| Capela de S. Roque. |
Dende este lugar temos magníficas vistas, na imaxe seguinte por exemplo, vemos ao fondo os acantilados que rodean a famosa "Praia do Silenzo".
| Vistas dende a Capela de S. Roque |
| Vivendas en Ballota |
Magnífica vista ao Cabo Vídio.
| Cabo Vídio ao fondo |
Unha marabilla de paisaxe o que podo contemplar!!
De súpeto atopo un peche con arames pero por un lado pode abrirse.
O mar Cantábrico e dúas pontes: a da autovía e a do tren.
Cerca de aquí hai picos coñecidos entre os montañeiros: Paradiella, Palancas...o que se ve na foto non estou segura se se trata do Alto da Cogruzas.
Cudillero: mar e montaña.
Atopo outra cancela, pero moi doada de abrir.
Aos pés do Pico Carbonín hai unha pequena braña.
Agora xa podo ver outra paisaxe á dereita, outras montañas ao leste.
A braña pola que veño de pasar e as lonxanas montañas.
A pista anterior desemboca na estrada pola que vou ata o final da ruta durante 1,3 km.
Aí está xa a capela de S. Roque, onde teño o coche.
Páxina web consultada:
https://vivecudillero.com/item/pico-ermita-san-roque/