domingo, 16 de novembro de 2025

AO REDOR DO MONTE CARBONÍN DENDE CAPELA DE S. ROQUE (BALLOTA-CUDILLERO)

É a 7ª ruta que fago no concello de Cudillero. As anteriores foron todas costeiras, agás a do Val do Esqueiro que ten unha parte fluvial (a do río Esqueiro) e aínda que tamén pasa pola praia de S. Pedro, é unha ruta dun val interior tal e como o seu nome indica.

A ruta de hoxe é na zona montañosa do concello.

Estou na parroquia de Ballota na que fixen a ruta anterior a esta, pero nesne caso tirei para o mar e agora para a montaña.

Características da ruta: 

Lonxitude: 6,3 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. Imprescindible seguir este track se se quere facer como a fixen eu (aínda que hai unha pequena parte que fixen que non recomendo xa que se pode evitar. Está explicado na descripción do track e explicareino tamén nesta publicación)

O meu track ou percorrido en WIKILOC

Descripción:
A ruta ten inicio e fin na capela de S. Roque que se atopa no monte do mesmo nome. As últimas remodelacións desta capela foron feitas nos S. XIX e XX.

Por aquí pasa o Camiño Norte de Santiago.

No mes de agosto celébrase neste lugar unha romaría.

Capela de S. Roque.

Dende este lugar temos magníficas vistas, na imaxe seguinte por exemplo, vemos ao fondo os acantilados que rodean a famosa "Praia do Silenzo".

Vistas dende a Capela de S. Roque


Na foto seguinte, vese Ballota.
Vivendas en Ballota

Magnífica vista ao Cabo Vídio.
Cabo Vídio ao fondo

Empezo camiñando seguindo a mesma estrada pola que cheguei.

Nun claro á dereita, podo ver esta marabilla de paisaxe!

Despois de camiñar por estrada 900m. pillo un camiño á dereita:

Unha marabilla de paisaxe o que podo contemplar!!


De súpeto atopo un peche con arames pero por un lado pode abrirse.


O mar Cantábrico e dúas pontes: a da autovía e a do tren.


Aló ao fondo, vemos Resellinas, lugar da parroquia de Ballota que está totalmente deshabitado.

Detrás da árbore seca, o Pico Carbonín. Imos en ascenso, pero é suave.

A piques xa de rematar a subida.


Cerca de aquí hai picos coñecidos entre os montañeiros: Paradiella, Palancas...o que se ve na foto non estou segura se se trata do Alto da Cogruzas.


Cudillero: mar e montaña.


Atopo outra cancela, pero moi doada de abrir.


Aos pés do Pico Carbonín hai unha pequena braña.


Agora xa podo ver outra paisaxe á dereita, outras montañas ao leste.


Ao Pé do Pico Carbonín pastaban unhas cabras. (Bueno, máis ben descansaban nese momento)


Neste punto, a ruta que eu levaba planificada continua pola pista pero como vin ese camiño verde ben definido á esquerda, pensei que me levaría ao cume do Monte Carbonín e despois sairía igualmente á estrada. Erro!! O camiño está ben o tramo que se ve na foto, aí remata e xa non hai carreiro, nin camiño, nin nada de nada. Todo era maleza e cordas que non impedían o paso, pero ao ver que non se podía subir porque todo estaba pechado de toxos e maleza, crucei un pequeno monte por unha devasa, desemboquei nun pequeno prado e conectei de novo coa pista que traía. 

  Camiño que non se debe tomar.

Vistas fermosas onde vemos perfectamente o camiño polo que subín antes.




A braña pola que veño de pasar e as lonxanas montañas.


Monte Carbonín. Imposible chegar ao cume. Nin hai un camiño trazado e os toxos  ameazan...


Desemboco deseguida neste prado. Onde se ven os piñeiros, xa está a pista pola que viña antes e que non debín abandonar.


A pista anterior desemboca na estrada pola que vou ata o final da ruta durante 1,3 km.


Aí está xa a capela de S. Roque, onde teño o coche.



Páxina web consultada:

https://vivecudillero.com/item/pico-ermita-san-roque/

































Ningún comentario:

Publicar un comentario