martes, 11 de novembro de 2025

TOLEDO/ POY DU FOU/BODEGA 4 RAYAS

 O sábado, día 1 de novembro pola mañá visitamos Toledo. Non chega dende logo con dedicarlle unha mañá a esta cidade , necesita e merece que se lle dedique máis tempo porque ten moito e moi fermoso para ver. Eu xa a coñecía e por eso sei que nos quedaron bastante lugares máis que ver, pero o programa da viaxe era así.

Toledo é unha cidade que marabilla. Cada unha das súas rúas, palacios, igrexas...garda unha historia mesturada con lendas.

MIRADOR DEL VALLE

- É sen dúbida, o mellor miradoiro e máis fotoxénico de Toledo.

- Dende aí divisamos o Alcázar, a Catedral, a Ponte de Alcántara, o río Tajo...

- Moi preto está a ermida da Virgen del Valle á que cada mes de maio acuden os toledanos en romaría.

- Nós vímolo á primeira hora da mañá, pero as vistas máis fermosas danse ao atardecer cando o sol baña as pedras da cidade, facendo unha combinación e luces e sombras e de noite.

Toledo dende o Mirador del Valle e o río Tajo (Texo en galego)

Cruzamos a PONTE DE S. MARTÍN sobre o Tajo.

- É unha ponte medieval do S. XIII

- A mediados do S. XIV, Pedro I de Castela prendeulle lume ás portas e algúns anos máis tarde volveu sufrir danos.

- Foi restaurada a finais do S. XIV por un arcebispo.

- Volveu restaurarse para ampliala uns séculos máis tarde.

- É de estilo mudexar e está considerado BIC (Ben de Interese Cultural)

- Destacan as grandes torres fortificadas en ámbolos dous extremos.

Ponte de S. Martín (Foto de Xaime Cancio)


Tamén contemplamos dende a Ponte de S. Martín os restos do que chaman
"O BAÑO DA CAVA"
Numerosos eruditos trataron de dar resposta a este enigma arqueolóxico: uns din que é o torreón dunha antiga ponte, outros din que foi un embarcadoiro para as barcas que navegaban polo Tajo e outros din que son os restos do palacio do conde D. Julián. Esto último deu lugar a unha lenda:
"Florinda, hija de D. Julián, el gobernador de Ceuta, fue enviada a Toledo para ser educada en la corte. El rey Rodrigo enamoró de ella y no logrando que le correspondiese la forzó. Florinda escribió una carta a su padre en la que le refería lo ocurrido y le pedía que la vengase. Don Julián acudió a la corte para llevarse a su hija con el pretexto de la enfermedad de su esposa. Cuando estuvo de nuevo en sus dominios trabó contacto con las tropas árabes del norte de África para concertar el destronamiento de Rodrigo. Florinda fue denominada por la tradición «la cava», palabra que deriva del árabe y significa «mujer perdida».
Esta lenda veremola representada esta mesma noite no espectáculo "El Sueño de Toledo"
O Baño da Cava

MOSTEIRO DE S. JUAN DE LOS REYES

- Edificio encargado polos Reis Católicos a Juan Guas en 1476 coa intención de que fose un mausoleo real.
Un incendio durante a invasión francesa de 1808 destrueu o retablo orixinal, a importante biblioteca e o edificio da comunidade que contiña un segundo claustro con decoración plateresca. 
- Tralas desamortizacións do S.XIX, os frades foron exclaustrados e a igrexa convertida en parroquia de San Martín de Tours.
- En 1954 volta a comunidade de franciscanos e en 1977 restaurase  a vida parroquial de San Juan de los Reyes.


Mosteiro de S. Juan de los Reyes

- Este mosteiro é unha das máis valiosas mostras do gótico isabelino.
- Foi tamén construido para celebrar a victoria de Toro e o nacemento do príncipe Juan.
- O mosteiro está situado no barrio da xudería.
Mosteiro de S. Juan de los Reyes

- As cadeas que vemos na seguinte fachada de S. Juan de los Reyes simbolizan aos cristiás liberados do cautiverio musulmán.
- Puxéronnas aí como agradecemento a Deus e aos Reis Católicos.
Cadeas na fachada de S. Juan de los Reyes.

ESCOLA DE ARTE
- Edificio levantado en 1882
- Presencia  omnipresente do ladrillo.


ARCO DA XUDERÍA
- Parece ser que nesta casa viveu o xudío Isaac que tivo no seu poder as xoias de Isabel I de Castela.

Arco da Xudería

- Estamos agora no barrio xudío de Toledo.
- Non podemos esquecer que Toledo é chamada a "Cidade das 3 Culturas" porque aquí conviviron xudíos, arabes e cristiás durante varios séculos.
Rúa do barrio xudío.

- As rúas estreitas e sinuosas responden ás necesidades defensivas e á estructura social da     época.
- O barrio xudío chegou a contar con máis 12000 persoas entre os séculos XII e XIV.  
- Intelectuais, comerciantes, médicos, artesáns contribuiron moito ao esplendor cultural da cidade.
Rúa do barrio xudío.

 - A IGREXA DE SANTO TOMÉ foi fundada despois da reconquista da cidade por Alfonso VI de León. 
- Foi construida no solar dunha antiga mesquita e foi totalmente reedificada no S. XIV porque estaba totalmente en estado ruinoso.
- É famosa esta igrexa por albergar no seu interior o cadro do Greco "O Enterro do Conde Orgaz"

Igrexa de Santo Tomé

Palacio de Fuensalida
- Situado xunto á igrexa de Santo Tomé.
- É a sede da presidencia de Castela-a Mancha.
Palacio de Fuensalida


Igrexa de El Salvador
- É un edificio único no que se pode aprezar a superposición de culturas e estilos que houbo en Toledo con elementos, visigodos, romanos, islámicos, góticos, renacentistas e barrocos.
-Aquí foi bautizada Juana La Loca e o escritor Zorrilla.
- A súa torre correspóndese co almiar dunha antiga mesquita do S. XI.
Igrexa de El Salvador


A  CATEDRAL

- A catedral de Santa María de Toledo, chamada tamén Catedral Primada de Toledoé un edificio considerado como a obra mestra do estilo gótico en España. 
- A súa construcción comezou no S. XIII baixo o reinado de Fernando III o Santo e as últimas realizacións góticas déronse no S. XV  en tempos dos Reis Católicos. 
- Está construída con pedra branca de Olihuelas.
Fachada principal da Catedral de Toledo (Foto de Xaime Cancio)

- A Torre é gótica, con algunha influencia mudéxar. 
- Tras unha elevada base de planta cuadrada, superpóñense catro corpos e por derriba un quinto corpo de menor altura.
- No segundo corpo tiña a súa vivenda o campaneiro e o terceiro sirveu de prisión eclesiástica.

Torre da Catedral

-  A Porta do Perdón (situada no centro) data do S. XV
- O nome desta porta débese a que nun período de tempo determinado, concedíanse  indulxencias aos penitentes que entraban por ela.
-  Na actualidad sempre está pechada salvo en grandes ocasións como é a toma de posesión por parte do novo arcebispo da catedral primada. 
- Ten un gran arco con seis arquivoltas góticas.
- Nas xambas e parteluz represéntase aos doce apóstoles e a Cristo. 
- No tímpano, encuadrado nunha decoración con motivos de castelos e leóns, aparece a Virxe impoñendo a casula a S. Ildefonso.
Porta do Perdón

- Na Praza do Concello, onde está a catedral, temos tamen o concello de frente na foto; e á dereita o Palacio Arcebispal.
- O edificio onde está o concello é do S. XVI, obra do pretixioso arquitecto da época, Juan de Herrera, autor tamén do Mosteiro do Escorial, a Catedral de Valladolid...etc
Edificio do concello frente á catedral

- O Palacio Arcebispal é unha das realizacións arquitectónicas de máis grandes dimensiones da cidade deToledo. 
- Tipolóxicamente, non é un edificio unitario, pois nel superpuxéronse varios estilos artísticos.

-- No S. XIII, Alfonso VIII dona ao arcebispo Rodrigo Jiménez unhas casas situadas enfrente da catedral. 

- Pouco a pouco, este espacio iríase ampliando, por obra dos distintos prelados, que ían sucedéndose na diócese, conformándose o palacio, como tal, de maneira progresiva.


                                                       Palacio arcebispal

-  A Praza  de ZOCODOVER é a máis importante de Toledo.
- O seu nome provén  dunha castelanización do árabe "zoco" ou "mercado das bestias", que facía referencia ao antiguo mercado que se celebraba alí. 
Juan de Herrera deseñou una parte dela en tempos do reinado de Felipe II
Descripción
Español: Plazade Zocodover en Toledo (España).
Inglés: Plaza de Zocodover en Toledo , España.
Fecha
FuenteTrabajo propio
AutorLourdes Cardenal


Dende a Plaza de Zocodover baixamos en escaleiras mecánicas que nos levaron deseguida á parada do bus. No inicio da escaleiras hai un miradoiro chamado "el Miradero" dende temos vistas das aforas de Toledo. 
- O edificio da cúpula que se ve ao fondo é o Hospital de Tavera ou de S. Juan Bautistaimportante edificio de estilo renacentista.
- Foi construido entre 1541 y 1603 por orde do Cardenal Tavera. Este hospital sirveu como panteón para o seu mecenas, o cardenal Tavera. Actualmente é un Museo, un colexio e un archivo ducal da nobleza.



E esto foi o que deu de sí a visita a Toledo, que non foi pouco tendo en conta que só lle dedicamos unha mañá e Toledo non se ve en tan pouco tempo. Faltou moito por visitar:
- O Alcázar e subir a súa torre.
- A igrexa de Santo Tomé por dentro para contemplar o cadro do Greco tan famoso "El entierro del Conde de Orgaz"
- Ver tódalas portas da catedral e visitar o interior
- O  interior da Sinagoga Santa Mª la Blanca.
- A Mesquita "El Cristo de la Luz"...etc

Eu xa é a 2ª vez que visitaba esta cidade. Para os que foron por 1ª vez, ao mellor lles soubo a pouco e terán que volver...ou non...eso xa...alá cadaquén..


Páxinas web consultadas:
https://www.paseostoledomagico.es/
https://www.cervantesvirtual.com/
https://www.turismocastillalamancha.es/


POY DU FOU
A razón de ser desta viaxe foi o que deixamos para o final. O sábado pola tarde fomos a este parque temático  situado a 13 km. de Toledo. Forma parte do grupo francés Poy du Fou e foi estrenado en España en agosto de 2019. O nome significa "La colina de las hayas".
O parque conta con 5 poblados que representan momentos históricos e 8 espectáculos sen contar os inmersivos.
Cando che falan de algo que tes que ver ou visitar, sempre te creas unhas expectativas que ás veces fallan e o que che recomendaron non é do teu agrado ou non é tanto como dicían.
Con este parque ocorre o contrario: as expectativas que un/unha pode ter quédanse curtas. Todo o que che falaron deste lugar é certo, pero en grado moito maior ao esperado. É algo que hai que ver, pois por moito que che conten e que contes deste parque non se é capaz nunca de imaxinar o grandioso, o diferente, o fermoso que é.
As historias que vimos nós diferentes espectáculos recrean momentos históricos que ocorren na cidade de Toledo e o nocturno, El Sueño de Toledo, é un repaso por toda a Historia de España.
E eu digo que as historias contadas son o de menos, o máis destacable é importante é a posta en escena: a música, o son, as luces, os efectos visuais, os decorados, o grandísimo nº de actores...esto é o alucinante!!
Os espectáculos que vimos foron os seguintes:

EL MISTERIO DE SORBACES
Nun lugar escondido en época dos visigodos, celébrase en secredo unha unión prohibida, a dunha muller romana  cun herdeiro ao trono visigodo, pero o rei Recaredo entérase desto e ven a saquear a vila. 
- O espectáculo recrea tamén a conversión dos visigodos ao catolicismo.
- Xunto cun gran despregue de efectos especiais, é o  maior espectáculo diurno ecuestre e o único permanente en España onde se exercita o volteo cosaco (acrobacias sobre os cabalos inspiradas nos xinetes cosacos rusos)
- Están involucrados na representación 70 actores e 25 cabalos.
- Aquí, ata os edificios se moven.
Un pequenísimo vídeo do volteo:



EL TAMBOR DE LA LIBERTAD
En plena Guerra da Independencia Española, a comenzos do S. XIX  Toledo toma as armas para defender a cidade frente ás tropas napoleónicas. 
- Estreouse en 2025.
- Destaca o impoñente escenario reproducindo a tamaño real os edificios daquela época.




CETRERÍA DE REYES
Batalla aérea entre Abderramán III e o conde Fernán González con centenares de aves rapaces. Espectáculo basado na Batalla de Simancas, no ano 939.
- O baile aéreo das aves no final é único no mundo.
- É dunha fermosura e  dunha emoción indescriptibles.




A PLUMA Y ESPADA



- É un dos espectáculos máis recoñecidos do parque e ganou multitude de premios, entre eles o de "mellor espectáculo do mundo"
- Destaca a sua escenografía, efectos visuais e acción.
Este asombroso espectáculo sumerxe aos espectadores nas aventuras de Lope de Vega, quen nesta  ocasión cambia a pluma pola espada e os versos por armas.
- Os efectos visuais do mar que parece que sae da pantalla, as coreografías de bailarines e cabalos bailando sobre a auga, os espadachines saltando polos tellados...todo é grandioso, emocionante e brutal neste espectáculo.


                                                      El ÚLTIMO CANTAR


 Conta a historia de Rodrigo Díaz de Vivar, o famoso cabaleiro español do S. XI,  protagonista do Cantar de Mío Cid.
- A recreación do Cantar de Mío Cid ten lugar no Castelo, edificio principal do parque temático, en cuxo interior os espectadores acomódanse nun círculo xiratorio dende o que contemplan os distintos escenarios que se van sucedendo frente a eles.
A participación de cabalos neste espectáculo inclue dous exercicios únicos no parque: un exercicio de doma no que o cabalo realiza un percorrido a oscuras, e un torneo ou xusta entre dous cabaleiros. A auga tamén ten unha presenza destacada nun final sorprendente.

EL  SUEÑO DE TOLEDO



Do Reinado de Recaredo ás Navas de Tolosa, do descubrimento de América á chegada do ferrocarril; este xigantesco lenzo emociona e transporta aos espectadores a través de 1.500 anos de Historia representada por 200 actores e cuns espectaculares efectos especiais sobre un inmenso escenario de 5 hectáreas.

Foto de Xaime Cancio

- Este espectáculo recibeu varios premios internacionais, destacando o Premio ao Mellor.Espectáculo do Mundo. Tamén lle deron a medalla de Ouro da cidade de Toledo.
Foto de Xaime Cancio

El Sueño de Toledo é considerado como o espectáculo nocturno máis grande de España pola impresionante posta en escena. Cunha producción monumental que involucra a máis de 200 actores, xinetes e acróbatas en escena e efectos visuais de vangarda.

Foto de Xaime Cancio

- É impresionante tamén a banda sonora composta por Nathan Stornetta, recoñecido polo seu traballo na producción musical de Poy du Fou.
Foto de Xaime Cancio

- Stornetta integrou os sons dos órganos da Catedral Primada de Toledo, engadindo unha experiencia auditiva única.
Foto de Xaime Cancio


BODEGA 4 RAYAS

De volta para a casa paramos na bodega 4 Rayas no municipio de La Seca, provincia de Valladolid. Esta vila está no centro da zona D O Rueda.
- Esta bodega foi fundada no ano 1935 como unha Cooperativa. Actualmente a DO Rueda é        lider do viño branco.
- Cuatro Rayas supón o 20% da producción da DO Rueda.
- Os seus socios teñen cerca de 2300 hectáreas de viñedo propio.
(Fotos de Xaime Cancio)





Páxinas web consultadas:

 socios poseen cerca de 2.300 hectáreas de viñedo propio. Desde su creación en 1935, es pionera en la adaptación a las nuevas tendencias en viticultura y procesos de elaboración de vino.
socios poseen cerca de 2.300 hectáreas de viñedo propio. Desde su creación en 1935, es pionera en la adaptación a las nuevas tendencias en viticultura y procesos de elaboración de https://www.magisnet.com/
https://puydufouespana.com/espana/es

Ningún comentario:

Publicar un comentario