Dende o día 31 de outubro ao 2 de novembro, realizamos unha visita a Ávila, Toledo e ao Parque Temático Poy Du Fou nunha viaxe organizada pola Asociación "Amigos das Viaxes" que lidera Xaime Cancio. Teño que dicir que a pesares de que íamos case 170 persoas, a viaxe resultou un éxito en tódolos sentidos. Penso que é un sentir unánime calificar a Xaime como o mellor organizados de viaxes que pode existir.
Quero, antes de empezar os comentarios dos lugares visitados, puntualizar o seguinte:
- Este blog foi creado por min, dedicado sobre todo a Rutas de Sendeirismo e dende hai uns anos, tamén vou escribindo aquí as viaxes que fago. A dirección do blog e o acceso ao mesmo pódese ver pinchando neste ENLACE
- O que aquí escribo é única e exclusivamente responsabilidade miña; non o fago en nome do grupo xa que cadaquén terá unha visión da viaxe que pode ou non coincidir coa que eu teño.
- As fotos que vou publicar son miñas e tamén podo coller algunha das que Xaime manda ao grupo de whatsapp (de ser así, sempre o especifico)
ÁVILA
Que vimos?
Dende o restaurante onde xantamos o 1º día, xa víamos a cidade de Ávila, en concreto a Universidade Católica:
- É privada e tamén coñecida como Universidade Católica Santa Teresa de Jesús de Ávila.
- Naceu como universidade no 1996. No ano 2021 foi incluida pola revista FORBES entre as 20 mellores de España.
- Antigamente, este edificio albergaba un colexio de orfos.
 |
| Universidade Católica Santa Teresa de Xesús |
A MURALLA
- É sen dúbida o monumento máis destacado da cidade.
- É da época medieval e unha das mellores conservadas de Europa desta época (a de Lugo é máis antiga, da época romana, e é a mellor conservada do mundo)
O noso grupo tivemos moita sorte co guía que nos tocou: era un home que sabía transmitir, moi dinámico, dramatizando ás veces o que contaba...
- A muralla ten nove portas, cada unha cunha función e un trazado diferente.
- Na foto seguinte, a Porta de S. Vicente, que xunto coa do Alcázar, foron as primeiras en construirse.
 |
| Porta de S. Vicente |
- A muralla de Ávila ten 2,5 km. de perímetro (algo máis ca de Lugo)
- Para percorrela hai que pagar, algo que de momento non ocorre na nosa de Lugo.
- Cando se estaba construindo a muralla tamén se estaba construindo a catedral. (S. XII)
- A ábside, chamada en Ávila cimorro, quedou entestado na propia muralla sendo un elemento máis do conxunto defensivo (está considerado o máis forte)
 |
| Ábside ou cimorro da catedral, formando parte da muralla |
- A muralla, o casco antigo e varias igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO en 1985.
- A seguinte porta que vemos é a do Peso da Fariña que dá acceso á Praza da Catedral. Foi aberta no S. XVI e antigamente daba acceso á Palacio Episcopal.
- Está moi cerca da Casa das Carnicerías. Nesta vivenda gardábase o Pote de Ávila que servía para medir o gran e que foi empregado durante séculos como patrón.
 |
| Porta do Peso da Fariña |
A Porta da Santa ou Montenegro é a entrada á Praza da Santa.
 |
| Porta da Santa |
A CATEDRAL.
- Foi proxectada como templo e fortaleza, sendo a súa ábside un dos cubos da muralla da cidade.
- A construcción, mezcla de estilos gótico e románico, data do S. XII e está considerada como a primeira catedral gótica de España.  |
| Fachada oeste da Catedral de Ávila (Foto de Xaime Cancio) |
- A entrada pola porta da anterior fachada (Porta Occidental) é un arco de medio punto decorado con motivos florais.
-Vemos dúas figuras chamadas Gog e Magog que intimidan ao visitante para que manteñan unha boa conducta dentro da catedral.
 |
| Porta da fachada occidental con Gog e Magog |
A PRAZA DO MERCADO CHICO OU PRAZA MAIOR:
- Atópase no centro da cidade con soportais en 3 dos seus catro lados.
- Nesta praza están o concello e a igrexa de S. Xoán.
 |
| Praza do Mercado Chico ou Maior (Foto de Xaime Cancio) coa igrexa de S. Xoán. |
O edificio do concello na Praza do Mercado Chico.
 |
| Edificio do concello na Praza do Mercado Chico |
TORREÓN DOS GUZMANES.
- A imaxe seguinte corresponde á Deputación de Ávila que ten a sede na Torre dos Guzmanes, edificio histórico declarado BIC(ben de Interese Cultural)
- O Torreón dos Guzmanes é do S. XVI. Nunha visita á cidade, Alfonso XII aloxouse neste lugar.
- Ao pé do Torreón, vemos unha estatua de S. Juan de la Cruz nacido na provincia de Ávila e que un relixioso místico, poeta e cofundador xunto a Santa Teresa dos Carmelitas Descalzos.
 |
| Torreón dos Guzmanes |
O edificio da Delegación de Hacienda nada ten que ver cos típicos edificios administrativos sen personalidade. Este tena e moitaaa!
BASÍLICA E CASA NATAL DE SANTA TERESA.-
- Se falamos de Ávila, ademais da muralla, tamén se nos vén á cabeza o nome de Santa Teresa de Xesús.
- Naceu nesta cidade no S. XVI e foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. - Fundou a Orde dos Carmelitas descalzos.
- O templo que vemos foi construido no S. XVII supostamente sobre a casa natal de Santa Teresa e no ano 2022 foille concedido o título de Basílica Menor; o mesmo título que ten a igrexa de S. Martiño de Mondoñedo (Foz), que é basílica dende 2007.
NON, nesta habitación non naceu Santa Teresa, esta é unha réplica da mesma recreada polos Carmelitas Descalzos usando elementos da época que dende logo pareceríanse bastante. Este espazo abreuse ao público no 2014 e antes había aí unha capela.
"Sobre el suelo desgastado, de unos 150 años, según ha explicado el prior del convento, David Jiménez, se han colocado una cama con pilares de madera, un baúl, un escritorio, una jofaina y un brasero dorado, entre otros elementos del siglo XVI procedentes de conventos de Ávila, Toledo y Medina del Campo.
El encargado de la reproducción ha sido el carmelita de Toledo Ricardo Plaza, siguiendo los esquemas existentes de cómo podía ser una alcoba en una casa señorial en aquella época"
- O teito da capela do Convento é unha bóveda en relevo pintada e dourada que foi restaurada xa que estaba moi deteriorada polo fume das velas, goteiras...
- Nas vidrieiras que vemos hai escenas da vida de Santa Teresa. A de abaixo representa o momento cando Santa Teresa sendo unha nena intenta fuxir co seu irmán para buscar o martirio. Un tío deles, dase conta cando xa estaban fóra das murallas e fainos voltar.
- Gregorio Fernández foi un escultor nacido en Sarria no S. XVI considerado pola crítica o máximo expoñente da Escola de Valladolid.
- Nesta cidade tivo un importantante obradoiro con varios aprendices e colaboradores.
- Traballou por todo o norte de España, Castela e León, Extremadura e mesmo norte de Portugal.
- Morreu en Valladolid.
Pois deste escultor galego vimos estas obras na Basílica /Casa natal de Santa Teresa:
Santa Teresa de Xesús:
Santa Teresa en éxtasis místico.
Cristo atado á columna, coñecido popularmente como "O Amarrado" e no que destaca a súa expresiva mirada.
Vimos tamén unha reliquia de Santa Teresa, o dedo meñique. Non lle saquei ningunha foto. Non me gusta nada eso de que descuarticen o corpo dunha persoa por moi santo ou santa que sexa para ir deixando os restos nunhas igrexas e outras. Paréceme unha barbaridade, un negocio nalgún caso ese costume que se facía no pasado e por riba, en nome dunha relixión.
BASÍLICA DOS SANTOS IRMÁNS VICENTE, SABINA E CRISTETA
- A Basílica dos Santos Irmáns Vicente, Sabina e Cristeta é máis coñecida como Basílica de S. Vicente. - É un templo románico, o de maior importancia e tamaño despois da catedralOutra imaxe da basílica de S. Vicente:  |
| Basílica de S. Vicente |
PALACIOS:
- O Palacio do Rei Neno foi construido no S.XII como Palacio Episcopal.
- O nome venlle dado porque o rei Alfonso XI se refuxiou aí sendo neno.
- Hoxe, dese antigo edificio pouco máis se conserva que a portada xa que foi derribado no S. XVI para construir o edificio de Correos.
- Na actualidade alberga tamén a Biblioteca Pública.
 |
| Palacio do Rei Neno |
- Palacio de Blasco Núñez Vela que tamén é BIC (Ben de Interese Cultural)
- Atópase na Praza de Santa Teresa. Ten unha porta e un patio interior en estilo renacentista.
 |
| Palacio Blasco Núñez Vela |
- O Palacio de Superunda está considerado Ben de Interese Cultural (BIC)
- É do S. XVI.
- Debe o seu nome ao Conde de Superunda que o herdou no S. XIX.
- No ano 2016 este palacio foi adquirido polo pintor italiano Guido Caprotti e alberga gran cantidade das súas pinturas
 |
| Palacio de Superunda |
Palacio dos Almarza.
- A súa construcción situase a finaisdo S. XV coincidindo co gran apoxeo da arquitectura civil.
 |
| Palacio dos Almarza |
- O Palacio Dávila foi construido no S.XIII, co mesmo material granítico que a muralla.
- Iránselle engadindo elementos ata o S.XVI.
 |
| Palacio Dávila |
IGREXA DE S. IGNACIO DE LOIOLA.-
- É unha igrexa dos Xesuitas instalada no que foron as casas de Navamorcuende
- A pesares das transformacións que leva sufrido nótase ben que foi unha casa nobiliaria.

O VERRACO DAS COGOTAS
- É unha escultura de pedra con forma de animal (concretamente un verraco, ou porco reproductor)
 |
| Verraco das cogotas |
ESTATUA DE ADOLFO SUÁREZ
- Naceu en Ávila e está enterrado na catedral xunto á súa muller. - Foi o 1º presidente español da democracia, dende 1976 a 1981.
 |
| Adolfo Suárez (Foto de Xaime Cancio) |
MONUMENTO A TERESA DE JESÚS
- Ao pé da Porta de Alcázar atopamos este conxunto escultórico xunto a outras figuras que son anxos.
- Foi inaugurada polo Papa J. Pablo II en 1982 durante a súa visita a esta cidade con motivo a Clausura do IV centenario da morte de Santa Teresa.
PRAZA DO MERCADO GRANDE.-
- Esta é outra praza emblemática da cidade.
- A orixe desta praza remóntase á I. Media configurándose como un punto comercial importante fóra da muralla.
- Durante séculos foi o corazón económico de Ávila pola celebración de feiras.
- Segue a ser actualmente un centro neurálxico da vida pública dos abulenses.
- A praza é moi grande e ten ao fondo a fermosa igrexa románica de S. Pedro, á esquerda da foto hai soportales que non saen.
- Á dereita construiron ese horroroso edificio que aínda que é autoría do gran arquitecto Rafael Moneo, non pega aí para nada e case "doen os ollos" ao mirar semellente monstruo na fermosa praza.
 |
| Praza do Mercado Grande |
Páxinas web consultadas:
https://www.terranostrum.es/
https://www.monumentalnet.org/index.php
https://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_%C3%81vila
https://catedralavila.es/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Gregorio_Fern%C3%A1ndez
https://es.wikipedia.org/wiki/Palacio_de_los_Superunda
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
Ningún comentario:
Publicar un comentario