Do 20 ao 24 deste mes de agosto, un grupo de case 100 persoas viaxamos á capital de Hungría para coñecer Budapest e algunha vila máis, nunha viaxe organizada por "Amigos da Viaxes" ao frente da que está Xaime Cancio.
Antes de empezar co máis reseñable da viaxe, quero comentar que as fotos que ides ver son miñas e se poño algunha de outra persoa, farei referencia á autoría. Non veredes nelas persoas do grupo, a non ser que estean collidas de moi lonxe ou de costas; este blog está en Internet rutasdesendeirismoblogpost.com , é público e pode velo todo o mundo polo que pode haber xente que non queira sair en fotos que poda ver calquera. Polo tanto cunha aplicación de IA (Intelixencia Artificial) quito as persoas das fotos polo tema da protección de datos.
XOVES, día 20
Chegamos a Budapest xa para xantar a mediodía e despois fixemos un percorrido pola zona histórica de Buda e esperamos a ver o espectáculo visual de luces e son.
Antes do espectáculo, poidemos pasear e coñecer, xa practicamente toda, a chamada "Zona do Castelo" onde había instalados moitísimos postos de artesanía.
O día 20 de agosto é a Festa Nacional de Hungría na que se celebra a fundación do estado húngaro por parte de Estebán I que foi proclamado santo no ano 1083 e convirteu ao país ao cristianismo.
Para celebrar este día hai desfiles, concertos e a gran atracción é o espectáculo de fogos de artificio, proxeccións de luz e exibicións con drons ao pé do Danubio.
![]() |
| Espectáculo visual con motivo da Festa Nacional de Hungría |
Este espectáculo visual ao aire libre presentouse cunha producción audiovisual de media hora.
![]() |
| Espectáculo visual con motivo da Festa Nacional de Hungría |
Sobre os edificios máis emblemáticos da cidade tivo lugar esta proxección dende a que participaron dende o aire 2000 drons.
![]() |
| Espectáculo visual con motivo da Festa Nacional de Hungría |
O lema da Festa este ano foi "Mil anos xuntos en Europa" celebrando a historia húngara.
![]() |
| Espectáculo visual con motivo da Festa Nacional de Hungría |
Venres, 21.
PRAZA DA TRINIDAD
A Praza da Trinidade é o punto de partida para visitar o distrito do Castelo de Buda, ademais de ser o corazón histórico e o punto máis alto da colina.
Nesta praza atopamos:
IGREXA MATÍAS
É imposible non identificala porque a esbelta figura da súa torre sobresae sobre a cidade. Estamos ante unha igrexa católica que viveu diferentes etapas porque, durante un tempo superior ao século e medio que coincideu coa ocupación de Budapest polos turcos otomanos, transformouse en mesquita. Foi construída entre os séculos XIII e XV en tempos do rei Béla IV (1º rei que mandou construir un palacio na cima desta montaña xunto a unha aldea) en honor á Virxe María e en estilo gótico tardío.
![]() |
| Igrexa de Matías |
O nome de “Iglesia de Matías” venlle dado do rei húngaro Matías Corvino, quen cara a 1470 restaurou e reformou esta igrexa..
![]() |
| Igrexa de Matías |
A forma que conserva na actualidade o templo, é producto da súa última gran restauración, de finais do S.XIX. No interior da igrexa de Matías hai excelentes pinturas ao fresco e unhas vidrieiras realizadas polos maiores artistas da época.
![]() |
| Igrexa de Matías |
![]() |
| Igrexa de Matías coa tumbas de Bela III e a súa esposa. |
Nin un oco queda sen decorar nesta femosa igrexa, destacando as figuras xeométricas
![]() |
| Igrexa de Matías |
Esta igrexa e Patrimonio Mundial da UNESCO dende 20002.
Debido á excelente acústica que ten o interior da Igrexa de Matías, celébranse periódicamente concertos de órgano e de música clásica. Realízanse no mesmo escenario onde durante séculos se coroaban os reis de Hungría e se celebraban as vodas reais. Por eso, a igrexa de Matías é unha das máis célebres e visitadas de Budapest.
![]() |
| Igrexa de Matías |
Unha pía bautismal preciosa nunha capela lateral, diante dunha interesante vidrieira coñecida como "Cordero de Dios"
![]() |
| Pía bautismal na Igrexa Matías |
Diante da igrexa anterior vemos a COLUMNA DA SANTÍSIMA TRINIDAD, construída no S. XVIII en agradecemento polo fin dunha grave epidemia de peste que afectou á cidade no 1713. A estructura actual inclúe elementos restaurados tras sufrir danos na II Guerra Mundial.
Detrás da columna hai un fermoso edificio neogótico que foi no pasado o MINISTERIO DE FINANZAS REAL. Actualmente alberga oficinas gubernamentales do Ministerio do interior.
![]() |
| Columna da Santísima Trinidad e detrás o que foi Ministerio de Finanzas Real |
CASTELO DE BUDA
Durante a ocupación turca, o castelo foi destruido case por completo, pero os gobernantes Habsburgo esforzáronse por devolverlle o seu esplendor orixinal. Sen embargo, a II Guerra Mundial volveu provocarlle graves danos. Na segunda metade do S. XX, unha ampla restauración devolveu a vida ao castelo. Na actualidade, o complexo converteuse nun moderno centro cultural que alberga o Museo de Historia de Budapest, a Galería Nacional Húngara e a Biblioteca Nacional Széchenyi.
![]() |
| Palacio Real. |
![]() |
| Porta dos Leóns |
Durante a II Guerra Mundial, o castelo quedou gravemente danado, case en ruinas. Os soviéticos aproveitaron o estado do complexo para «arreglalo» á súa maneira. Eso supuxo que se perdese un gran número de obras, edificios, e decoracións orixinais.
No S. XX, o goberno de Hungría decide crear o programa nacional Hauszmann que ten como obxectivo reconstruir e restaurar tódolos edificios do complexo do castelo de Buda, seguindo os planos orixinais de antes da guerra..
Este programa empezou en 2019, e estímase que rematará en 2030.
![]() |
| Palacio Real. |
SALÓN REAL DE EQUITACIÓN
Este edificio comenzouse a construir en 1899, e rematouse en 1902.
Durante a II Guerra Mundial, o Salón Real de Equitación foi gravemente danado polos bombardeos, e posteriormente, o gobierno comunista destrueu o que quedaba do edificio.
En 2016 empezouse a reconstruir o edificio e no 2021 volveu abrir as súas portas.
Actualmente, non se pode acceder ao interior de visita, xa que é una sala de eventos.
![]() |
| Salón Real de Equitación |
Segundo di a lenda, o Turul apareceuselle en soños a Emese (esposa dun príncipe húngaro do S.IX) antes de que dera a luz ao seu fillo. Este neno acabou sendo o pai do xefe da tribu máis importante das sete que fundaron a nación: a casa Árpád.
![]() |
| O Turul |
A PORTA DOS HABSBURGO é un impoñente arco monumental de principios do S. XX. Destaca pola súa ornamentación e impresionante traballo en ferro forxado. Nunha esquina vemos encaramado ao paxaro Turul.
![]() |
| Porta dos Habsburgo |
EDIFICIO DA GARDA REAL.-
No edificio da Garda Real aloxábanse os gardas responsables da vixiancia e protección do Palacio Real, e polo tanto, da protección da familia real.
Sen embargo, co paso dos anos, e especialmente durante a II Guerra Mundial, o edificio sufreu moitísimos danos e, finalmente, foi derrubado.
Por eso, o edificio que se ve actualmente non é o orixinal, senón unha reproducción exacta do que foi no seu día o edificio da Guardia Real. As obras do edificio actual remataron en 2020
No seu interior hai unha exposición permanente sobre a historia da Guardia Real húngara e un restaurante.
![]() |
| Edificio da Garda Real. |
FONTE DE MATÍAS.-
Trátase dunha das fontes máis populares de Budapest. Nesta fonte, de estilo neobarroco, pódese ver ao rei Matías Corvino nunha escena de caza.
Fue inaugurada en 1904 en presencia do Rei Francisco José I de Austria.
Matías Corvino foi un rei húngaro moi importante na historia do país, xa que fomentou a arte, a ciencia, creou un exército profesional e creou a biblioteca Corviniana, unha das bibliotecas máis grandes da Europa do Renacemento
![]() |
| Fonte de Matías |
ESCALEIRAS STÖCKL
Estas escaleiras foron construidas en 1896
![]() |
| Fonte dos Nenos Pescadores |
![]() |
| Palacio da Cruz Vermella. |
O PALACIO SÁNDOR funciona dende 2003 como residencia oficial do Presidente de Hungría.
![]() |
| Bastión dos Pescadores |
![]() |
| Praza dos Heroes |

Castelo de Vajdahunyad
![]() |
| Castelo de Vajdahunyad |
![]() |
| Palacio de Xeo |
![]() |
| Estatua do Conde Sándor. (Foto de Xaime Cancio) |
![]() |
| Estatua de Anonymus |
Xusto ao lado do Castelo de Vajdahunyad atópase a famosa IGREXA DE JÁK. Un templo que constitúe unha réplica da iglesia benedictina da zona de Ják, cerca da fronteira que separa o país húngaro de Austria. O templo orixinal databa do año 1214, e estaba considerado como unha das representacións máis impresionantes da arte románico no país.
Hoxe en día, este templo tamén é unha capela católica na que tenen lugar misas cada domingo dos meses de primavera e outono.
![]() |
| Igrexa de Ják |
A CATEDRAL BASÍLICA DE S. ESTEBAN é o edificio relixioso máis grande de Budapet e o templo católico máis importante de Hungría. Destaca pola impoñente arquitectura neoclásica e por albergar importantes tesouros espirituales e históricos do país.
A cúpula panorámica: Con 96 metros de altura, empata exactamente co Parlamento húngaro para simbolizar a igualdade entre Igrexa e Estado
![]() |
| Catedral- Basílica de S. Esteban |
Nunha das súas capelas custodíase a man dereita momificada e incorruptible do rei San Esteban, o fundador de Hungría.
![]() |
| Catedral- Basílica de S. Esteban |
A ÓPERA
![]() |
| Ópera de Budapest |
A ACADEMIA HÚNGARA DAS CIENCIAS é a instituación científica máis importante e prestixiosa de Hungría.
![]() |
| Academia Húngara de Ciencias |
Este día atravesamos a emblemática PONTE DAS CADEAS. É este o monumento máis icónico da cidade e a ponte máis antiga que une as dúas beiras do Danubio conectando Buda con Pest.
![]() |
| Ponte das Cadeas |
![]() |
| Ponte das Cadeas |
Páxinas web consultadas:
https://es.euronews.com/
https://www.barcelo.com/guia-turismo/es/
https://budapestenespanol.com/castillo-de-buda/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada














































