venres, 28 de agosto de 2026

RECODO DO DANUBIO/PARLAMENTO E OUTROS MONUMENTOS (HUNGRÍA)

 Día 22, sábado.-

(Varias das fotos que aparecen nesta entrada, son obra de Xaime Cancio e as demais son miñas. Para a identificación de algún edificio que descoñecía empreguei o Google Lens)

O Recodo do Danubio  é unha das zonas máis fermosas que forma este río xusto na fronteira entre Hungría e Eslovaquia formando meandros e xirando bruscamante cara ao sur para ancamiñarse a Budapest.


A 50 km. de Budapest atopamos a cidade de ESZTERGOM, que dende a fundación de Hungría se convirteu na residencia do arcebispo de Esztergom, o máis alto representante da Igrexa Católica no país. O seu protagonismo foi clave na historia húngara.

Unha das figuras máis relevantes da época moderna húngara foi o arcebispo József Mindszenty, quen asisteu ao pobo húngaro durante a Segunda Guerra Mundial. Posteriormente foi arrestado e torturado por máis dunha década polo goberno soviético. Despois da revolución de 1956 logrou liberarse e escapar á embaixada norteamericana. Morreu en 1975, sendo un símbolo de unidade e esperanza para os húngaros de todo o mundo.

BASÍLICA DE ESZTERGOM (Catedral de S. Adalberto)

É a igrexa máis grande e o edificio máis alto de Hungría. Ubicada  sobre unha colina ás beiras do río Danubio, é a sede da Igrexa Católica en Hungría e o corazón espiritual do país.

Basílica de Esztergom

Poidemos ver a basílica por dentro:
Basílica de Esztergom (Foto, Xaime Cancio)

O Órgano da Catedral desta basílica é o instrumento máis grande de Hungría. Ten 5 manuais e  pedal e 235 rangos en 145 rexistros.
Órgano da basílica

Un detalle da cúpula.
Cúpula da Basílica de Esztergom

Na seguinte foto (tomada dende a praza da basílica) vemos en 1º termo o PALACIO ARCEBISPAL e a IGREXA DE S. IGNACIO, templo barroco construido pola orde dos Xesuitas, situado xunto ao Palacio arcebispal. Funcionou como catedral provisional de Hungría entre 1820 e 1856, mentras seremataba a gran Basílica de Esztergom.
A ponte que vemos, é a PONTE MARÍA VALERIA  que une Hungría e Eslovaquia. Esta ponte sufreu graves danos en dúas ocasións. A primeira detonación ocurreu en 1919.A destrucción máis catastrófica tivo lugar en 1944, cando as tropas alemanas en retirada dinamitaron os seus tres arcos centrais. Durante case 57 anos, a ponte permaneceu intransitable. As tensiones políticas e intransixencias entre os rexímenes comunistas de Hungría e Checoslovaquia impidiron a súa reparación, obligando aos cidadáns a cruzar o río en transbordador.
Foi reconstruído e reinaugurado de novo no 2001
Palacio arcebispal e Igrexa de S. Ignacio (Esztergom)

A ESTATUA DA COROACIÓN DE S. ESTEBAN , xusto detrás da basílica, é impoñente e representa a coroación de Esteban (1º rei de Hungría) polo arcebispo, simbolizando tanto a fundación do Estado húngaro como a conversión e adopción do cristianismo.

Mide 12 metros de altura e está tallada en pedra caliza. Foi inaugurado o 15 de agosto de 2001

Coroación de S. Esteban

VISEGRAD.- Aquí  xantamos este día no restaurante Palotaház, emblemático lugar que destaca pola súa ambientación medieval e a súa gastronomía tradicional, por eso tivemos a opción de probar a famosa sopa goulash e o estofado de cervo ao viño tinto.

Restaurante Palotaház,

Unha fonte da que brota viño en lugar de auga, no restaurante.



En Visegrad só estivemos no restaurante anterior, non visitamos a vila pero estiven lendo que tampouco merece moito a pena.


STEZENDRE
É unha pintoresca cidade coñecida popularmente como "A cidade dos Artistas" debido ao seu ambiente bohemio, as coloridas casas e á vida cultural.
Había moitos turistas nesta vila e polo tanto moitas tendas para mercar recordos.

                                            Rúa en Stezendre

Stezendre destaca polas súas coloridas casas.
    Rúa en Stezendre

Todos íamos pola rúa central que estaba case saturada de xente, en cambio nas rúas transversais non había ninguén.

  Rúa en Stezendre

  Rúa en Stezendre

 Szentendre sirveu durante séculos como un gran refuxio para familias serbias  comerciantes que fuxían da invasión otomana.

  Rúa en Stezendre

  A Praza é o  corazón da localidade, rodeada de antigas casas que albergan hoxe galerías de arte, museos, tendas de artesanía e cafés acolledores.

A Praza principal

A CRUZ DOS COMERCIANTES OU DA PESTE é o monumento máis famoso da Praza principal. 

Foi levantada no S. XVIII como unha ofrenda de gratitude por terse salvado dunha epidemia de peste.

Cruz da Peste (Foto de Xaime Cancio)

A CATEDRAL DE BELGRADO  é unha igrexa ortodoxa do S. XVIII coñecida oficialmente como Catedral da Dormición da Nai de Deus.

Foi construida por refugiados serbios que fuxiron de Belgrado despois da Gran Guerra Turca.

Catedral de Belgrado

VISITA AO PARLAMENTO 

Pola tarde deste mesmo día, tíñamos reserva para visitar o interior do Parlamento de Budapest.

O Parlamento húngaro  é probablemente o edificio máis coñecido  de Budapest. O edificio é o centro da lexislatura húngara e doutras institucións, como a biblioteca do Parlamento. Atópase  xunto á beira do Danubio, coa entrada principal atopada na Praza Kossuth.

O edificio foi construído entre 1885 e 1904

Parlamento húngaro en Budapest

É o 2º Parlamento máis grande de Europa, por detrás do de Bucarest. Mide 268m de largo. Conta con 691 habitacións.

Parlamento húngaro en Budapest (Fermosa foto de Xaime Cancio)

A PRAZA KOSSUTH  é o centro simbólico e político de BudapestLeva o nome de Lajos Kossuth, héroe nacional e líder da Revolución de 1848 contra los Habsburgo. Ademáis da súa imponente beleza monumental, a praza foi testemuña dos eventos máis significativos, festivos e tráxicos da historia húngara.

Na praza atopamos importantes estatuas ecuestres e conxuntos escultóricos que homenaxean a figuras esenciales del país. Case todas elas foron destruidas durante a II Guerra Mundial ou ben despois durante o Rexime Comunista. Foron reconstruidas en anos recentes.

Na foto seguinte, estatua de GYULA ANDRÁSSI primeiro ministro de Hungría no último cuarto do S. XIX

Estatua de Gyula Andrassi na Praza Kossuth

O MONUMENTO A KOSSUTH frente ao edificio do Parlamento está dedicado ao expresidente húngaro Lajos Kossut. O monumento é un importante símbolo nacional húngaro e escenario de celebracións oficiais.

Monumento a Lajos Kossuth (Foto de Xaime Cancio)
 

O monumento a TISZA ISTVÁN  é  un impoñente conxunto escultórico ubicado na Praza Kossuth Lajos. Rinde homenaxe ao conde Esteban Tisza (István Tisza), quen foi primeiro ministro de Hungría en dúas ocasiones e unha figura clave durante a I Guerra Mundial

Conta con 12 figuras de bronce distribuidas nas súas catro caras. As estatuas individuais superan os 5 metros de altura. 

A estatua principal mostra a Tisza mirando cara ao Parlamento. O monumento está coroado por un gran león de pedra, que simboliza a traxedia e a resistencia da nación frente á guerra.

Monumento a Tizsa István (Foto de Xaime Cancio)

O INTERIOR do Parlamento é unha das obras máis maxestuosas de Europa cunha mestura de estilos: neogótico, renacentista e barroco.

Para a súa decoración empregáronse cerca de 40 kilos de ouro de 23 quilates, millóns de ladrillos e unha inmensa cantidade de mármore e pedras preciosas.


                                       Interior do Parlamento
 A Escaleira Maior é a impresionante carta de presentación do edificio durante as visitas guiadas. Conta con 96 escalóns cubertos por unha alfombra vermella presidencial, flanqueada por columnas de mármore, estatuas alegóricas, teitos decorados...

  Interior do Parlamento

A Antigua Cámara Alta ábrese exclusivamente para os percorridos turísticos, mentras que a Cámara Baixa úsase para a política activa.

 Interior do Parlamento

Artiluxio onde os deputados poñían os seus puros cando fumaban.

PALACIO DE XUSTICIA

Situado frente ao Parlamento, foi construído a finais do S. XIX e ao longo dos anos mudou varias veces de función. Actualmente, atópase nun proceso de restauración co obxectivo de que volva a ser a Sede do Tribunal Supremo.

Palacio de Xusticia

O corazón xeométrico e espiritual do Parlamento é a Sala da Cúpula. Baixo unha imponente cúpula de 96 metros de altura custodiase a Santa Corona de Hungría (Corona de San Esteban), custodiada permanentemente por dous guardias de honor con uniforme de gala.

(Está estrictamente prohibido tomar fotografías ou grabar vídeos dentro desta sala específica)

ZAPATOS ÁS BEIRAS DO DANUBIO

A escasos 300m. do Parlamento atópase un dos memoriais máis conmovedores e tráxicos do holocausto xudío en Europa.

Este espacio rinde homenaxe aos miles de personas —na súa gran maIoría Xudíos húngaros— que foron asasinados nese mesmo lugar por milicianos fascistas do Partido da  Cruz Flechada entre finais de 1944 e principios de 1945.

Zapatos ao pé do Danubio
 
Os milicianos ataban ás vítimas en parellas ou grupos e dábanlles a orde final de quitar os zapatos antes de fusilalasEsto respondía a un frío cálculo económico: o calzado era un ben moi valioso e escaso durante a II Guerra Mundial, polo que era roubado para a súa posterior revenda no mercado negro.

Inaugurado o 16 de abril de 2005, a obra consta de 60 pares de zapatos de ferro fundido, esculpidos ao detalle e ancorados ao chan ao longo duns 40 metros de paseo. 

Zapatos ao pé do Danubio

O PALACIO ANKER é un dos edificios históricos máis monumentales e chamativos do centro de Budapest. Foi edificado a principios do S. XX para albergar as oficinas principais dunha compsñia de seguros e apartamentos residenciais de luxo. Ten un marcado estilo acléctico combinando elementos neoclásicos, barrocos e Art Nouveau.
Destaca o seu tellado piramidal, as súas robustas columnas dóricas na entrada e dúas chamativas esculturas de mulleres cos brazos extendidos situadas no tellado, que simbolizan o paso do tempo.

Palacio Anker. (Foto de Xaime Cancio)

A IGREXA DE SANTA ANA  DE PEST.-  Hai outra igrexa en Budapest dedicada a Santa Ana enfronte do Parlamento, no lado de Buda; esta está no centro histórico de Pest. 
Foi edificada orixinalmente pola orden dos servitas no S. XVIII, situándose sobre un antigo hospital medieval que os otomanos convertiran en mesquita. A diferencia da de Buda, esta iglexa conta cunha soa torre central na súa fachada.

Igrexa de Santa Ana en Pest (Foto de Xaime cancio)

Dise que a rede tranvías de Budapest é unha das máis extensas e eficientes do mundo. A liña 2 no lado de Pest está calificada por National Geographic como unha das rutas en tranvía máis fermosas do mundo. Bordea por completo as beiras do río Danubio e ofrece vistas frontais impresionantes ao Castelo de Buda, a Ponte das Cadeas e déixate xunto ao  Parlamento.

Tranvía en Budapest

O TÚNEL DO CASTELO DE BUDA é un emblemático túnel urbano de 350m. de longo que atravesa a colina do Castelo de Buda.
 Pasa exactamente por debaixo do complexo do Castelo de Buda.
A fachada oriental que dá ao Danubio destaca pola súa impoñente arquitectura de estilo clásico.
Por este túnel pasamos camiñando cara ao noso hotel en Buda, en dúas ocasións.
Túnel do Castelo de Buda

O PALACIO VIGADÓ é a segunda sala de concertos máis grande de Budapest, un impoñente edificio histórico e centro cultural interdisciplinario situado ao pé do Danubio. 
Inaugurado en 1865, foi construído sobre as ruinas do antigo teatro Redoute, destruido durante a Guerra de la Independencia de 1848. É un lugar simbólico porque alí naceu a Budapest unificada en 1873.
O seu escenario albergou banquetes reais de coroación e concertos históricos de compositores lexendarios como Franz Liszt, Johannes Brahms, Richard Wagner e Claude Debussy
Palacio Vigadó (Foto de Xaime Cancio)

A CASA DO BANCO TURCO  é un  edificio de estilo Art Nouveau  de principios do S. XX. É famoso polo ornamentado mosaico de vidro que coroa o seu frontón superior.

Casa do Banco Turco (Foto de Xaime cancio)

Páxinas web empregadas:

https://panavision-tours.es/viajes/recodo-del-danubio/

  •  Esta publicación foi redactada coa asistencia de ferramientas de intelixencia artificial para organizar a información que foi revisada, editada e verificada por min.

















  • Ningún comentario:

    Publicar un comentario