Amosando publicacións coa etiqueta Soria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Soria. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de outubro de 2021

SORIA: S. ESTEBAN DE GORMAZ, CUBILLOS E SANTO DOMIGO DE SILOS (BURGOS)

 S. Esteban de Gormaz, que conta con apenas 3000 habitantes, é un concello da provincia de Soria declarado Conxunto Histórico Artístico e que está situado no Camiño do Cid cando este ía ao desterro.

Praza Maior

Unha rúa porticada.
 

Vista de S.Esteban co castelo e a igrexa de S. Miguel ao fondo.



A igrexa de Nosa Señora do Rivero é románica, do S. XII e está situada nun alto. Chamou moito a nosa atención a galería porticada que ten.
Igrexa de Nosa Señora do Rivero

Algunha rúas son estreitas, conservando o trazado que teñen dende hai séculos.

Unha rúa de S. Esteban de Gormaz.
 
CUBILLOS.-
Soria é a provincia con menos habitantes de España. A partires dos anos 60 tivo lugar un éxodo rural nesta provincia que non deixou de aumentar dando lugar a  que actualmente Soria conta con moitas aldeas e vilas abandonadas.
Indo pola estrada, de camiño non lembro a onde, vimos de súpeto unhas casas abandonadas que chamaron a nosa atención. Paramos e, case mesmo á beira de estrada, paseamos por unha aldea totalmente abandonada, coa maioría das casas xa en ruínas, incluída a igrexa. Démonos conta de que xa había tempo de que alí non vivía ninguén.
Non lembraba o nome pero buscando e rebuscando en Internet din con fotos igualitas ás que eu conservo e conseguín o nome da aldea: Cubillos
Ao redor de 80 persoas viviron nas 24 casas que formaban a poboación.
Entrada á vila dende a estrada

O cura que oficiaba a liturxia viña dende Cubilla, municipio ao que pertencía Cubillos. A igrexa veneraba a Asunción de Nosa Señora. As festas patronais en honor de S. Lucas, celebrábanse o 18 e 19 de outubro.
As campás da igrexa consérvanse nun Museo de O Burgo de Osma

 Nos anos 60  o campo e a gandaría xa non daban o suficiente para manter as familias e os máis novos empezaron a emigrar a Barcelona, Madrid e Soria capital. As tres últimas familias que quedaban, en 1970 fóronse vivir a Cubilla.
Casas que tiveron vidas e historias, hoxe totalmente abandonadas

Nestes campos labrábase trigo, avea, centeo e cebada. Vacas, ovellas e cabras formaban a gandaría. Abundaban moito tamén os cogomelos.
Sobrecollía o silenzo ao pasear entre estas casas

SANTO DOMINGO DE SILOS.-
E para rematar a nosa viaxe a Soria e provincia, camiño xa de Galicia, paramos en Santo Domingo de Silos que xa pertence á provincia de Burgos.
Santo Domingo de Silos é unha vila e un mosteiro que sempre camiñaron xuntos. O mosteiro remóntase ao S. X cando o monxe Domingo Manso que provén de S. Millán de La Cogolla chega a este lugar e restaura o mosteiro e dá orixe a un movemento espiritual e cultural. A grandiosidade do claustro e a vida dos monxes traspasou fronteiras.
Mosteiro de Santo Domingo de Silos
A muralla que queda en pé, está situada xunto ao mosteiro:

O núcleo urbano de Silos ten a súa orixe nun fuero que Alfonso VI, rey de Castela e León lle concedeu á abadía en 1098. Por medio deste fuero, os colonos da vila quedaban baixo a protección e o vasallaxe do abade. A vila de Silos dependeu do abade ata o S.XV, data en que os monxes venderon Silos á Casa dos Velasco

A vila de Santo Domingo de Silos perdeu practicamente todo o aspecto medieval con muralla que tivo. Só se conservan dúas portas e os panos das murallas que pechan o mosteiro.
Porta sur da muralla
O Arco de S Juan controlaba o paso da antiga ponte gótica sobre o río Mataviejas. Xunto ás saeteiras destaca o escudo dos Velasco.
Arco de S. Juan ou Porta Maior da Fonte

E aquí remata a nosa viaxe!!
Encantounos a provincia de Soria: as súas vilas medievales que ao introducirse nelas fan retroceder séculos na historia e dan importancia do importantes que foron no pasado; a propia cidade co seu paseo xunto ao Douro, S. Saturio, as igrexas da Virxe do Espiño e a románica de Santo Domingo, a súa Praza Maior...todo nesta cidade lembra a Antonio Machado que atopou aquí inspiración para moitos dos seus poemas.
Os seus recursos naturais tamén nos soprenderon para ben: A Lagoa Negra, O Canón do Río Lobos...e, como non, a vila abandonada de Cubillos á que poidemos imaxinar chea de vida noutros tempos.
En fin...que Soria ten moito que ofrecer!! Hai que ir coñecela!!

Páxinas web consultadas:

Enlaces as outras entradas sobre Soria:

venres, 22 de outubro de 2021

SORIA: MEDINACELI, NUMANCIA E RELLO

 Medinaceli é un lugar que foi clave ao longo da historia xa que se ubica nun alto e é cruce de camiños. O seu nome árabe tivo gran importancia para os musulmánsÉ unha cidade na que perderse camiñando polas súas rúas, vendo o seu arco romano, os pazos, as igrexas, as murallas...

O 1º que vemos é o Castelo que foi reconstruido sobre a primitiva alcazaba árabe. Actualmente é o cemiterio da vila. 

Castelo de Medinaceli

O Convento de Santa Isabel foi construido a expensas dos duques de Medinaceli no S. XVI e habitado polas monxas clarisas. É o único dos catro que tivo a vila que segue en activo. Na súa portada vemos ventás con molduras e o arco da porta enmarcado polo cordón franciscano.
Convento de Santa Isabel

O Arco Romano é recoñecible deseguida porque lembro que aparecía nos libos de texto cando eu estudaba. É único na península pola triple arcada. Foi construido no S. I.
Arco Romano
A Colexiata de Nosa Señora da Asunción do S. XVI é de estilo gótico tardío. Levantouse encima dunha igrexa románica que había dedicada a Santa Mª e da que só queda a cripta situada debaixo do altar maior.
Colexiata de Nosa Señora da Asunción

 A Praza Maior é grande e moi fermosa, porticada e de forma case pentagonal.

Praza Maior

Na Praza Maior destaca o Pazo Ducal e a Alhóndiga (local que antigamente se destinaba á compra, venta e depósito de cereais)

A Alhóndiga é o monumento máis antigo da Praza e hoxe é a sede do concello. É o edificio das bandeiras.

O edificio da esquina do que vemos unha pequena parte, é o Pazo dos Duques de Mediinaceli.

Alhóndiga na Praza Maior

O Pazo Ducal Medinaceli é un edificio renacentista mandado construir por Luis de la Cerda, 1º duque de Medinaceli entre os séculos XVI e XVII. Deixou de usarse no S. XIX e nos anos 90 do S. XX iniciouse a súa restauración.

Actualmente é a sede da Fundación DeArte con exposición de obras de arte e unha interesante colección de mosaicos romanos.

Pazo dos Duques de Medinaceli(Foto de wikipedia)


A Porta Árabe é tamén coñecida como Porta da Vila e Porta do Mercado dado que xunto a ela establecianse mercados. Sufreu numerosas reformas ao longo dos anos.




Outras fotos de Medinaceli:

Unha estreitísima rúa de Medinaceli


NUMANCIA.-
A 7km,. de Soria están as ruínas da que foi unha población celtíbera. Situada no Cerro de la Muela , é famosa a resistencia dos seus habitantes diante do asedio romano durante o mandato de Publio Cornelio Escipiano no verán do ano 133a.C que freferiron suicidarse antes ca rendirse.
Entramado de rúas, restos de casas e reconstrucción dalgunha.

Numancia aportou numerosos restos de cerámicas pintadas, as máis numerosas son de barro vermello adornadas con pinturas negras.
Os primeiros restos humanos atopados aquí son da Idade de Bronce.

Numancia é o xacemento arqueolóxico que máis datos aportou do mundo celtíbero xa que é o máis amplamente escavado


Por desgraza, o conxunto do xacemento de Numancia atópase incluido na lista vermella de patrimonio xa que se atopa en perigo pola construcción de dúas urbanizacións de vivendas que degradan o entorno.
Reproducción dunha casa celtíbera

Cando nós realizamos esta visita, podíase facer con guía. Fixémolo así con outro grupo de xente pero resultounos a explicación tan larga e tediosa que disimuladamente marchamos e continuamos ao noso aire.

RELLO.-

Rello é umha vila medieval amurallada cun castelo nun dos seus extremos. Ten menos de 20 habitantes e no 2001 foi declarada Conxunto Histórico Artístico.
A muralla que rodea a vila está flanqueada por diversas torrres. É do S. XII e foi reformada no S. XVI. A muralla ten actualmente dúas portas de entrada á vila.

Unha das portas na muralla.

Rello ubícase no alto dunha pena derriba do río Escalote.

Vista de Rello dende a estrada

Na 2ª porta vemos un escudo heráldico que pertence a Lorenzo Suárez de  Mendoza, conde de La Coruña del Conde.



Aquí vemos as ruínas do castelo coa Torre do Homenaxe e un alxibe:

A casas de pedra nesta vila case abandonada fan que retrocedamos séculos na historia.
Rúa de Rello

Dentro da muralla está a igrexa de Nosa Señora da Asunción de mediados do S. XVII
Igrexa de Nosa Señora da Asunción

Na Praza Maior temos o Rollo de Ferro, único en España ao estar fabricado cun "pasavolante" do S. XV. Os rollos representaban en séculos pasados a categoría administrativa dun lugar indicando o réxime ao que estaba sometido: eclesiástico, real, concellil ou monástico. Compartían coas picotas a función de axusticiamentos que foron suspendidos no 1812.
Hai rollos nas vilas dos reinos da corona de Castela que tiñan alcalde e polo tanto xurisdicción para xulgar e condenar a morte. Servían tamén para castigar e que pagaran penas menores os delincuentes que , despois de ser azoutados eran expostos á vergoña pública.

Páxinas web consultadas:

mércores, 20 de outubro de 2021

SORIA: ALMAZÁN, CANÓN DO RÍO LOBOS, O BURGO DE OSMA

 Almazán, duns 6000 habitantes, ten unha Praza Maior típica castelá, coa igrexa de S. Miguel e o Pazo dos Hurtado de Mendoza e o edificio do concello. É unha praza moi ampla.

Á dereita da imaxe vemos a Torre do Reloxo e debaixo del a Porta da Vila que é unha das portas que tiña a muralla.

Tamén vemos o edificio do concello.

Concello, Torre do Reloxo e Porta da Vila

Tamén na Praza podemos ver a igrexa de S. Miguel do S. XII de estilo románico

Igrexa de S. Miguel

Xunto á igrexa, temos o Pazo dos Hurtado de Mendoza. É do S. XVI e mestura estilos renacentista, herreriano e gótico-isabelino. Os Reis Católicos aloxáronse nel en varias ocasións.

Teño que dicir que o máis representativo de Almazán é a Praza Maior pero tamén ten outros lugares interesantes que non vimos, como os diversos miradoiros sobre o río Douro (un deles ubicado na Praza Maior ao que se accede a través dun pequeno arco que hai entre a igrexa e o pazo), a muralla, o Paseo Fluvial...

CAÑÓN DO RÍO LOBOS.-É un Parque Natural que abrangue un tercio da provincia de Burgos e o resto está na de Soria. É unha reserva natural con espectaculares paisaxes esculpidos polo río Lobos. Ten moitas rutas de sendeirismo, a ermida  de S. Bartolomé e tamén ten unha importante colonia de voitres leonados.
Dende onde está a ermida saen varias rutas de sendeirismo, nós fixemos un curto percorrido por unha delas.

Xa imos vendo os escarpados farallóns:

Panorámica coa ermida de S. Bartolomé ao fondo e o río Lobos en 1º termo.

A ermida de S. Bartolomé é de estilo románico do 1º cuarto do S.XIII con algunha influencia gótica.

A senda que se ve é pola que viñemos e voltamos ata a ermida.

Por detrás da igrexa temos a Cova Grande, con pinturas rupestres.
 
Dende a Cova Grande vemos o río e a ermida.

 O BURGO DE OSMA.-
O Burgo de Osma é unha antiga e monumental cidade episcopal ao pé do río Ucero e ten un recinto medieval moi ben conservado. Está declarada Conxunto Histórico-Artístico. A formación actual da cidade é do S. XII cando Pedro de Bourges (S. Pedro de Osma) elixeu como sede catedralicia un mosteiro ubicado xunto ao río Ucero. Este feito propiciou o florecemento dun próspero burgo de artesáns e comerciantes. Esta situación privilexiada prolongouse durante séculos, chegando na época renacentista a poseer un centro universitario.
Na foto seguinte vemos as históricas murallas que encerran o núcleo medieval e a catedral de fondo. Máis ao fondo, na lonxanía, vemos o castelo de Osma.
Muralla e catedral de O Burgo de Osma

Na Praza Maior temos edificios do S. XVIII como o do concello
Praza Maior de O Burgo de Osma

Frente á casa consistorial está o  Antigo Hospital de S. Agustín . Foi mandado construir por un bispo no S. XVII. Actualmente acolle o Centro Cultural da Vila.

Na Rúa Maior, á dereita, temos o Pazo Episcopal. É dicir onde vivían os bispos que tiveron unha gran importancia nesta cidade pois había un vínculo moi estreito entre pobo e templo.
Na actualidade o Pazo, ademais de seguir sendo a residencia e oficina episcopal, garda os archivos diocesanos.

A catedral de Santa Mª da Asunción de estilo gótico, foi levantada no S. XIII sobre outro templo románico. Podemos tamén contemplar elementos renacentistas na súa fachada así como a súa esbelta torre barroca.
 
A arquitectura tradicional con soportais predomina na zona medieval.
 
As murallas foron construídas no S. XV  e a maior parte foron derribadas no S. XVIII. Actualmente consérvanse dous tramos e a Porta de S. Miguel que vemos na foto é a única que se conservou.
Porta de S. Miguel e Ponte Vella

Páxinas web consultadas: