Medinaceli é un lugar que foi clave ao longo da historia xa que se ubica nun alto e é cruce de camiños. O seu nome árabe tivo gran importancia para os musulmánsÉ unha cidade na que perderse camiñando polas súas rúas, vendo o seu arco romano, os pazos, as igrexas, as murallas...
O 1º que vemos é o Castelo que foi reconstruido sobre a primitiva alcazaba árabe. Actualmente é o cemiterio da vila.
Castelo de Medinaceli |
O Convento de Santa Isabel foi construido a expensas dos duques de Medinaceli no S. XVI e habitado polas monxas clarisas. É o único dos catro que tivo a vila que segue en activo. Na súa portada vemos ventás con molduras e o arco da porta enmarcado polo cordón franciscano.
Convento de Santa Isabel |
O Arco Romano é recoñecible deseguida porque lembro que aparecía nos libos de texto cando eu estudaba. É único na península pola triple arcada. Foi construido no S. I.
Arco Romano |
Colexiata de Nosa Señora da Asunción |
A Praza Maior é grande e moi fermosa, porticada e de forma case pentagonal.
Praza Maior |
Na Praza Maior destaca o Pazo Ducal e a Alhóndiga (local que antigamente se destinaba á compra, venta e depósito de cereais)
A Alhóndiga é o monumento máis antigo da Praza e hoxe é a sede do concello. É o edificio das bandeiras.
O edificio da esquina do que vemos unha pequena parte, é o Pazo dos Duques de Mediinaceli.
Alhóndiga na Praza Maior |
O Pazo Ducal Medinaceli é un edificio renacentista mandado construir por Luis de la Cerda, 1º duque de Medinaceli entre os séculos XVI e XVII. Deixou de usarse no S. XIX e nos anos 90 do S. XX iniciouse a súa restauración.
Actualmente é a sede da Fundación DeArte con exposición de obras de arte e unha interesante colección de mosaicos romanos.
Pazo dos Duques de Medinaceli(Foto de wikipedia) |
A Porta Árabe é tamén coñecida como Porta da Vila e Porta do Mercado dado que xunto a ela establecianse mercados. Sufreu numerosas reformas ao longo dos anos.
Outras fotos de Medinaceli:
Unha estreitísima rúa de Medinaceli |
Os primeiros restos humanos atopados aquí son da Idade de Bronce. |
Numancia é o xacemento arqueolóxico que máis datos aportou do mundo celtíbero xa que é o máis amplamente escavado |
Reproducción dunha casa celtíbera |
Cando nós realizamos esta visita, podíase facer con guía. Fixémolo así con outro grupo de xente pero resultounos a explicación tan larga e tediosa que disimuladamente marchamos e continuamos ao noso aire.
RELLO.-
Unha das portas na muralla. |
Rello ubícase no alto dunha pena derriba do río Escalote.
Vista de Rello dende a estrada |
Na 2ª porta vemos un escudo heráldico que pertence a Lorenzo Suárez de Mendoza, conde de La Coruña del Conde.
Igrexa de Nosa Señora da Asunción |
Ningún comentario:
Publicar un comentario