domingo, 17 de outubro de 2021

VIAXE A ALBACETE: ALCALÁ DEL JÚCAR, JORQUERA E CHINCHILLA DE MONTEARAGÓN

O domingo visitamos tres fermosas vilas da provincia de Albacete ubicadas na chamada Manchuela

Empezamos por ALCALÁ DEL JÚCAR a 64km. da capital. De pouco máis de 1000 habitantes, está declarada Conxunto Histórico-Artístico.

Xa dende lonxe, Alcalá del Júcar nos parece espectacular coas súas casas escaleiradas nun cerro moi alto ao redor do castelo construido polos almohades nos séculos XII e XIII


Alcalá do Xúcar é unha das vilas máis fermosas de España

A fortaleza é un bo exemplo de arquitectura islámica con torreón pentagonal e dúas pequenas torres circulares en tres alturas. Rodeando o castelo vemos restos da antiga muralla.

Fortaleza de Alcalá do Xúcar

Dende a fortaleza temos unha boa panorámica da vila e os seus arredores como esta do río Xúcar que vai formando as famosas fouces.
Fouce do río Xúcar

A continuación baixamos polas súas empinadas e estreitas rúas entre as blancas casas:


Para dirixirnos ás non  menos famosas "Cuevas del Diablo" e a "Cueva de Garadén" excavadas na propia rocha. Entramos pola de Garadén (as dúas están comunicadas por un longo corredor) que é a máis antiga. Pénsase que a Cova de Garadén é da época árabe. Tiña unha función bélica, dende o miradoiro da cova vixiaban o río para que ninguén cruzara a ponte romana navegando para non pagar os impostos correspondentes que debían pagar os viaxeiros que viñan dende Castela para o Levante.
Máis tarde, cando perdeu esta función ao expulsar os musulmáns da península, a cova foi transformada  para cría e reproducción de pombas.
Cova do Rey Garadén

Os pombais
As covas contan tamén cun bar-cafetería e coa entrada tes dereito a un café , auga ou refresco.

A "Cueva del Diablo" data de 1905 e foi usada por unha familia acomodada para gardar o gando e tamén como bodega. No ano 1980, un almanseño, José Martínez García empezou a acondicionar e mellorar as covas para uso turístico.

Na parte baixa da vila atópase a igrexa de S. Andrés, do S. XVI, e se subes pola empinada rúa Hondonera aparece maxestuosa diante de nós. É unha igrexa robusta con fortes muros. Por dentro é moi sinxela.

Igrexa de S. Andrés coa súa torre de 70m. de altura
 Subindo a costa Hondonera, vemos a igrexa. O río Xucar en 1º termo.

Unha fermosa estampa de Alcalá del Jucar: o castelo e a ponte romana sobre o Xúcar.

Unha panorámica dende un miradoiro:

Na parte baixa da vila, ao pé da ponte romana está a praia fluvial "La Playeta"

La Playeta

O entorno da praia fluvial é moi fermoso.

Outra fermosa imaxe de Alcalá coa fortaleza e a igrexa:

Imaxe da ponte romana dende a rúa Hondonera. Marchamos marabillados da fermosura desta vila.


JORQUERA
Tamén na Manchuela, esta vila apenas sobrepasa os 300 habitantes. O que primeiro chama a atención é onde se sitúa Jorquera: derriba dun cerro rodeado polo río Xúcar e a cañada de Abenjibre. É sen dúbidas unha paisaxe ben pintoresca e que no pasado foi eminentemente defensiva.
Jorquera(foto de Wikipedia)

O primeiro que visitamos foi a igrexa da Asunción, do S XVI. Iniciouse a súa construcción en estilo gótico pero rematouse con elementos renacentistas.
Igrexa da Asunción


As murallas de Jorquera son da época almohade, bastante ben conservadas grazas a que no seu interior hai un cemiterio. Datan do S. XI e merece atención destacar que o Cid Campeador estivo ás portas desta muralla perseguindo a un rei moro.


Pouco máis vimos desta vila. Comemos aquí, no restaurante Ruti-Jorquera. No menú había un plato que chamaba a nosa atención polo nome "Suela de jamón" que tesultou ser esto:

Xamón frito con patacas. Estaba bon, pero con algo de sal...

Dende o restaurante hai unha vistas espectaculares sobre as fouces do río Xúcar:


CHINCHILLA DE MONTEARAGÓN.-

Fermosísima localidade de trazado medieval no cerro de S. Blas. Está declarada Conxunto Histórico Artístico pola súa riqueza monumental.
No máis alto da vila destaca o seu Castelo do S. XV reconstruido polo marqués de Villena sobre unha fortaleza árabe.
Nós fomos camiñando pero tamén se pode subir en coche.
En 1º termo vemos as brancas chemineas das casas excavadas na rocha

O foso do castelo impresiona e case dá vértigo, tallado na mesma rocha ten 10m. de ancho e 6m. de profundidade.
A ponte levadiza do castelo co colosal foso debaixo

Muros de mampostería con saeteiras e torres cilíndricas rodean o castelo que non se pode visitar por dentro xa que están con obras de restauración.
César Borgia, fillo do papa Alejandro Borgia, estivo preso neste castelo


A Praza Maior ou Praza da Mancha, do S. XVIII é moi fermosa e ten varios monumentos testigo do seu importante pasado. Entramos a ela polo Arco da Vila:
Arco da Vila que dá acceso á Praza Maior

Vemos a Torre do Reloxo en estilo neoclásico
Torre do Reloxo

A igrexa de Santa Mª do Salvador que ten unha porta gótica e un interior totalmente barroco.

A porta gótica:

Outro edificio a destacar na Praza é o do concello en estilo barroco e co gran medallón de Carlo III.
Este edificio é a sede do concello

Tamén, ao pé da porta onde está o Arco da Vila pola que entramos e saímos: Hai dous canóns do castelo custodiando a mesma.
Canóns que custodian o Arco da Vila

Aspecto máis amplo da Praza Maior coa igrexa de Santa Mª do Salvador  o concello e o Arco da Vila:

Nunha rúa das que levan á Praza da Mancha vemos o Pazo de Núñez Cortés

 Os Baños Árabes atópanse insertados nos baixos do edificio que vemos abaixo construido nos principios do S. XX e que os deixou na  súa estructura.


Alonxámonos da Praza e atopamos rúas coma esta:

AS CASAS - COVA
 Non se pode ir a Chinchilla de Montearagón sen deixar de visitar as súas famosas casa.cova que ademais están espacidas por varios puntos da vila polo que é dificil non atopra algunha. Ademais das que vimos ao subir ao castelo, temos estas chamadas "del agujero" alonxadas do casco histórico polo que podemos desfrutalas con total tranquilidade.
As "Casas- Cueva" foron excavadas na propia rocha caliza, empezadas a construir polos moriscos expulsados de Guadix. Unha das características principais destas casas son as súas chimeneas cónicas de cor branca
Chimeneas brancas das casas-covas.

No pasado Chinchilla estaba amurallada e había varias portas de entrada. Unha delas é esta que atopamos xunto ás Casas-Covas: a "Porta de Tiradores ou del Diablo"

Porta de Tiradores ou Diablo


Casas-Covas ao pé da Porta de Tiradores

O Convento de Santo Domingo é un antiguo convento medieval fundado no S. XIV polos frades dominicos.

Enlace aos días venres e sábado da viaxe:


Enlace ao luns e martes:

Páxinas web consultadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario