Volvemos a viaxar con "Amigos das viaxes, esta vez a Albacete e provincia pasando á volta polo Escorial tamén.
É a miña segunda viaxe con este grupo que lidera Xaime Cancio. Na viaxe a Madeira, que foi a 1ª , xa constatei o ben que organiza as viaxes e a súa enorme preocupción para que todo saia ben. Parabéns!
Esta viaxe foi dende venres a martes. Saimos de Foz sobre as 14:30h e durmimos no hotel Valdemoro desta localidade, un pouco despois de Madrid. Este hotel de tres estrelas cumplía moi ben a relación calidade-prezo, é un hotel sinxelo pero limpo.
Despois de cenar, demos un paseo pola vila e atopamos esta fermosa praza: é a Praza da Constitución coa tradicional arquitectura castelá, con soportales e balcóns. É dos séculos XVI e XVII.
Ao día seguinte viaxanos cara a Albacete e paramos a visitar Villarrobledo. A medida que íamos adentrándonos en Castela-A Mancha a paisaxe deixábanos ver oliveiras e viñedos.
|
Oliveiras en Castela- A Mancha |
|
Castela-A mancha tamén é terra de viño |
Ao chegar a Villarrobledo, o 1º que visitamos foi o santuario de Nosa Señora da Caridade que está catalogado como Ben de Interese Cultural. Foi construido no S. XVI e reconstruido no S. XVIII . A Virxe da Caridade é a patroa da vila.A imaxe da Virxe e a peana onde está é o elemento de máis valor realizada en plata maciza traída de Potosí (México)
|
A peana da Virxe ten un incalculable valor histórico e artístico |
O Centro Histórico de Villarrobledo está declarado Conxunto de Interese Histórico.O primeiro edificio que nos chamou moito a atención foi o Gran Teatro, construido no 1916 destaca pola súa fachada modernista. Foi concebido para satisfacer a demanda cultural da burguesía de aquel entón e actualmente cumpre esa mesma función sendo un lugar onde o cine, o teatro e a música son habituais.
Aquí vemos un detalle da taquilla do Gran Teatro:
Agora atopamos o Mosteiro da Purísima Concepción e S. Bernardo, fundado no S. XVI, foi o 1º convento da cidade e foi levantado sobre o antiguo Hospital da Caridade.
Ao lado do convento anterior atopamos un edificio que nos chamou tamén moito a atención pola súa grandiosidade: é o Círculo Mercantil e Industrial construido no 1911sobre unha Tercia do S XVIII (Unha tercia era o lugar onde se depositaban os diezmos que se pagaban á igrexa)
O Círculo era o lugar de ocio e reunión para a burguesía da época. É un edificio posmodernista de inspiración neoclásica.
Deseguida chegamos á Plaza de Ramón y Cajal onde se atopan os edificios máis emblemáticos. Un deles é o do concello en estilo renacentista.
|
Concello de Villarrobledo |
Atopámonos coa celebración da II Feira Agroalimentaria o que supoñía que a praza estaba rodeada de tenderetes que non nos deixaban apreciar toda a fermosura da mesma nin ver os monumentos ao completo.
A igrexa de S. Blas, declarada Monumento Nacional, foi construida nos séculos XV e XVI e alberga tres estilos arquitectónicos: gótico (a parte máis antiga), barroco e renacentista. O actual templo levántase sobre outro gótico do S. XV. A igrexa presenta liñas dunha catedral inacabada.
|
Igrexa de S. Blas |
|
Porta gótica da igrexa de S. Blas |
Por dentro tamén vemos o estilo gótico desta igrexa.
|
A igrexa tamén é grandiosa por dentro |
A portada norte, renancentista, está inacabada e é obra de Andrés de Vandelvira.
A fachada sur é moi fermosa. Tamén é obra do xenial arquitecto Vandelvira. |
Fachada sur da igrexa de S. Blas |
|
Detalle da fermosa fachada sur |
A Praza de Ramón y Cajal é moi fermosa pero as tendas da feira non nos deixaban vela en todo o seu esplendor.
Marchamos de Villarrobledo e xa nos diriximos a Albacete cidade. O noso aloxamento durante o resto da viaxe tivo lugar no Hotel Europa situado no centro da cidade o que nos permiteu visitar os lugares máis emblemáticos sen percorrer grandes distancias ou ter que depender dalgún medio de transporte. É un hotel con amplas habitacións(polo menos a nosa), onde comemos moi ben e o persoal foi en todo momento moi cordial e amable.
O primeiro que visitamos, xa con guía local, foi o Museo da Cuchillería. De todos e coñecido Albacete polos coitelos e non podía faltar esta visita.
Este museo está na Casa Hortelano, palacete modernista de principios do S. XX. No é o único museo en España dedicado á coitelaría; en Taramundi(Asturias) hai outro.
Poidemos ver unha recreación dun taller onde se fabricaban os coitelos, tesoiras....
Neste museo poidemos ver verdadeiras obras de arte en tesoiras, coitelos, navallas e armas de filo. |
Tesoiras que son obras de arte |
Atopamos armas moi antigas.
Mi madre repartíala fuente del guisado por los platos.
El buen pan de La Roda
mi padre hacía pedazos,
el pan grande en el pecho,
la navaja en la mano.
(Dun poema de J. José García Carbonel)
Este museo atópase ao lado da catedral, pero non visitamos agora este monumento se non que nos diriximos á Praza Maior da cidade. Esta praza que no pasado recibíu distintos nomes (Plaza Nueva, Plaza de la Constitución) albergou no pasado institucións como o concello, a Praza de Abastos, o cárcere...
É unha Praza máis ben pequena que na actualidade está atravesada polas dúas rúas máis comerciais da cidade.
|
Praza Maior de Albacete que pouco ten que ver coa imaxe que tivo en tempos pasados |
POSADA DEL ROSARIO.-
Seguindo coa nosa viaxe a Albacete, visitamos agora A Posada del Rosario, un edificio do S. XVI declarado monumento histórico-artístico. Na súa orixe debeu de ser a residencia dalgún fidalgo e no S. XVIII funcionou como pousada.
Este edificio é un dos poucos que se conservan en Albacete anteriores ao S. XVIII. A portada que presenta hoxe non é a propia do edificio se non que foi colocada aí e pertenceu a un palacete que foi derribado en 1977.
PASAJE DE LODARESE ao pouco chegamos ao Pasaje de Lodares: unha galería comercial e residencial que nos sorprendeu moitísimo pola súa arquitectura modernista con columnas renacentistas.
Esta edificación foi creada a imitación das italianas(de feito a mín fíxome recordar a de Milán) para vivendas de xente de alto poder adquisitivo.
O edificio está cuberto por un tragaluz de cristal que une dúas rúas centricas: a rúa do Tinte e a rúa Maior. Ten cinco plantas de altura.
|
Detalle da grandiosidade do edificio |
|
Gabriel Lodares mandou construir estas galerías |
Esta é a monumental fachada de O Pasaje de Lodares que dá á rúa Tinte. Este é tal vez o edificio máis emblemático da cidade.
EDIFICIOS MODERNISTAS
Seguimos camiñando por Albacete e atopamos un fermoso edificio cunha cúpula azul que chama a nosa atención: é a Casa Cabot Jubany construida a principios do S.XX e segue o estilo modernista. Actualmente alberga vivendas e oficinas.
|
Casa Cabot Jubany |
Facendo esquina co anterior, atopamos a Casa Juan López, tamén en estilo modernista: |
Casa Juan López |
Outro fermoso edificio modernista é o Colexio Notarial de principios do S. XX: |
Colexio Notarial |
XARDÍNS DO ALTOZANO.-
Chegamos aos xardíns do Altozano onde se atopa a escultura dedicada ao coitelador e a esfinxe de Bazalote.O monumento ao coitelador é unha homenaxe ao sector da coitelaría, tan importante nesta cidade. Realizado en bronce presenta a figura dun home ensinando a navalla e cun cinto repleto delas.
|
Monumento ao coiteleiro |
Dende aquí vemos outro edificio que chama a nosa atención: trátase do Gran Hotel. O edificio, moi fermoso, é de estilo modernista de principios do S. XX pero na súa impoñente fachada intercálanse elementos góticos, barrocos, platerescos e renancestistas.
O Gran Hotel foi tamén promovido por Gabriel Lodares. No ano 2000 recibeu o Premio de Arquitectura de Castela-a Mancha.
|
Dende a súa creación, é un hotel de catro estrelas |
A Esfinxe de Bazalote tamén chamada A Bicha, é unha escultura ibera atopada en Bazalote (prov. de Albacete) datada no S. VI a. C. Está depositada no Museo Arqueolóxico Nacional de España en Madrid. O que vemos é unha réplica en bronce.
A CATEDRALA catedral de S. Xoan Bautista está declarada Ben de Interese Cultural e foi construida sobre un templo mudexar do S. XIII. Empezou a construirse no S. XVI e rematouse a mediados do S. XX.
É de estilo renacentista pero o exterior é neogótico nunha fachada e neorrománico noutra.
|
Fachada en estilo neogótico |
|
Fachada neorrománica na Praza dos Llanos |
Unhas elegantísimas columnas xónicas sosteñen bóvedas barrocas.
En 1958 Casimiro Escribá recibiu o encargo de pintar unha serie de óleos sobre tela cunha superficie de 1000 metros cadrados que despois foron pegados aos muros. Esta é a maior obra pictórica dun solo autor en todo o mundo.
Na fotografía vemos unha pequena mostra das pinturas que adornan tódolos muros interiores da catedral.
|
Pinturas de Casimiro Escribá |
O templo que vemos hoxe foi reconstruido por completo, derribando o anterior pero conservouse un relieve encastrado nun muro exterior que representa a Virxe dos Llanos, patrona de Albacete.
|
Imaxe do relieve da Virxe que se conservou do templo anterior. |
CASA CONSISTORIAL.-É un edificio de estilo clasicista situado ao pé da Catedral, na praza do mesmo nome, e ao pé tamén do Museo da Cuchillería. Antes desta ubicación, concello tivo a súa sede noutros lugares como a Praza Maior, a Praza do Altozano...
Un gran reloxo coroa a súa fachada que foi edificada con pedra especial de Salamanca.
GRAN DAMA OFERENTENa mesma Praza do Concello, vemos a estatua da Gran Dama Oferente, escultura ibera réplica da orixinal do S. III a.C atopada en Montealegre del Castillo(Albacete) Está realizada en pedra caliza e representa a unha muller ataviada con tres túnicas superpostas e que sostén un vaso coas mans
A escultura orixinal está no Museo Arqueolóxico, en Madrid.
|
A Gran Dama Oferente |
DEPUTACIÓN DE ALBACETE.-
O Pazo Provincial de Albacete, do S. XIX, é a sede da Diputación de Albacete. Foi construido por Justo Millán en estilo barroco.
TEATRO-CIRCO.-
Chegando xa case de volta para cenar ao noso hotel, o guía mostrounos o Teatro- Circo. No S. XIX, un grupo de cidadáns con ganas de presenzar espectáculos teatrais e de circo compraron un solar e construiron un teatro que alternaba representacións teatrais, ballets, grandes orquestras... con espectáculos circenses, pero a actividade principal do teatro Circo foi o cine que chegou a Albacete o mesmo ano que se inaugurou o teatro.
No ano 1986, o Teatro Circo pechou debido á xubilación do seu último empresario e no 1993 foi adquirido polo concello de Albacete como patrimonio público. Foi remodelado e a fachada nada ten que ver coa de hoxe, que cambiou totalmente. Foi reinaugurado no 2002 coa representación da obra Fuenteovejuna. No 2013 foi declarado Ben de Interese Cultural. Hoxe en día, o Teatro Circo segue a manter unha doble capacidade escénica(teatro e circo) sendo un dos seis teatros-circos do S. XIX existentes no mundo.
Mágoa que non poidemos visitalo por dentro pese aos esforzos de Xaime por conseguilo.
|
Teatro Circo (Foto de Wikipedia) |
E así rematou o completo día de hoxe. Visitamos pola mañá Villarrobledo con calma, desfrutando cada momento e pola tarde todo o mencionado da cidade tamén despacio, xa que deu tempo de sobra ao estar todo o visitado moi cerca.Para que logo digan que Albacete non ten nada que ver!!!
Aquí estou demostrando o contrario e aínda non rematei. Na tarde libre que tivemos descubrimos moitos máis lugares desta cidade moi dignos de ser visitados.
Enlace aos seguintes días da viaxe
Webs consultadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario