mércores, 13 de outubro de 2021

CALATAÑAZOR (SORIA)+ O SABINAR+ LA FUENTONA

 Se Soria capital merece dende logo unha visita, a súa provincia merece ser percorrida despacio pola paisaxe que imos atopar e sobre todo polas súas vilas e aldeas tan castelás, tan vellas e tan fermosas, algunhas case deshabitadas. Non hai que esquecer que Soria é a provincia máis despoboada de España.

Unha localidade que me encantou foi Calatañazor, cun caracter tradicional e medieval rodeada dunha muralla, con restos dun castelo importante, rúas empedradas, casas de barro...

Xa dende a estrada, impresiona esta vila aló no alto:

Calatañazor

Unha muralla moi recia rodea a vila:
Muralla que rodea Calatañazor

A arquitectura tradicional da Idade Media pervive en Calatañazor:

A emblemática rúa Real

Hai un dito "En Calatañazor perdió Alamnzor el Tambor" que fai referencia a cando no ano  1002 o caudillo dos árabes, Almanzor perdeu unha batalla neste lugar e ferido se retiraría camiño de Medinaceli.

Percorrendo estas rúas parece que retrocedemos no tempo:

Ao fondo vemos a igrexa de Santa Mª del Castillo, de orixe románico con engadidos posteriores. Chaman a nosa atención as chimeneas cónicas que vemos nalgúns tellados. Están construídas en tella e levan na punta un adorno metálico.

Vistas dos campos sorianos dende o castelo. Vemos o Valle de la Sangre que según a lenda é onde tivo lugar a batalla entre moros e cristiás.

 O Castelo dos Padilla do que só quedan ruínas, foi levantado no S. XII no lugar no que antes debeu de haber un fortín árabe do que deriva o nome da localidade. As ruínas que hoxe vemos datan xa dos S. XIV e XV.
Castelo dos Padilla

Na Praza Maior, atopamos o rollo, unha columna de pedra que tiña a función pública de axusticiamento, un punto de castigo público para avergoñar aos delincuentes.

O rollo

Na seguinte foto vemos con máis detalle as construccións tradicionais de Calatañazor coas típicas chemineas cónicas.

O SABINAR.-
Moi cerca de Calatañazor, atopamos o Sabinar: un bosque de sabinas que é unha xoia no Patrimonio Natural de Castela-León.
Resulta excepcional polo tamaño e antigüidade das árbores(algunhas entre 200 e 400 anos) e pola súa densidade que é moi rara nesta especie de árbores.
Este sabinar está considerado como o de maior densidade do mundo

LA FUENTONA.-
E tamén moi cerca do Sabinar e Calatañazor atopamos La Fuentona que é un manantial natural que dá lugar ao nacemento do río Abión. La Fuentona foi declarado Monumento Natural en 1998
La Fuentona




Ningún comentario:

Publicar un comentario