domingo, 2 de maio de 2021

RUTA DO MUIÑEIRO NAMORADO (A PONTENOVA)

 Podemos dicir que A  Pontenova, na provincia de Lugo, é un dos concellos que máis rutas ten dispoñibles para a práctica de sendeirismo. E ademais tenas ben coidadas e sinalizadas. Rutas ben fermosas como a do Ferrocarril, a da Seimeira, a  das Minas, a dos Fornos, a da Fraga das Reigadas, a da Férrea e agora acaba de inaugurar outra: A do Muiñeiro namorado.

Nós fixemos xa hai ben tempo a das Reigadas:

Rutas de sendeirismo: FRAGA DAS REIGADAS ( A PONTENOVA)

E a da Seimeira (hoxe en día esta ruta xa cambiou o seu trazado inicial e remata no mesmo sitio onde empeza)

Rutas de sendeirismo: RUTA DA SEIMEIRA (A PONTENOVA)

Hoxe fixemos  tres rutas en A Pontenova, aínda que a previsión inicial era facer só a do Muiñeiro namorado, como nos equivocamos e fixemos 2 km. menos, despòis de comer realizamos a da Férrea que é moi curtiña e a das Minas (a versión Curta) que tratarei noutra entrada.

Imos coa  Ruta do Muiñeiro namorado que tamén nos namorou a nós (a ruta, o muiñeiro non o vimos)


Características:

Lonxitude: 8km ou 5,10 km.(Nós non fomos por Figuiroá)

Dificultade: media-baixa. A dificultade increméntase na subida á mina e na baixada aos muíños xa que é moi pendente e esvara se está mollado. (Hai unha corda para agarrarse)

Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción

O inicio da ruta está AQUÍ:


Muíño do Cairo

A vexetación  é exuberante

Moitísimos fieitos e árbores autóctonos acompáñannos 

Outro muíño

Encantounos ver como nesta ruta se aproveitan os rcursos naturais, por exemplo para contruie escaleiras.
Escaleiras de pedra

O sendeiro vai sempre paralelo ao rego do Cairo que separa Galicia e Asturias:           

Zona de descanso, aproveitando recursos materiais como a madeira:

O Rego do Cairo vai facendo pequenos saltos ao longo do percorrido:


Un lugar para a cría de abellas

Será este o muiñeiro namorado?

Ao chegar a este cruce temos dúas opcións: ou ben coller á esquerda e pasaremos pola aldea de Figueirúa para logo baixar á Mina do Cairo ou ben coller á dereita e chegaremos tamén á mina pero sen pasar pola aldea mencionada:

Collendo á dereita como fixemos nós, agora imos por unha pista forestal durante 1km. aprox.

Para chegar á mina temos que subir uns metros agarrándose a unha corda:

Subida á Mina do Cairo

Boca da Mina do Cairo

Mina do Cairo

Baixando por onde indica a frecha temos os muíños do Cairo a 500m.

Chegando xa ao punto por onde antes viñemos para ir ao punto de partida.

Como nos saltamos Figueirúa quixemos volver a esta aldea pero xa en coche.

Lavadoiro restaurado en Figueirúa

Atopamos unha aldea sitúada nun lugar alto con fabulosas vistas e con vivendas moi ben arregladas, a maioría restauradas ou en proceso de facelo.
Figueirúa ten moi poucos habitantes. A maioría é xente que vive fóra e preparou as vivendas para voltar no verán ou en época de lecer.







2 comentarios:

  1. Ruta espectacular!!
    Ojo con los perros sueltos al cruzar por el pueblo de Fugueirua.A mí me rodearon varios e incluso uno de ellos me enseñó los dientes (y no precisamente para ver si tenía caries) y lo pasé mal.Llame a los dueños pero no salió nadie.Es una lastima porque esto puede hacer que vaya menos gente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si que había algún can solto pero nós tivemos a sorte de que sairon catro veciños e incluso estivemos de charlas con eles un bon cacho e claro os cans apaciguaron.
      É un problema frecuente sobre todo cando se fan rutas que pasan por pequenas aldeas. Acostuma a haber cans soltos en case todas. Nós pasamos medo nunha ruta no Courel onde tamén nos rodearon dous cans que non nos deixaban avanzar e non saíu ninguén. Seguir, seguimos con eles pegados a nós. Non nos mordern pero mediño pasamos un pouco...

      Eliminar