luns, 12 de abril de 2021

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PRAIA DE ANGUIEIRA(BARREIROS) - FOZ

Powered by Wikiloc

 Camiño Natural da Ruta do Cantábrico é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o governo dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.

Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, ten máis de 150 kilómetros. O seu percorrido permite visitar vilas mariñeiras como Ribadeo, Foz, Burela...e desfrutar de tódalas praias bañadas polo mar Cantábrico. Empeza en Ribadeo en remata en Ortigueira.

Está dividido oficialmente en 7 etapas de bastantes km. Nós decidimos ir aos poucos e imos realizando tramos como nos parece.

Empezamos en Ribadeo e podedes ver os tramos realizados aquÍ:

Rutas de sendeirismo: RUTA RIBADEO- RINLO POLO CAMIÑO NATURAL DA RUTA DO CANTÁBRICO

Rutas de sendeirismo: RUTA RINLO- REINANTE POLA RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO

Rutas de sendeirismo: RUTA NATURAL DO CANTÁBRICO: Praia de Arealonga - praia de Anguieira(Barreiros)

Hoxe, fixen o seguinte tramo : Praia de Anguieira(Barreiros) - Foz e teño que dicir que para mín é o máis fermoso ata agora. Parte dunha praia (Anguieira)  na ría entre Foz e Barreiros , unha praia mansa, que inspira paz....e cunha preciosas vistas sobre a vila de Foz que ten en frente.

Vai dando este percorrido á volta a Ría, atravesando tamén un monte onde está a "Lagoa dos patos". Logo métese xa no concello de Foz pasando pola Ponte da Espiñeira, Mañente...para rematar nun fermoso paseo outra vez ao lado da ría, que desemboca no famoso e precioso Paseo de Malates.

Características da ruta:

Lonxitude: 13,3 km

Dificultade: fácil

Ruta lineal ben sinalizada

No tramo de hoxe destaco a fermosura da praia de Anguieira, o entorno da Lagoa dos Patos, as vistas dende Mañente e a Ría de Foz co Paseo de Malates

Descripción da ruta:

Partimos da praia de Anguieira en Barreiros pero ubicada na ría que forma o río Masma na súa desembocadura.. É unha praia de augas tranquilas como todas as das rías e con area e pedras. Normalmente está bastante concurrida en verán. Esta praia dispón dunha rampa para botar embarcacións en marea chea.

A praia de Anguieira xunto coa de S. Bartolo e a de Altar atópanse dentro da ZEPA (Zona Especial de Protección para as Aves) Ría de Foz- Masma.

Esta praia e polo tanto o comenzo desta ruta, vese AQUÍ

Praia de Anguieira e Foz ao fondo:

Estes son os sinais que atoparemos do Camiño Natural do Cantábrico:


A praia de Anguieira polo outro lado:

Imos por asfalto durante 1km. aprox.


Á nosa dereita imos vendo a ría e Foz


Deseguida nos metemos por un camiño:

Hai moitos sendeiriños que te achegan ao pé mesmo da ría se queres:


Onde temos estampas bucólicas:

Seguimos polo fermoso camiño:

Ata desembocar nunha estrada local onde se pode apreciar o diferente verde do eucalipto con outras árbores. 

Nesta estrada, pola que andaremos aprox. 500m podemos achegarnos tamén á ría que vai case pegada:

Un banco moi rústico contempla a ría:
 
Seguimos a estrada onde vemos un salgueiro enormeee!! Auga non lle falta xa que á dereita mesmo está a ría.
As vistas son espectaculares:
 
Chegamos ás Cabanas da Barcela

"Para aquellos que buscan paz y tranquilidad Cabanas da Barcela es el lugar perfecto. Situadas en San Cosme de Barreiros sobre una finca de 8.000 metros cuadrados de césped y unas espectaculares vistas sobre la ría de Foz."

Dende aquí atravesaremos un monte que esconde un segredo...


A Lagoa dos Patos:

Eu é a 3ª vez que paso por aquí pero patos nunca vin:

Pero dá igual porque a lagoa é marabillosa!!

A Lagoa dos Patos está nun lugar sombrío e oscuro pero deseguida a paisaxe se abre e podemos ver xa a ría:


Outro banco rústico, este de canas de bambú!

Moi ben colocado para descansar contemplando a ría de Foz.

Atravesamos a ponte do tren:

E subimos moi lixeiramente por un monte de eucaliptos que recende moito a esta árbore:

Un precioso lugar entre árbores e con vistas á ría:

Desembocamos nunha estrada local entre árbores.

Que nos leva á Nacional 642 que percorre a costa Cantábrica. Camiñamos uns 50m á súa beira:

Para adentrarnos uns metros neste fermoso carreiro:

Que nos leva á Ponte da Espiñeira. Estamos cruzando para o concello de Foz. A Ría de Foz- Masma é unha fronteira natural entre os dous concellos:


Á nosa esquerda temos outra ponte: é a Ponte Vella da Espiñeira por onde ía antes a carretera vella:


Pola dereita, imos vendo a ría e pola esquerda imos pegados á estrada N- 642 durante uns 100m. aprox.


Deseguida torcemos á dereita por unha estrada local vendo sempre a Ría que nos deixa imaxes ben fermosas:



A Ruta do Camiño Natural do Cantábrico no alto de Mañente torce á esquerda como ben indican os carteis que tamén nos din que se queremos podemos ir ata a praia dos Fondás e eu...aló fun! (Son en total case 2 km. ida e volta)

Baixando para a praia de Fondás: (esta praia é moi coñecida e prezada nesta zona)

Praia dos Fondás, con Barreiros de frente:

Mirando á esquerda, temos Foz

Voltamos sobre os nosos pasos e cruzamos o Alto de Mañente (Barrio de Foz)

Empezamos a baixar cara a Foz e atopamos outra lagoa, esta moito máis pequeniña. É a Lagoa da Paz:

Baixamos por este camiño


Para deseguida chegar ao Paseo ao pé da Ría:


Nun breve momento abandonamos o paseo por entre as árbores, para chegar á antiga carretera que percorremos durante uns metros

Cruzamos o río Centiño que desemboca no Masma

É un río de cauce estreito pero que acostuma a levar bastante auga e acostuma a desbordarse se chove moito. Un río que conta con numerosos muíños á súa beira e moi abundante en pesca.

Estamos entrando no Paseo de Malates moi coñecido e frecuentado pola xente da zona , sobre todo da vila de Foz e do barrio de Mañente por quedarlle moi próximo.
Achegámonos, fóra da ruta uns 10 m. para ver a fermosa Fonte de Vilaxoane cun entorno coidado con mimo polos veciños deste barrio de Foz




Continuamos polo Paseo de Malates




Para rematar cerca do Porto de Foz:


Ningún comentario:

Publicar un comentario