domingo, 26 de abril de 2020

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. RIBADEO-RINLO

O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o Ministerio de Agricultura, Pesca , Alimentación e Medio Ambiente dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.
O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico vai dende Ribadeo (Lugo) ata o porto de Ladrido(A Coruña) percorrendo máis de 150km. Está dividido oficialmente en 7 tramos ou etapas e a 1ª vai dende Ribadeo á praia das Catedrais. A nós parecianos un pouco largo e decidimos facer Ribadeo- Rinlo (uns 10km.)
O tramo percorre a liña da costa desfrutando de praias e cantís.
Fixemos esta ruta un domingo moi, moi desapacible do mes de febreiro de 2016.

CARACTERÍSTICAS
Lonxitude: 10 km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal perfectamente sinalizada

DESCRIPCIÓN DA RUTA :
Partimos do porto deportivo de Ribadeo (Porcillán) e dende aquí podemos subir por unhas escaleiras ou ben pola rúa Calvo Sotelo. 
Porto deportivo de Ribadeo e Figueras e Castropol ao fondo

Hai que ir preparado. O día promete...
Vemos a Ponte dos Santos moi cerca e cruzarémola por debaixo
Estamos na estrada do faro:

Vemos estas formación rochosa que se chama Pena Furada.

Ímonos achegándonos ao  antiguo cargadoiro de mercancías , hoxe en día acondicionado como mirador. (Aquel día pouco se podía ver)
O cargadoiro ao fondo, hoxe dedicado á cultura do ocio. Antiguamente,  patrimonio da nosa desmantelada industria.

Aquí se cargaban entre  1200 e 2000 toneladas de mineral

Ao pouco atopamos o antiguo Forte de S Damián, contruído no S. XVII para protexer a entrada da ría de posibles ataques. Foi destruído polos ingleses no S. XVIII. Foi reconstruído 55 anos despois, pero a Guerra da Independencia a principios do S. XIX volveu convertilo en ruínas. O concello restaurouno e hoxe é unha sala de exposicións.

Imos agora cara a Illa Pancha que xa está moi cerca, contemplando a bravura do mar:
A Ponte dos Santos xa nos queda aló detrás


A bravura do Cantábrico

Xa vemos Illa Pancha ao fondo
E chegamos a Illa Pancha que alberga os dous faros de Ribadeo. O antiguo, de planta cuadrado e hoxe rehabilitado para o turismo e o que funciona como faro con franxas azuis e brancas:
Este faro está considerado como un dos máis fermosos de Galicia.
Hoxe este faro é un aloxamento turístico

Aínda que o día non pode estar peor, nós sempre sorrimos.

Continuamos 1 km. aprox. pola carretera LU-140 nun tramo compartido por vehículos e xiramos á dereita no primeiro cruce. (Está ben indicado) Continuamos por carretera un pouquiño máis e volvemos torcer á dereita deixando xa o tramo compartido para achegarnos ao mar:

Camiñando po LU-140, á esquerda vemos Ribadeo
Imos cara ao mar

Que está así de bravo:

E vemos a praia de Areosa:

Poucos m. despois de abandonar a praia, o camiño xira á dereita e voltamos a un tramo compartido duns 500m.

Voltamos á costa outra vez e vamos ao ladiño dun Cantábrico enfurecido:

As pistas son agora anchas:

Paramos a tomar o noso tentempié ao abrigo duns piñeiros:

Despois o camiño lévanos ao redor dunha furna:

E o ancho camiño convértese nun estreito sendeiro:

Hoxe o mar e o ceo amosan a súa peor cara:


E fomos chegando a Rinlo, vila de orixe medieval cunha gran tradición pesqueira e que conta cunha confraría de pescadores máis antigas de España. Foi un porto baleeiro e tiveron gran importancia as súas cetáreas, aínda que destas falaremos no seguinte tramo deste Camiño Natural: Rinlo- Reinante.


Porto de Rinlo
En Rinlo tiñamos un coche, fomos a Ribadeo buscar os outros e xantamos na Rochela no restaurante  "O lar de Carmiña", na estrada xeral 634, no km 61.

Ningún comentario:

Publicar un comentario