mércores, 29 de abril de 2020

RUTA PENA MONTOL- FRAGA VELLLA (MONDOÑEDO)

Esta ruta, na Serra do Xistral transcorre polo medio dunha zona de gran singularidade paisaxística (a paisaxe que veremos é bastante diferente a das rutas que ata agora fixemos) A Fraga Vella está catalogada como Red Natura 2000.
Desfrutaremos da natureza en estado puro e veremos bosques de piñeiros, un bosque de acivros, grandes bolos graníticos, gando en estado libre... e subiremos a Pena Montol a case 800m. de altitude cunhas impresionantes vistas da S. do Xistral, a fraga As Veigas...
A Fraga Vella (moi recoñecida entre os veciños da zona porque na época de cogomelos son moitos os que desprazan ata aquí a recoller este manxar que abunda) está a uns 600m. de altitude e pertence ao concellos de Abadín e Mondoñedo. Este último concello foi o que  no ano 2015 acondicionou e ampliou a ruta que hoxe imos percorrer.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11km.
Dificultad: moderada pola deficiente sinalización que de non levar un track, pode levar a perdernos no monte e tamén pola subida a Pena Montol que aínda que é curta ten un gran desnivel. A baixada polo bosque de acivros tamén pode resultar algo dificultosa nalgúns momentos.
Ruta circular, regular sinalizada.
O track en WIKILOC:

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza AQUÍ:
Nós accedemos dende o Concello de Alfoz xa que nos quedaba máis cerca; tamén se pode acceder dende Mondoñedo. Os últimos km. en coche para chegar ao inicio da ruta son un suplicio de curvas, baches...a estrada máis ben é unha pista en bastante mal estado.
 Empezando a ruta:
Subimos por un piñeiral

A subida é lixeira

Hai que ir fixándose moi ben onde están os sinais para non coller unha dirección equivocada:


Ao rematar de atravesar este primeiro piñeiral desembocamos nunha pista pola que imos uns 100 m. e deseguida temos que torcer á dereita para volver internarnos na fraga pero imos atopar estes dous sinais contradictorios: o máis alto da frecha coa indicación de "Ruta Pena Montol Fraga Vella" e a continuación o máis baixo  coa típica cruz ou aspa indicando que non é por alí. Pero SÍ que é. Parece ser que a alguén lle debe molestar que se pase por aí e colocou ese sinal (Se nos damos conta, os sinais reais que indican que o camiño non é o correcto, teñen moito máis pequena a cruz) 
Así que hai que obviar ese sinal que pode levar a plantearnos dúbidas e seguir por ese camiño.

Adentrámonos noutro piñeiral
 
E camiñaremos durante un bo treito en paralelo á turbeira de Veiga da Cal. Unha turbeira é un humidal no que se acumula materia orgánica en forma de turba (plantas que se transforman en carbón vexetal debido á putrefacción e carbonificación parcial da vexetación en augas ácidas de pantanos, humedais...)
As turbeiras son pantanos lacustres de orixe glaciar que están compostas de materia vexetal máis ou menos descomposta. A turba vai acumulándose debido a que o proceso de putrefacción de vexetais en climas fríos é moi lento.
Unha vez desecada pode usarse como combustible e tamén é mi usada en xardinería para mellorar o chan pola súa capacidade para reter auga.
A Serra do Xistral reúne un gran número de turbeiras de cobertor, o máis representativo de España e un dos máis importantes de Europa. Son espazos moi importantes para a conservación do medio ambiente que debemos protexer.
Turbeira de Veiga da Cal

Atopamos grandes bolos graníticos:

 
E chegamos a unha estrada construida para dar acceso aos numerosos eólicos que hai nesta zona.
 
Atopamos outra turbeira:
 
Aquí temos a opción de continuar a ruta circular ou ben desviarnos 3 km. en total (ida e volta) ata Pena Montol. Nós optamos por esta 2ª opción.

Na Fraga Vella abunda o gando en estado libre:

Atravesamos outra ponte sobre o Rego da Cal:
A subida é curta pero ten un considerable desnivel.
Pena Montol está a 794 m. de altitude e dende aí temos unhas excelentes vistas:

Aí a temos, Pena Montol:

Estas fermosas paisaxes nos deixa a subida a Pena Montol. Mereceu a pena o desvío!

 Seguimos atopando grandes rochas:

 
Pasamos por un estreito pasadizo:

No que había ata unha cova:


Vimos rochas facendo equilibrio:

Atravesamos un bosque de acivros:

Bosque de acivros


Ao rematar a baixada do bosque de acivros, atopamos a pista que nos vai levar ao punto de partida. Seguimos vendo acivros.

Imos chegando ao final da ruta por un ancho camiño:

E chegamos á casa tapiada: Esta vivenda(única que atopamos) foi ampliada e mellorada por un xaponés que se dedicou á cría de gando e cultivo de cogomelos. Dende hai uns anos está totalmente abandonada e houbo que tapiar as portas e ventás polos numerosos ataques vandálicos que sufría.


Moi cerca, xa están os coches:


A Consellaría de Medio ambiente ten nesta zona, e coincide na ruta, unha finca de 700 hectáreas e dentro dela un bosque de 60 hectáreas onde viven en liberdade unha manda de cervos que a consellaría coida e vixila como reserva cinexética.

Máis información, AQUÍ:



Ningún comentario:

Publicar un comentario