luns, 27 de abril de 2020

RUTA VILAMOR-FROXÁN-VILAMOR (FOLGOSO DO COUREL)


Voltamos ao Courel para facer unha das rutas coñecidas e percorridas desta zona, moi atractiva xa que ten de todo: bosques autóctonos e tamén outros de sobreiras, madroños, aciñeiras...aldeas recónditas, fontes, pontes...

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11km.
Dificultade: Media
Ruta circular, ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza e remata na aldea de Vilamor, parroquia que pertence ao concello de Folgoso do Courel. En 2016 tiña 134 habitantes.
A ubicación de Vilamor, AQUÍ

Empezando a ruta:
Vilamor

Vilamor

Baixamos cara ao río Lor


E cruzamos esta ponte:

Agora empezamos a subir:

Un souto con vellos castiñeiros


E chegamos  a esta aldea perdida entre castiñeiros que parece sacada dun conto. Chámase Vilar, está situada a 550 m. de altura e conta con tres casas habitadas:




Nesta aldea visitamos a "Casa do Ferreiro" que ten unha singularr mostra de aparellos da casa e da labranza típicos desta zona:



Tamén nesta aldea está a Fonte da Saúde:

Despois de atravesar a aldea de Vilar, atopámonos coa capela de S. Roque. Ao pouco de pasar nós por alí arreglaronlle o tellado:




A uns 700m. desta aldea, atópase o Castro de Vilar pero como non cadra na ruta facíasenos moito andar outros 2km.  non fomos aínda que seica merece a pena, polas panorámicas que se contemplan e porque é o máis grande do Caurel. A pesares desto, atópase en mal estado

A partires de Vilar, o camiño empeza a baixar cara a Froxán.
 As cabras no monte
                                 Baixando polos montes do Courel

Antes de chegar a Froxán atopamos un sobreiral:

 Destas árbores sácase a cortiza(corcho)

Xa divisamos Froxán, aldea restaurada  e declarada Ben de Interese Cultural polo seu valor etnográfico:


A fonte do Milagro:



Estamos a 5km. de Vilamor:

 Vilamor
Vilamor ao lonxe

Para rematar, comemos no retaurante "Casa Comerciante". Comemos moito e ben a base de productos típicos da zona.
Esta noticia, alégranos moito!!Para lela, pincha AQUÍ:

1 comentario: