Este tramo de ruta corresponde oficialmente á 1ª etapa da ruta Camiño Natural do Cantábrico que nós dividimos en dúas. Xa fixemos Ribadeo-Rinlo e hoxe imos facer Rinlo-Reinante.
Iremos pegados á costa desfrutando de praias e cantís á beira do Cantábrico.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal perfectamente sinalizada
DESCRIPCIÓN:
Saimos do porto de Rinlo:
E atopamos as famosas cetáreas naturais. Son tres e foron das primeiras construídas en España. Aproveitando un canal natural que foi abrindo o mar e a erosión entre as rochas, construíronse uns muros de contención co fin de reter embalsada a auga. Criánronse nelas centolos, langostas e outros mariscos e funcionaron ata principios dos anos 90 do S. XX:
Primeiro camiñamos á beira do mar pegados a un valado de madeira:
E agora por un pequeno tramo de carretera:
E chegamos á praia dos Xuncos:
Na que descansamos un pouco, a pesares de que empezaramos a andar había pouco.
Parece que a xente xa tiña algo de fame |
Seguimos camiñando á beira do mar:
Era agosto pero non vimos o sol
Achegámonos ás praias dos Castros e de Illas:
Praias de Os Castros e de Illas, que está pegadas:
|
Praia dos Castros:
E seguimos pola beira do mar:
Chegamos a praia de Esteiro:
E xa moi preto, a archicoñecida praia de As Catedrais:
E despois a de Arealonga, xa en Reinante onde deixáramos un coche.
Hoxe tiñamos pensado comer ao aire libre e como non atopamos un sitio xeitoso á beira desta praia, fomos buscar os outros coches a Rinlo e marchamos comer á área recreativa do Bispo Santo, en Foz:
Chegamos a praia de Esteiro:
Praia de Esteiro |
Praia de As Catedrais |
E despois a de Arealonga, xa en Reinante onde deixáramos un coche.
Praia de Arealonga |
Hoxe tiñamos pensado comer ao aire libre e como non atopamos un sitio xeitoso á beira desta praia, fomos buscar os outros coches a Rinlo e marchamos comer á área recreativa do Bispo Santo, en Foz:
Ningún comentario:
Publicar un comentario