xoves, 30 de abril de 2020

RUTA PONCEBOS-BULNES (PICOS DE EUROPA)

Por 2ª vez imos aos Picos de Europa; desta vez imos facer un fermoso percorrido polo "Canal del Tejo ou del Texu" que nos vai permitir descubrir paraxes sorprendentes. Este desfiladeiro forma parte da coñecida como Ruta da Reconquista que percorre case na súa totalidade os Picos de Europa e que debe o seu nome ao percorrido que realizaron os musulmáns fuxindo despois da súa derrota na batalla de Covadonga no ano 718 dando lugar ao inicio da Reconquista.
    
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude. 8km. (ida e volta)
Dificultade: Media
Ruta lineal perfectamente sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza en Poncebos (Arenas de Cabrales)
Poncebos ubícase AQUÍ

A ruta coincide no seu inicio coa famosa ruta do Cares que xa realizamos: Se a ruta se realiza no verán será complicado aparcar; así que ou ben se madruga moito ou se deixa o coche en Arenas de Cabrales onde, en verán e S. Santa, hai servizo de autobuses ata Poncebos.
Nós, fomos en marzo e aínda que moita xente aparca xunto ao parking do funicular, nós aparcamos máis arriba, onde remata a carretera e así aforramos unha camiñata de 700m.

Nesta carretera deixamos os coches
Un pouco máis abaixo, collemos á dereita:
A ruta está perfectamente indicada, non ten perda
Empezando a ruta


O sendeiro que vai a Bulnes era a única vía de comunicación que tiñan os veciños da aldea con Poncebos ata o ano 2001 no que se inaugurou un funicular subterráneo que atravesa a montaña e fai o percorrido en 7 minutos, salvando un desnivel duns 400m.
Este desfiladeiro foi formado por un antiguo glaciar que partía do Pico Urriellu (Naranjo de Bulnes) ata Poncebos.

O río Bulnes ou Texu, acompáñanos durante un pequeno tramo ao principio:


Mirando atrás, vemos a carretera onde deixamos os coches e onde se inicia a ruta:


Atravesamos a ponte do Zardo:

E imos ganando altura. O día estaba chuvioso...


E imos meténdonos no desfiladeiro:


Seguimos a ganar altura pero como o sendeiro vai en zig zag, léva se ben:

Agora a pendiente xa se suaviza:

Xa vemos o barrio alto de Bulnes, Bulnes de Arriba ou O Castelo.


Estamos na ponte Colines:

Entrada ao funicular. Bulnes está a 700m. É bastante habitual a alternativa de subir a Bulnes en funicular e baixar camiñando pero se se pode facer tamén a subida, merece a pena percorrer este sendeiro para darnos conta da dureza de vida nestas illadas aldeas.

Chegando a Bulnes de Abaixo:


Bulnes. Esta fermosa aldea, situada no corazón dos Picos de Europa, ten a maioría das casas reconvertidas en restaurantes, bares e aloxamentos rurais:


A uns 400m está o Mirador de Bulnes:
 Ao loxe, vemos Bulnes de Arriba ou O Castelo
                       Todo Bulnes: o de arriba e o de abaixo
No medio da montaña, entre as nubes e con neve, O Urriellu ou Naranjo de Bulnes.

Comemos en Bulnes:


E despois de comer, dispoñémonos a baixar tranquilamente:

Luisa, con problemas nos pés, baixou en funicular:

Baixando:

Houbo alguén do grupo que se aventurou a baixar por outro lado, ao pé do río:
 
E imos chegando a Poncebos:

Para saber algunha cousa máis sobre Bulnes e sobre todo ver fotografías espectaculares, pincha AQUÍ:

Ningún comentario:

Publicar un comentario