sábado, 2 de maio de 2020

RUTA TRES BISPOS ( CERVANTES-OS ANCARES)

A coñecidísima ruta de Tres Bispos é unha das máis realizadas nos Ancares porque para ser de montaña non é complicada e porque nela atopamos grandes paisaxes.
Nos Ancares podemos atopar montañas de 2000 metros entre frondosos bosques, verdes vales e unha variada fauna de pitas do monte(ao borde da extinción), xabaríns, lobos, raposos...por algo esta zona está declarada Reserva da Biosfera.  É un lugar para perderse na natureza e para desfrutala no seu máximo grao.
 A comarca de Os Ancares está situada entre as provincias de Lugo e León e fai de fronteira natural entre as dúas provincias. 
Esta zona foi habitada polos Celtas que se refuxiaron nestas montañas fuxindo dos romanos. Proba desto son a grande cantidade de castros que hai.
Ao estar lonxe das cidades e debido ao intrincado dos seus vales e montañas, Os Ancares tivo sempre un aislamento que favoreceu a supervivencia de tradicións e dunha arquitectura popular representada sobre todo nos cabozos e nas pallozas.
Para realizar esta ruta temos que ir ata o concello de Cervantes, na provincia de Lugo. Dende a aldea de Degrada, collemos unha desviación para chegar ao albergue dos Ancares, de onde parte a ruta.
Situación do Concello de Cervantes na provincia de Lugo:
Mapa provincia de Lugo

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 16km.
Dificultade: media

Ruta circular ben sinalizada agás na Campa dos Tres Bispos.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza AQUÍ

Estamos en Campo da Braña onde se atopa o albergue "Os Ancares" a 1420m de altitude. Nós fixemos esta ruta no ano 2017 e ao ano seguinte seica este albergue pechou.


Uns poucos metros máis abaixo, colleremos á esquerda

As vistas dende o albergue:


Os primeiro metros da ruta transcorren por carretera asfaltada en suave subida e despois pasa a ser pista de terra, moi cómoda:


Na Campa de Ortigosa descansamos un pouco:

Vistas chegando á Campa dos Bispos:

Na Campa dos Bispos. Aquí era onde din que se xuntaban os bispos de Astorga, León e Lugo para tratar os seus asuntos. De aí o nome do lugar.
Houbo xente do grupo (os homes, todos) que se animaron a subir ao Pico Tres Bispos e as mulleres agardamos abaixo, na campa.
Campa tres Bispos, ao fondo o camiño para subir ao Pico

Campa Tres Bispos
Subindo a Tres Bispos:
Aló enriba, parecen formiguiñas, van os homes

Estas intentárono pero deron a volta
Esperando que baixaran os homes(tardaron sobre unha hora en ir e volver)

Seica merece a pena subir ao Pico de Tres Bispos a 1.795m. de altura polas vistas en 360º que hai do val leonés da Serra dos Ancares así como de Somiedo, Pena ubiña, Leitariegos, O Mustallar... así que temos que volver facer esta ruta para subir os que no 2017 non o fixemos.

Para facer a ruta circular, hai que ir segundo se baixa de Tres Picos, por un sendeiro á esquerda ou vindo do albergue, na Campa pillar á dereita. Aquí a sinalización non estaba clara e o sendeiro non se percibía ben. Unha vez localizado hai que seguilo a través dunha carballeira:

Ata chega á Golada da Vara, onde comemos:



Imos cara á Cabanavella:



E pasamos por un precioso bosque de acivros:



E coincidimos ao final nun pequeno tramo que fixemos á subida.

Pois é unha pena esta noticia ,nós aínda tomamos alí o café ao rematar a ruta. A noticia AQUÍ:

Ningún comentario:

Publicar un comentario