domingo, 3 de maio de 2020

RUTA INSUAS DO MIÑO (RÁBADE-OUTEIRO DE REI)

Esta é unha das rutas máis fáciles e curtas que fixemos pero tamén dunha espectacular fermosura. As fotos van demostralo.


As Insuas do Miño son pequenas illas orixinadas polos sedimentos que o río Miño non é capaz de arrastrar debido a que o terreo é moi cha. Esto orixina que eses sedimentos queden depositados nas ribeiras formando aluvións. Ano tras ano, os sedimentos van medrando e chegan a formar verdadeiras barreiras naturais para o río que ten que buscar camiño formando distintos brazos. O terreo que emerxe entre eses brazos é o que forma as Insuas que son un espazo natural protexido de alto valor medioambiental e forman parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
O percorrido pasa por dous concellos : Rábade e Outeiro de Rei.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 5km.
Dificultade: moi baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza en Rábade, na área recreativa ao pé do antiguo edificio do concello, hoxe convertido en Centro de Conservación e Estado da Natureza chamado Casa das Insuas.

A ruta empeza AQUÍ:

Casa das Insuas

Área recreativa:
A área recreativa está pegada á Casa das Insuas.

Todo esto está xunto: a Casa das Insuas, a área recreativa e a ponte romana con trazas medievais:
Esta ponte une Rábade con Outeiro de Rei
Empezamos a camiñar xusto na área recreativa:


Camiñamos por un sendeiro ben fermoso!!


Deseguida vemos a ponte do tren:



Imos á beira do Miño, contemplando as Insuas:


Que sendeiros!!

O verde acompáñanos todo o percorrido:


E tamén as árbores:

Inmensos carballos


Outra Insua:

O sendeiro vai á beira de prados:

Onde pastan as vacas:


Atravesamos varias pontes de madeira:


Por esta pasamos á outra beira do río, dando xa a volta:

Atpamos flores preciosas:

E descansamos un pouco aínda que o camiño non canse a ninguén:

E chegamos á carretera:

Pasando a carón do muíño de Felpas:

E da Fonte da Pinguela:

Xa de volta, estivemos vendo unha preciosa casa restaurada:





Todos os que realizamos esta fermosa ruta:


Ningún comentario:

Publicar un comentario