Valdés é un dos concellos máis extensos de Asturias. Xeográficamente ten dous modelos diferentes: a Mariña, integrada por 6 parroquias na zona costeira e 8 parroquias de interior.
Luarca, a capital do concello, é unha fermosa vila situada nunha enseada onde desemboca o Río Negro. É unha vila mariñeira que foi un importante porto pesqueiro dende a I. Media. A súa forma asemella a un anfiteatro con dous miradoiros e unha capela a cada lado.
Xa fixen outras rutas no concello de Valdés. Delas, hai dúas nas que xa visitáramos Luarca e son estas:
Luarca- Praia de Portizuelo-Luarca
Miradoiro do Chano+ Capela da Regalina
Oira falar da Senda de Punta Muyeres e dos xardíns de Fonte Baxa e quería coñecelos. Como o percorrido desta Senda de Punta Muyeres é moi curto decidín ampliar esta ruta da forma que xa comentarei e ademais visitei o Bosque- Xardín de Fonte Baxa que na miña opinión é algo que non se debe deixar de visitar se ides a Luarca.
Características da ruta:
Lonxitude: 9 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sinalizada en parte. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Aparquei o coche ao pé da praia de Luarca que hoxe coa marea alta e o temporal de mar que había non deixaba area ningunha.
 |
Praia de Luarca |
O Paseo Marítimo hoxe, aínda que estaba un día ben fermoso, aparecía case baleiro. As rochas que vemos no medio do mar dividirían a praia en dúas , en 1º plano a chamada praia primeira e despois das rochas, a praia 2ª.
 |
Paseo Marítimo |
Deseguida me achego a estas escaleiras de madeira onde hai un panel grande da información do percorrido.
"La Senda de Punta Muyeres recorre las alturas de la rasa cantábrica más allá de El Chano, sobre los acantilados que sobrevuelan el conjunto de las playas de Luarca, regalando a los viajeros incomparables panorámicas del marco escénicp que componen el conjunto de la Villa Blanca, su litoral y la mar cantábrica"
Subo por estas escaleiras disposta a realizar "un itinerario circular de gran valor ecológico y paisajístico que se inicia en la playa segunda de Luarca y nos lleva por caminos entre praderías y campos de maíz hasta la cercanía de la Punta Muyeres que cierra al oeste la ensenada de la playa de Salinas, donde la senda desciende de nuevo a la mar para regresar al punto de partida"
Segundo vou subindo as escaleiras, as vistas melloran.
Este camiño lévanos tamén á entrada do Bosque Xardín de Fonte Baxa: "Uno de los jardines más impresionantes de Europa y una visita imprescindible por los colores y olores de su biodiversidad vegetal y los numerosos tesoros que esconde ente sus paseos"
 |
Xardín de Ponte Baxa |
O xardín está dividido en dúas partes que separa este camiño. Para pasar dunha a outra hai que cruzar esta ponte azul ou outra máis que hai máis arriba, tamén da mesma cor.
 |
Ponte que cruza o camiño para poder pasar dunha zona a ºoutra no Bosque-Xardín de Ponte Baxa. |
Según vou subindo, á miña esquerda podo ver parte deste xardín. O que vexo paréceme precioso. Non me perdo a visita!!
 |
Xardín de Ponte Baxa |
A variedade de plantas e árbores é extraordinaria!! |
Xardín de Ponte Baxa |
Nos anos 80 esta zona era un val de verdes prados repartido en multitude de parcelas e propietarios que nos anos 90 pasou de xeito progresivo e vertixinoso a ser unha única parcela onde naceu este xardín pegado a unha vivenda recén construida polos Marqueses de S. Nicolás de Noras.
 |
Xardín de Ponte Baxa |
Agora o percorrido vai entre campos de millo coas montañas ao fondo.
Este cereal (o millo) foi traído a España no S. XVII por un gobernador de Florida nativo de Tapia (Gonzalo Méndez de Cancio)e esto supuxo en Asturias unha revolución de consecuencias socioeconómicas importantes.
No occidente asturiano extendeuse o cultivo de millo moi rápido e permiteu en séculos pasados o enriquecemento de nobres, propietarios rurais e do clero.
 |
Terras de millo cerca do mar |
O camiño anterior remata nun punto para dar paso a esta pista que semella de recente creación.
Punta Muyeres ten unha cala moi pequena chamada Praia Castiel. Dede a praia de Salinas hai un acceso pero é moi dfícil e perigoso.
A praia de Salinas, tamén chamada praia 3ª, ten area aínda en marea chea. Destacan nela cas casetas de cores e que non ten acceso rodado. Só se pode chegar a pé dende o Paseo Marítimo.
No ano 2021 quedou ao descuberto este Castro de Punta Muyeres chamado El Castiel. Nese ano houbo excavacións e limpeza e foron descubertas a entrada ao poboado e restos de cerámica. No 2024 houbo unha segunda excavación. Actualmente o castro aparece totalmente cuberto de maleza e só se poden aprezar os fosos defensivos do mesmo.
O nome de Punta Muyeres débese a que dende aquí despedían e recibían as mulleres dos mariñeiros aos seus homes cando estes ían ou viñan do mar.
 |
Punta Muyeres, onde houbo un castro |
Vou por un camiño que me vai levar deseguida á praia de Salinas.
O camiño que traemos desemboca na Praia de Salinas que está moi tranquila un día de finais de agosto e con bo día e boa temperatura.
 |
Praia de Salinas ou 3ª |
Vou polo Paseo Marítimo cara á seguinte praia onde deixei o coche.
O mar hoxe está especialmente bravo. De frente vemos no alto a capela de Nosa Señora La Blanca ao pé do cemiterio onde está soterrado o Nobel de Medicina e Fisiología Severo Ochoa.
Vemos tamén o Faro de Luarca e o restaurante Miramar.
Este pequeno e colorido edificio que vemos xusto na desembocadura do río Negro é o antigo Club Náutico, hoxe unha vivenda privada. É moi característico na vila e foi construido a finais do S. XIX sobre un illote. É unha zona de paso para acceder ás praias e lugar de paseo para mirar o mar en calma ou enfurecido.
Este lugar é coñecido como Marchica
 |
Antigo Clube Náutico |
O Río Negro e a igrexa parroquial de Santa Eulalia. O río Negro nace no concello de Villayón e é moi curto xa que só ten 11,7 km. Desemboca aquí en Luarca, no mar Cantábrico.
 |
Igrexa e río Negro. |
Empezo a subir polo barrio da Pescadería que no ano 1956 foi galardoado como o barrio máis limpo e coidado grazas ao esforzo dos seus veciños. Teño que dicir que despois de tantos anos segue a ser un barrio precioso e moi limpo.
 |
Barrio da Pescadería |
Este antigo barrio de pescadores conserva o seu trazado medieval de rúas laberínticas e estreitas que salvan os desniveis con escaleiras e onde as casas están superpostas unhas enriba doutras. Ten recunchos e miradoiros moi fermosos.
 |
Barrio da Pescadería |
Un fermoso miradoiro natural entre dúas vivendas.
 |
Barrio da Pescadería |
Atopo un mural sobre cerámica chamado "La Guía" que é obra de J. Alfonso.
 |
Mural no barrio da Pescadería. |
Un barrio onde as casas parece que colgan e onde hai escaleiras para salvar tramos con desnivel.
 |
Barrio da Pescadería |
Se miro cara arriba xa vexo a capela de S. Roque.
Vistas segundo imos subindo polo barrio da Pescadería.
Vista das praias 1ª e 2ª de Luarca que realmente son unha sola. A división entre 1ª e 2º fana as rochas que hai no medio do mar.
Fermosa imaxe da capela, cemiterio, faro e antigo Club Náutico asomando ao Cantábrico.
Xa a piques de chegar ao Miradoiro El Chano.
Dende El Chano, fabulosa imaxe de Luarca co seu porto que é un dos máis importantes de Asturias. Dende tempos antigos, a actividade económica de Luarca baseouse na pesca e a súa flota pesqueira foi unha das máis importantes na pesca da balea.O porto está situado nunha fermosa enseada natural.
 |
Porto de Luarca |
O río Negro atravesando Luarca. Nótase a sequía deste verán.
Xa na parte máis alta, O Chano, temos a capela de S. Roque e S. Martiño. É barroca do S. XVII. Derriba da porta da entrada ten a seguinte inscripción: " A mayor Gloria de Dios. Esta capilla fue trasladada dede la villa a este sitio y reedificada a expensas del párroco y los vecinos del Chano en el año 1916"
 |
Capela de S. Roque e S. Martiño |
A carón da capela plantaron no 2020 un teixo na honra dos falecidos por COVID. Chámase "El tejo de la memoria"
Dende o Chano torcemos á dereita e chegamos á Praza da Vicha. |
Praza da Vicha |
Deseguida chego de novo á entrada do Bosque Xardín da Fonte Baxa que quero visitar. A entrada individual custa 5€ e 1€ máis se queres un mapa que che trae o plano do lugar e moita máis información. A visita dura o tempo que se queira estar dentro e tamén, a determinadas horas hai visitas guiadas. Eu preferín ir pola miña conta parando onde me apeteceu, indo ao meu aire e sen presa ningunha.
 |
Entrada aos xardíns |
Este Bosque-Xardín, nos anos 80 era un val de prados repartidos en multitude parcelas e de propietarios. Nos anos 90 de xeito progresivo e tamén vertixinoso empezou a ser unha única parcela pegada a unha casa recén construida por José Rivera Larraya (marqués de S. Nicolás de Noras) quen quixo facerlle este xardín á súa muller Rosa Mª Pardo como agasallo. Así foron adquirindo de forma progresiva parcela tras parcela.
Empecei o meu paseo a través do único tramo con alquitrán, chamado Paseo de Laura (Laura Rodríguez é unha viveirista de camelias) flanqueado de camelias a un lado e de distintas especies arbóreas ao outro.
No Paseo de Laura tamén hai oliveiras e outras árbores.
Ao longo do percorrido atoparemos varios miradoiros sobre o Cantábrico e a vila de Luarca.
O Xardín posee tamén elementos arquitectónicos en forma de columnas:
Dende o Miradoiro da Pirámide, que é outro dos atractivos do xardín, pódese desfrutar dunha panorámica única. Ao pé dela hai un estanque que está en proceso de recuperación.
 |
A Pirámide |
En calquera lugar pode aparecer unha escultura.
É imposible plamar en fotos a inmensidade e variedade arbórea deste xardín. Hai centos de azaleas,camelias, magnolios, rododendros, hortensias, palmeiras, bidueiras e árbores máis exóticos como cycas, cedros,ginkgos...e moitísimos máis traídos dos 5 continentes.
Estes xardíns foron coñecidos en tempos pasados como Xardíns de Panrico xa que José Rivera foi un dos fundadores desa empresa actualmente absorbida por Bimbo.
O Bosque Xardín da Fonte Baxa está dividido en dúas partes por un camiño que cruzan dúas pontes. Non é un xardín en chao senón que ten partes altas e baixas polo tanto hai que "cansarse" porque por riba é moi, moi extenso.
Na foto seguinte, o camiño que separa o xardín e unha das dúas pontes para cruzar.
Este xardín é posiblemente a obra de xardinería máis importante do S. XX en España. Pouco despois de empezar o S. XXi o mantemento do xardín foise reducindo ata desaparecer e entrou nun estado total de abandono facéndose inacesible e en continuo deterioro.
No ano 2020 o concello de Valdés chegou a un acordo cos propietarios para alugar estes xardíns co obxectivo de recuperalos para o desfrute de todo o mundo. En marzo de 2021 despois dunha rápida e gran adecuación abreouse este lugar. No ano 2021 o concello de Valdés mercou o 50% da propiedade e os Marqueses de S. Nicolás de Noras donaron os ornamentos (fontes, esculturas...) como elementos inseparables do xardín.
Estamos no Paseo chamado Aliseda de Ribera onde hai amieiros, felgos, loureiros...nun tramo que agora é estreito e vai serpeando.
Hai 9 Paseos Temáticos o que vemos na foto seguinte á dereita é o Paseo das Bidueiras. Outros son o Paseo do Azahar (multitude de laranxeiras), o Paseo Chino con teixos, camelias e outras especies singulares, o Paseo das Cycas, o Paseo dos Magnolios...etc
A Praza do Campanario, así chamada pola espadana dunha igrexa orientada ao cabo de Punta Muyeres.
Hai multitude de recunchos onde pararse a desfrutar ademais hoxe e a pesares de ser un domingo de agosto, había moi pouca xente.
O fermoso recuncho dos Leóns...
Dende o propio xardín é de onde mellor se ve a casa dos marqueses.
Estas escaleiras daban directamente á vivenda.
A exuberancia en plantas e árbores deste Bosque- Xardín é impresionante.
O espazo chamado "A Gruta" ten unha fermosa estatua en mármore de Carrara. Moitos dos elementos arquitectónicos que atopamos foron traídos polos marqueses dos moitos países aos que viaxaron.
Un recuncho precioso polo que pasa un rego aínda que apenas levaba auga.
Un dos xardíns máis fermosos que levo visto.
A extensión de máis de 20 hectáreas que ten o xardín dá unha idea do tempo que pode levar percorrrelo todo.
Eu penso que esta é unha visita imprescindible en Luarca. Se che gusta a natureza, claro.
Estou agora no Paseo das Cycas no que se poden ver distintas especies de palmeiras.
E xa vexo a ponte pola que teño que cruzar porque a entrada/saída está no outro lado do xardín.
Chaman a atención tantos lugares!! Por exemplo esta pagoda tan colorida!
Xa moi cerca da saída.
Este é o elemento escultóricop que hai na entrada aos xardíns e que inevitablemente vemos dúas veces xa que por aí é tamén a saída.
Marcho de Fonte Baxa cunha sensación de ter visto algo único, percorrín a inmensa maioría do parque se ningunha presa e desfrutando e sacando moitísmas fotos e levo tamén a sensación e sei que me quedaron cousas por ver: o Paseo Mediterráneo, o Miradoiro do Cantábrico, a Plaza do Granado...e teño unha cousa segura: quero voltar a este lugar noutras estacións do ano por exemplo en outono e primavera porque ten que ser tamén espectacular!
Páxina web empregada:
https://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Negro_(Asturias)