martes, 17 de febreiro de 2026

LABRADA POLA SERRA DO XISTRAL (ABADÍN)

 A Serra do Xistral  esténdese por varios concellos, entre eles o de Abadín, nas  parroquias de Labrada e Montouto.

Na parroquia de Montouto xa fixen dúas rutas pola Serra do Xistral e hoxe tocoulle á de Labrada. A ruta de hoxe ten unha 1ª parte pola Serra e outra parte xa fóra dela.

Características:

Lonxitude: 8,5 km. aprox. O track só chega aos 7 km. porque se me acabou a batería. Ata o remata de ruta, no punto de inicio, só faltan 1,5 km. aprox.que non teñen perda.

Dificultade: fácil

Ruta circular. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Iniciei esta ruta na igrexa de S. Pedro de Labrada.

Igrexa de S. Pedro de Labrada

A igrexa atópase nun alto, a 590m. de altitude e ten ao pé un cruceiro e un inmenso castiñeiro. 

Arranco a camiñata por un camiño que sae por detrás da igrexa.

Vistas aos prados e ao camiño polo que voltarei despois.

Diversos lugares da parroquia espallados pola paisaxe.


Un paso canadiense dá entrada á Serra do Xistral.

Aló ao lonxe divísase a Serra da Toxiza.



Os prados da parroquia, agora xa non quedan coma antes terras de labor.

Esta ruta ten boas e fermosas vistas:


Un lugar ben fermoso:

Nesta ruta si que vin bastante gando cabalar e vacuno.

Distintas tonalidades de verde:

Pistas fáciles de percorrer:

Atraveso agora un piñeiral.

Unha vaca solitaria parece vixiarme. Empezo a baixar.

O percorrido é agora en baixada con vistas espectaculares ao frente e con gando ás beiras,

Nun momento desta baixada oio á dereita un ruxido de auga, asómome e vexo unha zona anegada a consecuencia dun rego que trae moita auga e se precipita nun pequeno salto.




O Rego de Portomil que baixa da serra:

Saio da Serra do Xistral do mesmo xeito que entrei: por un paso canadense.

E xa entro en zona de prados e aldeas.

Peches de leiras en pedra que conservan a súa antigüidade.

Desemboco nunha estrada local e pillo á dereita nun 1º momento pero NON é por aí!!! Esa estrada cara á esquerda é para acceder a dous núcleos pequenos e NON ten saída. HAI QUE PILLAR Á ESQUERDA.

Pasamos polo lugar de O Coto.

 
Deixamos a estrada para pillar un camiño á esquerda.

Este camiño vai levarnos deseguida ao inicio de ruta.

Detrás das árbores está a igrexa ao pé da que teño o coche.

E xa a piques de rematar a ruta saco este foto ao campo moi ben coidado que hai detrás da igrexa.