A Serra do Xistral esténdese por varios concellos, entre eles o de Abadín, nas parroquias de Labrada e Montouto.
Na parroquia de Montouto xa fixen dúas rutas pola Serra do Xistral e hoxe tocoulle á de Labrada. A ruta de hoxe ten unha 1ª parte pola Serra e outra parte xa fóra dela.
Características:
Lonxitude: 8,5 km. aprox. O track só chega aos 7 km. porque se me acabou a batería. Ata o remata de ruta, no punto de inicio, só faltan 1,5 km. aprox.que non teñen perda.
Dificultade: fácil
Ruta circular. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Iniciei esta ruta na igrexa de S. Pedro de Labrada.
| Igrexa de S. Pedro de Labrada |
A igrexa atópase nun alto, a 590m. de altitude e ten ao pé un cruceiro e un inmenso castiñeiro.
Arranco a camiñata por un camiño que sae por detrás da igrexa.
Vistas aos prados e ao camiño polo que voltarei despois.
Diversos lugares da parroquia espallados pola paisaxe.
Un paso canadiense dá entrada á Serra do Xistral.
Aló ao lonxe divísase a Serra da Toxiza.
Esta ruta ten boas e fermosas vistas:
Un lugar ben fermoso:
Atraveso agora un piñeiral.
Peches de leiras en pedra que conservan a súa antigüidade.
Pasamos polo lugar de O Coto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario