venres, 20 de febreiro de 2026

PENACOBA E BRAÑANOVA POLA SERRA DA BOBIA (VILANOVA DE OSCOS)

No concello de Vilanova de Oscos fixen xa tódalas rutas homologadas que ten este municipio, todas interesantes e fermosas como son tódalas dos Oscos.

Características da ruta: 

Lonxitude: 9,4 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

 Penacoba é unha aldea do concello de Vilanova de Oscos onde ten inicio e fin esta ruta. Está situada a case 800m. de altitude e no día de hoxe o vento soplaba frío e con forza.

Penacoba
Esta é a parte máis alta da aldea. Ten outras partes máis baixas polas que tamén pasaremos á volta.
Penacoba
Con 778m. de altitude, esta aldea ten boas vistas. Na foto vese a pista pola que despois subiremos

Alonxámonos da aldea contemplando prados e un pico aló ao lonxe. Pasaremos ao pé del.

Á dereita, un bosque autóctono e no fondo, o Rego Acebeiral que non distinguimos dende aquí pero que se adiviña.

Imos en lixeira subida e deseguida empezaremos a baixar.



Agora toca asfalto por esa estrada solitaria na que non atopamos unha alma.


Xa vemos, aló embaixo, o lugar de Brañanova e preguntámonos se vivirá alguén nun sitio tan illado e solitario. Axiña o imos adiviñar.

Á beira da estrada hai árbores con liques que indican que o aire aqui é puro, sen contaminar.


Muros separando fincas que xa teñen seguramente centos de anos.
Brañanova
Aínda que semella que está abrigada, esta aldea está a  947m. de altitude. Aquí vive unha familia, polo menos vimos a unha muller moi amable que saeu a falar con nós.
Brañanova

Unha imaxe que dá idea do costoso que era traballar estes prados que antes foron leiras de labor en Brañanova.

En Brañanova remata a estrada. Pillamos este fermoso camiño:

Empezamos unha subida constante pero moi suave que nos vai levar ao Parque Eólico  Chao das Grallas na Serra da Bobia.

A muller coa que falamos advirteunos deste peche que é fácil de sacar e vover a poñer.

Por aquí chegaremos á estrada AS-361

Abrimos este peche (é importante sempre que camiñamos por lugares así, onde hai estes peches para o gando, deixalos sempre como se atopan) e estamos xa na estrada AS-361 que vai a Illano, Pesoz...

Imos durante 1km. por esta estrada.

Estamos a 1063m. de altitude, o punto máis alto desta ruta.

Estamos no Parque Eólico Chao das Grallas.

Unha paisaxe inmensamente fermosa.

Mirando á dereita, vemos Brañanova por onde pasamos antes.

Nesta zona houbo incendios.

Aí abaixo, resgardada entre as montañas, atopamos a aldea de S. Cristobo que visitei en dúas ocasións copn motivo das rutas do Silencio e da Bobia que pasan por aí. É unha aldea e parroquia de Vilanova de Oscos moi, moi fermosa polo seu entorno natural e polas súas construccións tradicionais.

Atopamos esta vaquiña que nos deu pena porque camiñaba con moita dificultade por unha coxeira.

Frente a nós, o Pico do Somo coa estrada que baixa a S. Cristobal.

Estamos a piques de enlazar coa estrada que nos vai levar ao inicio da ruta.

Vemos moitas árbores con liques á beira da estrada. A contaminación debe ser nula, porque son contados os vehículos que transitan por aquí.


Aló embaixo, a aldea de Morlongo con 4 vivendas que dá nome tamén a unha fermosa cascada que hai moi preto da AS- 11.

A estrada pola que baixamos está rodeada de bidueiras.

Xa vemos Penacoba, a onde chegaremos axiña.

Este barrio cahmado Ponte de Penacoba está a beira da AS- 11 á que agora imos chegar.

Pasamos pola parte baixa da aldea de Penacoba.

 Chegamos deseguida á parte aldea da aldea, onde temos o coche.


Ningún comentario:

Publicar un comentario