Se imos pola AS-22 cara a Boal dende Galicia, pasaremos por un lugar a bastante altitude onde veremos un letreiro que pon Alto da Penouta 780m. Pois neste lugar hai un doble cruce. Un lévanos ao Miradoiro de Penoura costa e ao Penedo Aballón e outro lévanos ao Miradoiro de Penouta interior na área recreativa de Pena Queimada. Nós hoxe iremos por este último itinerario.
A AS-22 rompe en dúas a Serra da Penouta e hai rutas cara a un lado e cara ao outro.
Esta vai ser a 4ª ruta que fago neste concello.
Boal ou Bual é un concello asturiano que ten a capital na vila do mesmo nome. Ten unha poboación que non chega aos 2000 habitantes en todo o municipio que falan o eonaviego ou galego- asturiano.
É un concello con moitos restos antiguos como túmulos funerarios, dólmenes, castros... así mesmo conta cunha natureza privilexiada.
Este concello sufríu a finais do S. XIX e principios do XX un gran fluxo migratorio cara a Cuba que vemos manifestado nas moitas casas indianas e outros edificios, sobre todo escolas, que hai.
Características desta ruta
Lonxitude: 9 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. Hai unha ruta oficial da Serra de Penouta homologada como PR-AS 250 que ten inicio e fn na vila de Boal e que ten 780m. de desnivel e 23 km. Para mín é moito por eso decidín facer unha ruta deste xeito. Queda para outra ocasión a outra parte desta serra.
O track da ruta en WIKILOC
Descripción:
Inicio esta ruta no lugar que xa dixen, ao pé da As-22. De frente queda a outra parte da Serra. Teño xa planificada unha ruta por esa outra parte.
| Frente a nós, pico Penouta |
Lugar onde deixei o coche, un sitio cómodo ao pé mesmo da estrada.
Inicio unha suave subida entre piñeiros
Deseguida chego á Área Recreativa de Pena Queimada.
| Área recreativa de Pena Queimada. |
Dende a área recreativa temos vistas á Serra da Bobia, de Carondio, Somiedo, Ubiña... e máis cerca vemos Boal, Villayón, o Pico de Penácaros...
| Miradoiro interior na Área Recreativa de Pena Queimada. |
| Área recreativa de Pena Queimada. |
No medio desta área recreativa hai unha necrópole tumular. Na Serra da Penouta hai varias e son os elementos de maior antigüidade do concello
| Túmulo |
|
| De frente, Pico de Pena Queimada |
Estamos á maior altitude da ruta (876m.) Aquí xa no medran árbores.
Agora, ao torcer á esquerda, deixo a pista e entro nun camiño.
Dende esta altura, diviso ben Boal e arredores.
Vese un camiño que serpea ao redor dese pico máis baixo. Por aí pasarei despois.
O camiño é perfecto para andar: co chan de herba, limpo...
Aló embaixo, Carrugueiro.
Diviso ao lonxe o Pico Penouta e a aldea do mesmo nome.