sábado, 23 de maio de 2020

XEORUTA DO CROMO (CEDEIRA)


Esta ruta atópase na Costa Ártabra en plena Serra da Capelada, onde se atopan os cantís máis altos de Europa. Esta Serra pertence a tres concellos: Ortigueira, Cariño e Cedeira. Todos da provincia da Coruña.
A Serra da Capelada ten un gran interés xeolóxico e a esta ruta debe  o nome a que hai presenza de rochas que conteñen cromo e platino.
Hai que decir que esta ruta non está homologada, polo tanto está sen sinalizar pero dende onde nós a empezamos e sabendo a onde queres ir, non ten perda.
O que hai que pedir é sorte para que toque un bo día, que estea despexado e non sopre moi forte o vento. A nós tocounos de todo: vento e néboa nas alturas a pesares de que partimos cun día despexado.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8 km. aprox.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular sen sinalizar

DESCRIPCIÓN:
Partimos dende o Mirador O Cruceiro de Teixidelo. Este mirador é un dos máis representativos da Serra da Capelada. Dende aquí veremos a aldea de S. Andrés de Teixido, a Punta do Cadro cos cantís de Teixidelo e no alto a Garita de Herbeira.
A situación do Miradoiro é ESTA

Á esquerda do poste da luz, vemos S. Andrés de Teixido

Cantís de Teixidelo

Subindo ao miradoiro O Cruceiro de Teixidelo


Como a ruta non está sinalizada pero queríamos ir ata a Garita de Herbeira e víamos onde quedaba dende onde estábamos, atravesamos un piñeiral xa que non queríamos ir por carretera:

O mar queda sempre á nosa esquerda:

O gando pasta libre:

O último tramo foi por carretera:


Cando estábamos a punto de chegar á Garita de Herbeira, apareceu de súpeto a néboa:

A Garita de Herbeira é una construcción de pedra duns 15m cadrados levantada orixinariamente no S. XVIII. A construcción actual é de 1805 e formaba parte dunha serie de postos de vixiancia costeira e marítima ao longo da costa. É o punto máis alto da Serra da Capelada cuns impoñentes cantís. As vistas dende aquí cando non hai néboa, algo que ocorre frecuentemente, son inmellorables.
(A foto é de www.queverengalicia.com xa que nós coa néboa non fomos capaces de fotografala)

Deseguida, a medida que baixabamos, a néboa desaparecía:



Dende aquí xa víamos onde deixáramos os coches:
Serra da Capelada

Típica paisaxe de rochas moi interesante xeoloxicamente:


O vento si que non deixaba de soprar:


Case chegando de novo aos coches atopamos este cabalo:

Dende aquí, algúns baixaron a S. Andrés de Teixido en coche, otros decidimos facelo andando (aprox. 3 km.)

O sendeiro é curto pero nada doado de camiñar. Ten moitísimas pedras grandes!!!

Xa chegando ao final:

S. Andrés!


Arredores da capela. Ao fondo, a famosa fonte:



xoves, 21 de maio de 2020

RUTA MUÍÑO DE GARCÍA.( O CHAO DE POUSADOIRO- RIBEIRA DE PIQUÍN) PR-G229

Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo que pertence á comarca de Meira. No ano 2018 contaba con 543 habitantes habitantes e pertenceu a Asturias ata o ano 1833. É un municipio eminentemente rural e a súa capital é  O Chao de Pousadoiro.
E ata  O Chao de Pousadoiro temos que ir para realizar esta ruta fluvial á beira do río Eo dentro da Reserva da Biosfera Oscos Eo Terras de Burón e da Rede Natura 2000
Esta é a ruta en WIKILOC  (copiada de "Caminando entre Senderos")

Características da ruta
Lonxitude: 9,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada

Descripción
A ruta empeza na área recreativa de O Chao de Pousadoiro Pincha AQUÍ:


Empezamos atravesando as Veigas de Pousadoiro, terreos fértiles a carón do río:

Camiñamos deixando o Eo á esquerda:

Subimos e baixamos escaleiras:

E fomos moitas veces moi pegadiños ao río:


Unha pequeña subida pero non ten ninguna dificultade!

Pasarela do Colado de Lamas, una ponte colgante rodeada dunha impresionante paisaxe:

E chegamos ao Muíño de García construido en 1892 por José García López como forma que tiñan naquela época de aproveitar a auga. No ano 1930 foi reformado para subministrar enerxía eléctrica a varios nucleos de R. de Piquín.
Muíño de García

Aquí  fixemos un alto para repoñer forzas.

Aquí remata a ruta. Queda dar a volta por onde viñeramos e estes prados están xa case chegando de volta a O Chao de Pousadoiro:

 
Estamos de novo na área recreativa e piscina fluvial da vila:

O Chao de Pousadoiro que no ano 2019 contaba con 59 habitantes:

Un habitante ilustre desta vila foi Xosé Manuel Seivane Rivas,  patriarca dunha familia de artesanos e músicos do mundo da gaita. A coñecida gaiteira Susana Seivane é neta deste home.

Rematamos cun xantar na coñecida "Casa Horacio" no Chao de Pousadoiro. Moi recomendable polo bo trato recibido e por una comida caseira de calidade a un prezo imbatible.

luns, 18 de maio de 2020

FUCIÑO DO PORCO (O VICEDO)+PASEO FLUVIAL DO LANDRO (VIVEIRO)

O sendeiro de O Fuciño do Porco empezou sendo un camino longo e tortuoso que percorrían os técnicos de reparación e mantemento da radio baliza que está no extremo do cabo para ir realizar o seu traballo. O nome oficial deste cabo é punta Socastro pero é coñecido como Fuciño do Porco porque esta é a forma que os mariñeiros ven dende o mar. Está situado entre as praias de Abrela e S. Román, en O Vicedo.
Este camino, descoñecido para case todo o mundo fíxose moi popular e hoxe en día é moi frecuentado a partires de que no ano 2017 o concello habilitou unhas pasarelas de madeira duns 400m de lonxitude en forma de zig zag dende as que temos una vistas privelixiadas do Cantábrico no medio duns cantís de vértigo.

Non podemos chegar co coche ata o mesmo cabo, hai que deixalo nun pequeño aparcacamento (1,3km. antes) e ir por una pista ancha e cómoda. 

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 4 km. aprox. en total (Camiño para chegar, máis as pasarelas ida e volta)
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada

DESCRIPCIÓN:
Iniciamos a ruta AQUÍ:
Iniciando a baixada

Era Era un día de xaneiro e o mar estaba ben bravo

A paisaxe é impresionante!!

A pasarela vai en zig zag e ten tramos de escaleiras

No extremo de todo, á beiriña do mar!


Como esta ruta é moi curtiña decidimos combinala co paseo fluvial polo río Landro en Viveiro. Este paseo está declarado Zona de Especial Protección de los Valores Naturales. É un paseo moi sinxelo por una pasarela que combina madeira e cemento. É ideal para facer con nenos porque é totalmente chao e seguro que veremos animais que lles chamarán a atención.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude.  8 km.
Dificultade: moi fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta parte de dende debaixo do viaducto de FEVE, no parking do restaurante Carlos V, (Viveiro) onde aproveitamos para xantar.
A ubicación AQUÍ

Empezando a ruta fluvial do Landro:


Un paseo moi fermoso e moi doado

O río Landro
O paseo é de pedra case todo o percorrido

As Xunqueiras á beira do río


Preciosos parrulos no Landro

A volta fixémola por carretera vendo prados e animais:

O xantar foi un cocido: