O sendeiro de O Fuciño do Porco empezou sendo un camino longo e tortuoso que percorrían os técnicos de reparación e mantemento da radio baliza que está no extremo do cabo para ir realizar o seu traballo. O nome oficial deste cabo é punta Socastro pero é coñecido como Fuciño do Porco porque esta é a forma que os mariñeiros ven dende o mar. Está situado entre as praias de Abrela e S. Román, en O Vicedo.
Este camino, descoñecido para case todo o mundo fíxose moi popular e hoxe en día é moi frecuentado a partires de que no ano 2017 o concello habilitou unhas pasarelas de madeira duns 400m de lonxitude en forma de zig zag dende as que temos una vistas privelixiadas do Cantábrico no medio duns cantís de vértigo.
Non podemos chegar co coche ata o mesmo cabo, hai que deixalo nun pequeño aparcacamento (1,3km. antes) e ir por una pista ancha e cómoda.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 4 km. aprox. en total (Camiño para chegar, máis as pasarelas ida e volta)
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada
DESCRIPCIÓN:
Iniciamos a ruta AQUÍ:
Iniciando a baixada |
Era Era un día de xaneiro e o mar estaba ben bravo |
A paisaxe é impresionante!! |
A pasarela vai en zig zag e ten tramos de escaleiras |
No extremo de todo, á beiriña do mar! |
Como esta ruta é moi curtiña decidimos combinala co paseo fluvial polo río Landro en Viveiro. Este paseo está declarado Zona de Especial Protección de los Valores Naturales. É un paseo moi sinxelo por una pasarela que combina madeira e cemento. É ideal para facer con nenos porque é totalmente chao e seguro que veremos animais que lles chamarán a atención.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude. 8 km.
Dificultade: moi fácil
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
A ruta parte de dende debaixo do viaducto de FEVE, no parking do restaurante Carlos V, (Viveiro) onde aproveitamos para xantar.
A ubicación AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario