Esta ruta atópase na Costa Ártabra en plena Serra da Capelada, onde se atopan os cantís máis altos de Europa. Esta Serra pertence a tres concellos: Ortigueira, Cariño e Cedeira. Todos da provincia da Coruña.
A Serra da Capelada ten un gran interés xeolóxico e a esta ruta debe o nome a que hai presenza de rochas que conteñen cromo e platino.
Hai que decir que esta ruta non está homologada, polo tanto está sen sinalizar pero dende onde nós a empezamos e sabendo a onde queres ir, non ten perda.
O que hai que pedir é sorte para que toque un bo día, que estea despexado e non sopre moi forte o vento. A nós tocounos de todo: vento e néboa nas alturas a pesares de que partimos cun día despexado.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8 km. aprox.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular sen sinalizar
DESCRIPCIÓN:
Partimos dende o Mirador O Cruceiro de Teixidelo. Este mirador é un dos máis representativos da Serra da Capelada. Dende aquí veremos a aldea de S. Andrés de Teixido, a Punta do Cadro cos cantís de Teixidelo e no alto a Garita de Herbeira.
A situación do Miradoiro é ESTA
Como a ruta non está sinalizada pero queríamos ir ata a Garita de Herbeira e víamos onde quedaba dende onde estábamos, atravesamos un piñeiral xa que non queríamos ir por carretera:
O mar queda sempre á nosa esquerda:
O gando pasta libre:
O último tramo foi por carretera:
Cando estábamos a punto de chegar á Garita de Herbeira, apareceu de súpeto a néboa:
A Garita de Herbeira é una construcción de pedra duns 15m cadrados levantada orixinariamente no S. XVIII. A construcción actual é de 1805 e formaba parte dunha serie de postos de vixiancia costeira e marítima ao longo da costa. É o punto máis alto da Serra da Capelada cuns impoñentes cantís. As vistas dende aquí cando non hai néboa, algo que ocorre frecuentemente, son inmellorables.
(A foto é de www.queverengalicia.com xa que nós coa néboa non fomos capaces de fotografala) Deseguida, a medida que baixabamos, a néboa desaparecía: |
Case chegando de novo aos coches atopamos este cabalo:
Dende aquí, algúns baixaron a S. Andrés de Teixido en coche, otros decidimos facelo andando (aprox. 3 km.)
O sendeiro é curto pero nada doado de camiñar. Ten moitísimas pedras grandes!!!
Xa chegando ao final:
S. Andrés!
Arredores da capela. Ao fondo, a famosa fonte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario