luns, 25 de maio de 2020

RUTA DAS FONTES E DOS REGOS. SANTA COMBA DA ÓRREA (RIOTORTO)


Esta ruta foi trazada e acondicionada pola Asociación de Veciños da parroquia de Santa Comba da Órrea pertencente ao concello de Riotorto.
É unha ruta ben fermosa que nos permite descubrir esta aldea de Galicia que vai quedando deserta pero á que os seus veciños aínda que estean fóra non esquecen e tratan de mellorala e dala a coñecer.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada 
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆🔆

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza xunta á igrexa de Santa Comba da Órrea. A ubicación AQUÍ:

Aínda tivemos tempo para practicar a tirada de bólos, un xogo moi popular e fomentado no concello de Riotorto.


Tivemos a sorte de que nos acompañou Luis Fernández, membro moi activo da Asociación de Veciños, un dos promotores e creadores desta ruta e que nos explicou cousas moi interesantes.
Escoitando as explicacións de Luis

A 1ª fonte que atopamos está mesmo no inicio da ruta.

Todos os do grupo que realizamos esta interesante ruta:


Tivemos un precioso día:

Aínda que non o vemos podemos adiviñar facilmente por onde vai o río:

Deixamos atrás a igrexa de Orrea. Unha igrexa moi antigua que aínda que foi restaurada no S. XIX, pode ter a súa orixe na I. Media.

O 1º tramo trancorre por unha solitaria carretera rodeada de árbores autóctonas:

Outra fonte:

Aquí vemos o abandono do rural galego. Xa deixamos a carretera.


Se miramos ao lonxe, a paisaxe tampouco ten desperdicio:

Agora o camiño é un ancho sendeiro:

Outra parte da parroquia de Órrea: A Casanova.

Outra fonte rodeada de vexetación:

A ruta foi sinalizada pola A. de Veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea:

Inmellorables vistas dunha aldea que xa pertence ao concello veciño de  A Pontenova:


Outro pequeno tramo por asfalto:


Unha paradiña para "picar" algo:



Agora toca baixar por un camiño ancho:


Pequenos lugares da aldea:

E imos achegándonos ao río:


Luis enseñounos os animais que ten:




O verde rodéanos:

No medio dunha paisaxe idílica, cruzamos a ponte do muíño:
 
Baixando para a fonte da Casanova:

Esta fonte está nun lugar que parece sacado dun conto:


A amiga Loli que comenzou a camiñar con nós

Desfrutando do entorno:





A fonte da Casanova:


Cruzamos esta rústica ponte:

Fontes e regos:

Agora a ruta vai por un ancho camiño rodeado de eucaliptos:

Chegando xa ao final da ruta:

Unha ruta pouco coñecida aínda (leva poucos anos operativa) pero que nós recomendamos moito xa que é moi doada de facer e non defrauda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario