Amosando publicacións coa etiqueta Provincia de Lugo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Provincia de Lugo. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de febreiro de 2026

MIRADOIRO PENOUTA INTERIOR DENDE ALTO DA PENOUTA (BOAL)

 Se imos pola AS-22 cara a Boal dende Galicia, pasaremos por un lugar a bastante altitude onde veremos un letreiro que pon Alto da Penouta 780m. Pois neste lugar hai un doble cruce. Un lévanos ao Miradoiro de Penoura costa e ao Penedo Aballón e outro lévanos ao Miradoiro de Penouta interior na área recreativa de Pena Queimada. Nós hoxe iremos por este último itinerario.

A  AS-22 rompe en dúas a Serra da Penouta e hai rutas cara a un lado e cara ao outro.

Esta vai ser a 4ª ruta que fago neste concello.

Boal ou Bual é un concello asturiano que ten a capital na vila do mesmo nome. Ten unha poboación que non chega aos 2000 habitantes en todo o municipio que falan o eonaviego ou galego- asturiano.

É un concello con moitos restos antiguos como túmulos funerarios, dólmenes, castros... así mesmo conta cunha natureza privilexiada.

Este concello sufríu a finais do S. XIX e principios do XX un gran fluxo migratorio cara a Cuba que vemos manifestado nas moitas casas indianas e outros edificios, sobre todo escolas, que hai.

Características desta ruta

Lonxitude: 9 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. Hai unha ruta oficial da Serra de Penouta homologada como PR-AS 250 que ten inicio e fn na vila de Boal e que ten 780m. de desnivel e 23 km. Para mín é moito por eso decidín facer unha ruta deste xeito. Queda para outra ocasión a outra parte desta serra.

O track da ruta en WIKILOC

Descripción:

Inicio esta ruta no lugar que xa dixen, ao pé da As-22. De frente queda a outra parte da Serra. Teño xa planificada unha ruta por esa outra parte.

Frente a nós, pico Penouta

Lugar onde deixei o coche, un sitio cómodo ao pé mesmo da estrada.

Inicio unha suave subida entre piñeiros

Deseguida chego á Área Recreativa de Pena Queimada.

Área recreativa de Pena Queimada.

Dende a área recreativa temos vistas á Serra da Bobia, de Carondio, Somiedo, Ubiña... e máis cerca vemos Boal, Villayón, o Pico de Penácaros...


O val do río Navia no medio das altas montañas.


O miradoiro está acondicionado e ten un gran panel informativo:
Miradoiro interior na Área Recreativa de Pena Queimada.

A área recreativa ten numerosas mesas e bancos de pedra entre altos piñeiros.
Área recreativa de Pena Queimada.

No medio desta área recreativa hai unha necrópole tumular.  Na Serra da Penouta hai varias e son os elementos de maior antigüidade do concello

Túmulo

Aínda que vin moitísimos restos de excrementos de cabalos, estes foron os únicos que vin, aló ao lonxe.
Área recreativa de Pena Queimada.

Despois de desfrutar do miradoiro interior da Penouta e da área recreativa "Pena Queimada", prosigo o percorrido. Nun momento dado, despois duns metros deste lugar,  vendo un camiño que sae á dereita, métome por el uns poucos metros e observo esta magnífica paisaxe. Aló, ao lonxe, vese o mar.


Voume achegando agora a Pena Queimada, é aquel pico que vemos de frente.
De frente, Pico de Pena Queimada

Estamos á maior altitude da ruta (876m.) Aquí xa no medran árbores.


Hoxe é un día no que o vento sopra con forza tamén en zonas baixas polo que aquí é difícil case camiñar polo moito que dá. Debido ao vento, pouco tempo parei a desfrutar desta fermosa zona dende a que se divisan estas paisaxes:


Agora, ao torcer á esquerda, deixo a pista e entro nun camiño.



Dende esta altura, diviso ben Boal e arredores.


Vese un camiño que serpea ao redor dese pico máis baixo. Por aí pasarei despois.


O camiño é perfecto para andar: co chan de herba, limpo...

O que quedou do que foi a cabeza dunha vaca...

Perfecto estado do camiño. Vemos por onde estou baixando e logo pillarei á esquerda, na curva.

Suave baixada e o camiño segue a ser ben cómodo.

Voltando a vista atrás, o Pico de pena Queimada.

Aló embaixo, Carrugueiro.


Ao lonxe (a cámara con zoom) vemos o río Navia que conforma paisaxes moi fermosas que tamén teño percorrido.

Un lugar inhóspito, illado...onde manda o silenzo e a paz máis absoluta.

E sigo con vistas espectaculares a Boal e arredores.


Agora estou a punto de introducirme nu fermoso bosque autóctono que durará ata o final do percorrido.

Un bosque no que hai carballos e acivros pero predominan as bidueiras.

De cando en vez hai claros que me deixan seguir desfrutando das mesmas vistas.

Sen desniveis e por camiños que son así todo o percorrido.

Diviso ao lonxe o Pico Penouta e a aldea do mesmo nome.


O camiño desemboca na AS-22 ao pé de onde teño o coche.

Chama a miña atención esta casa en ruinas que ten uns versos dedicados escritos en dúas laxas de pizarra.

"Todo era distinto cando na casa había vida,
cando os muros eran sólidos

...Nas súas concas baleiras
que foron antes ventás..."


mércores, 17 de decembro de 2025

VILAPEDRE (VILALBA)

 Hoxe realizamos unha curta e descansada ruta na parroquia de Vilapedre (Vilalba).

É a 4ª ruta que vou realizar neste concello que pertence á comarca da Terra Chá é curta e sen dificultade ningunha, cun desnivel moi suave e por pistas e estradas locais en bo estado.

Características:

Lonxitude: 7,6 km.

Dificultade: ningunha.

Ruta circular que eu planifiquei. O meu track en WIKILOC

Descripción: 

Partimos da vella igrexa de S. Mamede, situada ao pé do cemiterio e en total estado de ruina. Non ten campanas nin tellado e a maleza ameaza con devorala.

Custa vela. Na foto só lle vemos a totrre. Tápaa o cemiterio.

Cemiterio e igrexa de S. Mamede en Vilapedre.

A igrexa rematará caendo se ninguén o remedia.

Igrexa vella de S. Mamede

O cemiterio ten unha parte gótica tan habitual noutros Campo Santos do concello: Goiriz, Román, Alba...

Cemiterio de Vilapedre

"Os Carboeira" foron 5 xeracións de canteiros que dende a parroquia de Román (Vilalaba) crearon innumerables obras, principalmente na Terra Chá. Os cruceiros ou pináculos dos célebres cemiterios son o seu principal selo de identidade.
Cemiterio de Vilapedre

Sen campanas, sen tellado e a maleza coméndoa...triste imaxe.

Un cruceiro ao pé da igrexa e cemiterio. Ao longo da ruta, veremos máis.

Empezamos a camiñar en ascenso suave.

Xa vemos a Serra do Xistral que abarca tamén parte do concello de Vilalba. 

Fermosa imaxe da Serra do Xistral e os verdes prados.

A pista pola que imos é ancha e de bo andar.


As vistas á nosa dereita: hoxe está despexado nas alturas e hai néboa nos vales.

É moi frecuente atopar cabalos na Serra do Xistral.

Baixamos agora pero logo voltaremos a subir un pequeno treito para acadar a altitude máxima desta ruta, 682m. Tendo en conta que partimos dunha altitude de 555m. , o desnivel é baixo. Imos atravesar a Fraga de Freire.

Na seguinte foto, vemos a Fraga de Freire, nunha ladeira do Xistral. A zona que ocupa esta serra en Vilalba non ten alturas moi elevadas e por eso é posible ver estas fragas.

Estamos agora no punto máis alto da ruta. A partires de aquí, baixaremos ao val.

Fermoso camiño entre bidueiras e carballos.

O Rego do Igresario, así chamado porque pasa ao pé da igrexa antiga de S. Mamede, onde deixamos o coche. Tamén hai un barrio de Vilapedre que se chama do mesmo xeito.

Rego do Igresario

Estamos chegando á aldea de O Carballal. A parroquia de Vilapedre é a de maior superficie do concello de Vilalba.

Fermosa imaxe outonal en O Carballal.

Os cruceiros son elementos destacados do Patrimonio deste concello.
"Una de las funciones que se atribuye a los cruceiros es la de cristianizar lugares de culto indoeuropeo, anterior al cristianismo. Sin embargo, cumplen también otro tipo misiones. Hay cruces que marcan término, como una división entre parroquias. También pueden alzarse en encrucijadas de caminos: por ejemplo, en Catro Camiños, en el casco urbano vilalbés, se alza un cruceiro en la confluencia de dos antiguas rutas, la de Ferrol y la de Viveiró (Muras). Por otro lado, hay cristos, cruces y cruceiros votivos, relacionados con ofrendas y promesas. Un último grupo, menos numeroso, son las cruces de cristianización, levantadas para recordar muertes violentas o enterramientos no autorizados por el cristianismo". (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2016/11/06/cruceiros-cristos-cara-cruz-patrimonio-artistico-vilalba/0003_201611L6C7995.htm)

Atopamos a capela do Corazón de Xesús ou de S. Mamede que é actualmente a igrexa parroquial.

A igrexa vista de frente e o cruceiro, que non podía faltar.


Estamos xa a piques de rematar esta fácil ruta.

Xa podemos ver o cemiterio e a igrexa onde temos o coche.