Hoxe realizamos unha curta e descansada ruta na parroquia de Vilapedre (Vilalba).
É a 4ª ruta que vou realizar neste concello que pertence á comarca da Terra Chá é curta e sen dificultade ningunha, cun desnivel moi suave e por pistas e estradas locais en bo estado.
Características:
Lonxitude: 7,6 km.
Dificultade: ningunha.
Ruta circular que eu planifiquei. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Partimos da vella igrexa de S. Mamede, situada ao pé do cemiterio e en total estado de ruina. Non ten campanas nin tellado e a maleza ameaza con devorala.
Custa vela. Na foto só lle vemos a totrre. Tápaa o cemiterio.
| Cemiterio e igrexa de S. Mamede en Vilapedre. |
A igrexa rematará caendo se ninguén o remedia.
| Igrexa vella de S. Mamede |
O cemiterio ten unha parte gótica tan habitual noutros Campo Santos do concello: Goiriz, Román, Alba...
| Cemiterio de Vilapedre |
| Cemiterio de Vilapedre |
Xa vemos a Serra do Xistral que abarca tamén parte do concello de Vilalba.
Fermosa imaxe da Serra do Xistral e os verdes prados.
A pista pola que imos é ancha e de bo andar.
As vistas á nosa dereita: hoxe está despexado nas alturas e hai néboa nos vales.
É moi frecuente atopar cabalos na Serra do Xistral.
Baixamos agora pero logo voltaremos a subir un pequeno treito para acadar a altitude máxima desta ruta, 682m. Tendo en conta que partimos dunha altitude de 555m. , o desnivel é baixo. Imos atravesar a Fraga de Freire.
Na seguinte foto, vemos a Fraga de Freire, nunha ladeira do Xistral. A zona que ocupa esta serra en Vilalba non ten alturas moi elevadas e por eso é posible ver estas fragas.
Estamos agora no punto máis alto da ruta. A partires de aquí, baixaremos ao val.
Fermoso camiño entre bidueiras e carballos.
O Rego do Igresario, así chamado porque pasa ao pé da igrexa antiga de S. Mamede, onde deixamos o coche. Tamén hai un barrio de Vilapedre que se chama do mesmo xeito.
| Rego do Igresario |
A igrexa vista de frente e o cruceiro, que non podía faltar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario