Pasou un mes dende que estivemos en S. Sadurniño por vez primeira. Daquela visitamos pola mañá o castelo de Narahío, realizando ademais a ruta do Río Castro e a fervenza e despois de comer no restaurante "A Granxa", visitáramos pola tarde os xardíns do Pazo da Marquesa e realizamos o fermoso Paseo Fluvial do Xubia. Todo esto está plamado nestes enlaces:
Rutas de sendeirismo: PASEO FLUVIAL DO RÍO XUBIA + S. SADURNIÑO
Rutas de sendeirismo: CASTELO DE NARAÍO+ SENDEIRO DO RÍO CASTRO+ FERVENZA DO RÍO CASTRO
Como nos encantou este concello e nos quedaba de facer a Ruta do río Aceiteiro, hoxe voltamos. Da vez primeira éramos 2 e hoxe fomos 6.
Esta é unha ruta fluvial ben fermosa, moi curtiña e moi fácil á beira do río Aceiteiro afluente do Xubia. A vexetación de ribeira é tan prolífica e tan mesta nalgúns lugares que a cámara de fotos pedía encender o flash.
Características:
Lonxitude: 5,800km
Dificultade: ningunha
Ruta lineal con sinalización mala ao principio e ao final.
Descripción:
A ruta está mal sinalizada no inicio. Se non se segue un track, pode ser dificil atopar o comenzo e no final ocorre o mesmo, non sabes se rematar onde están os últimos muíños ou continuar.
Eu graveina e deixo o track por se pode servir a alguén:
Empezamos por un ancho camiño de pedra durante uns 50 metros.
Xa camiñamos á beira do río Aceiteiro:
O Aceiteiro é un río estreito, afluente do Xubia |
Atravesando pontellas:
A paisaxe que nos acompaña non pode ser máis fermosa.
E temos que cruzar a ponte do tren:
Unha ruta moi fermosa pero mal sinalizada sobre todo ao principio e ao final.
Aproveitando o día en S. Sadurniño e,a pesares de que había un mes que estivéramos, visitamos os lugares que algúns xa coñecíamos pero que sempre gusta volver a ver e ensinar aos demais e descubrimos ademais que neste pouco tempo fixeron cousas novas: un mural de 30m. á entrada da vila que é precioso e unha figura nova de madeira na Cortiña, onde está o Paseo Fluvial, que aínda que está inacabada xa di o fermosa que vai quedar.
Claustro do Convento do Rosario |
Detalle do novo mural |
Os xardíns do Pazo da Marquesa |
Paseo fluvial do río Xubia |
Enterándose da lenda do Pozo dos donceis |
Admirando o espiño albar:
