Hoxe fómonos ata S. Sadurniño para coñecer este concello da provincia da Coruña que pertence á comarca de Ferrol.
S. Sadurniño exténdese polo val do río Xubia. Ten unha parte montañosa no estreito val do río Castro e na Serra de Forgoselo. Este concello está formado por 7 parroquias e ten ao redor de 3000 habitantes.
Imos plasmar o que hoxe visitamos en S. sadurniño:
CASTELO DE NARAÍO.
O Castelo de Naraío son os restos dun castelo medieval que sempre se datou no S. XIV pero recentes estudos ubícano no S. XII. Situado na parroquia de Naraío, dende 1994 está considerado Ben de Interese Cultural.
É moi doado chegar a este lugar dende a autovía AG-64 Vilalba- Ferrol xa que se atopa moi preto dela.
|
Castelo de Naraío |
Este castelo atópase nun lugar privilexiado, ás beiras do río Castro. A natureza é xenerosa xa que medran árbores e plantas en cada rincón. |
Subida ao Castelo |
Hai moitas conxeturas sobre quen mandou erguer este castelo. Realmente non se sabe pero dise que pertenceu á familia Piñeiro, que logo lles sería arrebatado polo rei Pedro I para Fernando Pérez de Andrade "O Boo" polos servizos prestados. Foi escenario das Revoltas Iramandiñas e co paso dos séculos pasou á Casa de Alba a quen hoxe pertence, pero está cedido á Xunta de Galicia por 30 anos.
Na foto de abaixo vemos a 1ª porta de entrada:
O castelo foi abandonado no S. XVII e as súas pedras serviron durante séculos para a contrucción das casas da zona cando o Patrimonio por desgraza non era valorado.
Despois da 1ª porta, temos a 2ª na que se pode apreciar aínda o escudo dos Andrade:
O castelo está situado derriba dun inacesible rochedo.
|
Restos do castelo: ventana, porta e muros |
Adosado á torre puxeron unhas escaleiras metálicas que nos permiten vela por dentro e subir ao máis alto do castelo:
Dende o alto,as vistas son extraordinarias:
A situación, o enclave, a fermosura de toda esta zona fan que este castelo sexa un dos mellores exemplos de arquitectura defensiva medieval.
Estas son as escaleiras que nos permiten acceder dentro e ao máis alto do castelo:Ao rematar a visita ao castelo, realizamos unha pequena ruta de sendeirismo:
SENDEIRO DO RÍO CASTRO
Esta ruta que parte do mesmo castelo de Naraío vai sempre ás beiras do río Castro e amósanos unha tupida vexetación de ribeira con árbores autóctonas de todo tipo. Coincide todo o percorrido coa ruta de 12km. que vai dende o castelo de Naraío ata o castelo de Moeche. A ruta que nós fixemos remata na área recreativa do Pozo de Lamas.
Características:
Lonxitude: 6,2 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal perfectamente sinalizada.
Descripción:
Partimos pois do castelo onde a ruta está sinalizada perfectamente.
Nuns poucos metros chegamos á área recreativa do castelo:
Camiñamos sempre pegados ao río Castro:
Agora o río queda aló embaixo:
Cruzamos esta estrada local:
A ruta está perfectamente sinalizada:
Atopamos este muíño en ruínas:
A ruta depáranos rincóns idílicos:
E chegamos á area recreativa de Pozo de Lamas, fin do noso percorrido.
Agora só queda dar a volta. Ao chegar outra vez ao Castelo, collemos uns metros por este camiño que non ten saída pero que nos parece ben fermoso:
Eu levaba a referencia de que había unha cascada chamada "a cascada do río Castro" moi cerca do castelo. Como na ruta de sendeirismo que acabamos de facer non estaba pregunteime onde estaría e...atopeina!! Non está sinalizada en ningún sitio pero é moi fácil de atopar: dende o lugar onde se deixan os coches, hai que pillar un camiño que vai á dereita e que logo se convirte nunha estreita baixada con escaleiras (nesta ocasión con moita maleza, facíalle moita falta un desbroce) empecei a oir a auga e deseguida se chega á fervenza (uns 150m. aprox.)
A baixada tren moito desnivel e estaba así, case non se ven as escaleiras:
O mellor para darse unha idea de como é esta fervenza e vela neste vídeo que gravei:
Ningún comentario:
Publicar un comentario